Actualizado a:

24/06/2009 20:05

AgM
Quén Somos
At. Primaria
At. Especializada
Carreira Pro.
Urxencias
Fundacións
O.P.E.
M.I.R.
Outras Novas
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FADSP

 

A FADSP ven de publicar un interesante libro titulado “Globalización y Salud”

 

 

Nunca Máis

 

Información VIH/SIDA

 

Fisterra, AP na rede

 

Acceso de balde á Libraría Cochrane

 

 

 Accesíbel desde a Intranet do SERGAS           O sindicalismo médico útil, galego e solidario

Agregar a favoritos

Páxina de inicio

 

O GALEGO E O EXAME DO SÁBADO 27 DE XUÑO

Nunha demostración de falta de respecto sen precedentes para os 3.773 aspirantes que están inscritos para participar nos exames da categoría de persoal facultativo que se celebrarán o próximo sábado, día 27, a Xunta decide que:

 “A MODIFICACIÓN DA LEI DE FUNCIÓN PÚBLICA DE GALICIA APLICARASE AOS EXÁMENES DA OPE DO SERGAS QUE SE CELEBRARÁN O SÁBADO”,  e o anuncia na súa paxina web o día 24.

Mañá ou pasado publicarán no DOG a modificación da convocatoria de OPE, isto tamén será de aplicación ao resto de categorías. Aplicación pura e dura da modificación da Lei de Función Pública.

O exame da parte de lexislación será en bilingüe, a/o opositor elixirá o idioma.

Exame de galego: quedarán exentos de realizar esta proba o persoal que acredite ter os seguintes cursos: CELGA 4 ou curso de perfeccionamento; tamén quedaran exentos o persoal que teña a validación por cursar estudo de galego durante o bacharelato. Ao persoal que acredite esta documentación outorgaránselles os 5 puntos.

O Persoal que non teña os cursos anteriores, ou que non teña a seguridade de telos, terá que realizar o exame de galego.

Nos primeiros días do mes de xullo publicarase no DOG unha resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se abrirá un prazo para que os aspirantes que estean exentos da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega acheguen a documentación que acredite que están en posesión dos cursos correspondentes.

O persoal que teña realizado o exame de galego, pero que poda acreditar, no prazo establecido, estar en posesión dos cursos correspondentes, seranlle outorgados os 5 puntos.

 

 

A Conselleira de Sanidade continua a mandar mensaxes a opinión pública para xustificar a privatización da sanidade, entre mentiras e medias verdades intenta crear un estado de opinión que permita minimizar a resposta contra ás privatizacións. 11/06/2009

Pero os facultativos e facultativas do SERGAS non nos deixamos enganar, sabemos que pretende, e as gravísimas consecuencias de esa política, tanto para os profesionais como para os usuarios e usuarias.

A Conselleira de Sanidade ten que aclarar dunha vez se quere que os novos hospitais se manteñan, tanto na xestión como na financiación, no ámbito da sanidade pública.

Xa é hora de rematar coas ambigüidades e medias verdades, é hora de apostar clara e decididamente pola sanidade pública ou pola contra, dicir claramente que se aposta pola privatización da sanidade, convertendo o dereito á saúde nun negocio duns poucos.

Queremos deixar claro que, se o Partido Popular segue coa súa “folla de ruta” de privatizar a sanidade, CIG-Saúde e a súa Agrupación Médica promoverán accións de concienciación na sociedade para que se entenda a gravidade destas medidas e a necesidade de utilizar tódolos recursos democráticos para impedilas.

A Sanidade Pública é unha conquista básica do estado de benestar e o Partido Popular debe saber que non renunciaremos a ela.

 

LUGAR E DATA OPE 2008 PERSOAL FACULTATIVO

Publicouse no DOG do 18 de xuño a resolución sobre a data e lugar de celebración dos exercicios da OPE 2008 para as categorías de Licenciadas e Licenciados Sanitarios.   18/06/2009
A realización dos exercicios da fase de oposición será o vindeiro sábado día 27 de xuño de 2009, ás 9.30 horas.

Os exercicios realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

As e os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao chamamento a tenza deles. Advírtese que non haberá servizo de recolla de teléfonos móbiles.

O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

 

QUE ESTÁ A PASAR CO GALEGO ?

Concentración contra a modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública, o martes, día 23 de xuño, ás 10 hs. diante do Parlamento de Galiza.

As organizacións sindicais reiteraron unha vez máis a petición á Xunta para que non modifique o artigo 35 da Lei da Función Pública, mantendo deste xeito a obrigatoriedade de realizar unha ou máis probas dos procesos selectivos exclusivamente en lingua galega.

Para apoiar esta reivindicación, CIG, UGT e CCOO teñen convocado unha concentración ante o Parlamento de Galiza o vindeiro 23 de xuño ás 10h, data na que se debaterá esta modificación na Cámara galega.

Folla informativa de CIG-Saúde

A situación actual é que o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo.

Neste contexto, e ante a enquisa que vai realizar a Xunta, pensamos que é necesario que os pais e nais lle fagan saber á Consellería de Educación algo que parece do máis lóxico: que queremos que os nosos fillos e fillas dominen as dúas linguas e que, por tanto, o galego ten que ser tamén lingua da aprendizaxe.

As Linguas Suman   11/06/2009

 

NOVO HOSPITAL DE VIGO

A CIG reclama a posta en marcha inmediata do proxecto do novo hospital de Vigo. 05/06/2009

A central advirte á Consellaría que non vai tolerar a entrada de xestión privada no sistema público de saúde.    Ler Máis 

A CIG reclamou á Xunta que poña en marcha os acordos pola saúde acadados en 2006, especialmente no referente á construción do novo hospital da área sanitaria de Vigo. Dende a CIG de Vigo e a Federación de Saúde desmentiron as afirmacións da Consellería de Sanidade, quen asegurou non dispor de cartos para levar adiante o proxecto, e criticouse que a administración pretenda facilitar a entrada de capital privado no SERGAS lanzando debates “estériles”. De igual xeito, advertiron que non descartan convocar mobilizacións sindicais e sociais se as obras non comezan ao longo deste ano.

Imaxe da rolda de prensa: Antonio Iglesias, secretario comarcal da CIG-Saúde de Vigo, María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, e Xerardo Abraldes, secretario comarcal da CIG de Vigo.

 

CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA 

A Plataforma Sindical pola Carreira Ordinaria, constituída por: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, USAE e UGT, esixe da Dirección de Recursos Humanos do Sergas a convocatoria de xeito inmediato da Mesa Sectorial, para negociar o decreto que o anterior goberno deixou paralizado ata acadar un maior consenso na mesa sectorial. 28/05/2009

Se nos próximos días non recibimos convocatoria da mesa  sectorial as Organizacións Sindicais veriámonos na obriga de retomar  as mobilizacións aprazadas no seu día.

Esixímoslle á consellería, se non quere iniciar a súa etapa con conflitividade no sector, a convocatoria inmediata da mesa sectorial para retomar de novo as negociacións.

 

TRIBUNAIS OPE 2008 PERSOAL FACULTATIVO

OPE 08

O DOG do 15 de xuño publica unha nova Resolución sobre os tribunais da OPE 2008, que corrixe erros da anterior e que publica os tribunais do persoal facultativo.    15/06/2009

O DOG do 25 de maio publica a resolución pola que se nomean os tribunais cualificadores da OPE de Licenciados Sanitarios do proceso selectivo de persoal estatutario do Sergas.   25/05/2009

 

CARREIRA PROFESIONAL OPE EXTRAORDINARIA 

Apertura de prazo para solicitar o Grao IV de Carreira Profesional para persoal procedente da OPE-Extraordinariada

O DOG do 19 de maio publica Resolución pola que se abre o prazo para que os licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde que tomaron posesión como consecuencia da OPE Extraordinaria, soliciten o recoñecemento do grao IV de desenvolvemento profesional. O prazo finaliza o 30 de xuño de 2009.   20/05/2009

 

EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

A CIG apoia o acordo da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública Galega

O colectivo, do que forma parte a central, reclama ao goberno compromisos firmes para garantir o carácter público do sistema.

A Executiva Confederal da CIG vén de comunicar o seu apoio ao acordo achegado pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública Galega a prol da defensa do carácter público do sistema sanitario.

A plataforma, da que forma parte a central, reclama ao novo goberno que negocie un cambio no modelo de financiamento sanitario de Galiza que garanta “a suficiencia financeira”, así como o inicio das obras dos novos hospitais das grandes áreas e a mellora dos centros xa existentes. 19/05/2009

Ler Máis 

 

OPE 2008 PERSOAL FACULTATIVO

Confírmase a data do 27 de xuño para o exame.

O SERGAS fai pública unha nota confirmando a data e lugar da OPE do Persoal Facultativo  15/05/2009

A Conselleira de Sanidade Pilar Farjas, ao remate do acto da toma de posesión de Luís Verde como novo xerente do Área Sanitaria de Ferrol, manifestou aos responsábeis de CIG-Saúde que a data das probas da OPE de persoal facultativo, se confirma o día 27 de xuño en Silleda, comprometéndose a publicar na maior brevidade a composición dos tribunais para cumprir os prazos.   11/05/2009

OPE 08

 

A CONSELLEIRA E O NOVO HOSPITAL DE VIGO

Resumo de prensa do sábado 9 de maio 09/05/2009

A  Conselleira  declara que na Consellería de Sanidade  "non consta" diñeiro para as obras do Novo Hospital de Vigo.

A  Conselleira  de Sanidade Pilar Farjas declara,  tras reunirse en Vigo con Lucía Molares, delegada territorial da Xunta en Vigo, que na Consellería de Sanidade  "non consta" diñeiro para as obras do Novo Hospital de Vigo, aínda que garante que arrincarán este ano, sen aclarar o modelo de financiamento, público ou privado, “depende da viabilidade económica” dixo.

Co fin de clarificar a situación e que non intenten xustificar  a rebaixa no proxecto, e a privatización do financiamento e da xestión do Novo Hospital de Vigo, CIG-Saúde considera importante deixar claro cal era a súa situación real no momento do cambio de goberno:

Ler Máis 

 

INFORMES SOBRE O ESTADO DE SAÚDE EN AP

En cumprimento do Plan de Mellora de Atención Primaria, o Sergas fai pública a Instrución 3/2009 sobre a emisión de informes sobre o estado de saúde dos usuarios do Servizo Galego de Saúde, dirixida aos Profesionais sanitarios de Atención Primaria.  22/04/2009

 

ORZAMENTOS DE SANIDADE E PARTIDO POPULAR

Parecíanos pouco orzamento e resulta que era excesivo....

O PP revisará á baixa o orzamento da Xunta para este ano. O futuro Goberno cuestiona o nivel de gasto comprometido polo bipartito. .....Negreira, único cabeza de lista xunto a Feijóo que conta con experiencia parlamentaria, pon como exemplo desta actuación ao Sergas e a toda a Consellería de Sanidade. "Estamos falando dun área que representa un terzo do orzamento de gasto e onde máis preocupación existe con respecto ao nivel de compromisos xa asumidos"....... El Pais 07/03/2009

 

CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA CENTRAL DE CHAMADAS

CIG-Saúde convoca concentracións contra a privatización do sistema de cita previa na Atención Primaria, o xoves 15 de xaneiro ás 12:00 horas, en tódolos Centros de Saúde (Persoal en quenda de mañá) e diante das Xerencias (persoal en quenda de tarde e listas de contratacións). 9/01/2009

Con estas concentracións queremos poñer de manifesto diante do SERGAS e da opinión pública o desacordo do conxunto de traballadoras e traballadores co modelo de cita previa elixido, que supón a privatización dun servizo público e a conseguinte precarización de postos de traballo.

Nota de Prensa. 9/01/2009

 

VER NOVAS ANTERIORES

 

Os Principios de AgM-CIG (Agrupación Médica de CIG-Saúde)  

- Defensa dos intereses laborais e profesionais dos médicos e outros facultativos de Galicia

- Defensa da Sanidade Pública de calidade

- Defensa da galeguización da sanidade galega

- Defensa da unidade de acción estratéxica cos outros traballadores da sanidade

Na Galiza, sindicalismo galego

 webmaster@agmedica.org

 © Agrupación  Médica de CIG - Saúde

 

CIG-Saúde e a Exclusividade dos Médicos

 

CIG-Saúde e o Acordo Retributivo

 

 

Google en Galego

En Galego

 

TRADUTOR

ON LINE

 GALEGO ESPAÑOL

ESPAÑOL GALEGO

 

Diario Médico

 

El Médico Interactivo

 

SERGAS

 

BOE en Galego

 

D.O.G.

 

Xornal Dixital CIG

 

 

CIG-Saúde O Barco

CIG-Saúde

O Barco

 

CIG-Saúde Ferrol

CIG-Saúde

Ferrol

 

CIG-Saúde

061

 

CIG-Saúde

H.V.Xunqueira

 

CIG-Saúde

Vigo