|
SOLICITUDE
COMISIÓN DE
SEGUIMENTO |
|
CIG-Saúde
solicita
reunión urxente
da Comisión de
Seguimento dos
acordos de
Atención
Primaria,
destacando o
incumprimento do
acordado na
reunión anterior
de que esta
realizaríase
antes do final
do mes de
xaneiro.
10/02/2009
Na reunión
queremos que se
traten e se
tomen decisións,
que figuren nun
acta final de
acordo,
tódolos temas
que están
pendentes dos
acordos e os que
foron aparecendo
nos últimos
días, como o
aplicativo
informático que
se está a usar
para o computo
de xornada nos
PACs ou o a
retribución
dos festivos
especiais,
que defendemos
que se faga nos
mesmos termos
que o acordado
na acta da
comisión de
seguimento do
Acordo de
urxencias
hospitalarias do
día 18 de
decembro de
2008. Non
aceptando en
ningún caso que
se faga sobre
porcentaxes dos
complementos nin
que se fagan
diferenciación
entre o persoal
facultativo e o
persoal de
enfermaría. |
|
POLA MELLORA DO
PERSOAL DE
ATENCIÓN
PRIMARIA |
|
 |
PUBLICADOS NO
DOG OS ACORDOS
DE PRIMARIA
O DOG do 16 de
xuño publica os
acordos sobre
ordenación e
provisión de
postos de
traballo e
condicións de
traballo e
retributivas no
ámbito da
atención
primaria do
Servizo Galego
de Saúde.
Ver DOG
Imprimir
 |
 |
|
A MESA SECTORIAL
DO 4 DE ABRIL
PECHOU O ACORDO
SOBRE AS
UNIDADES E
SERVIZOS DE
ATENCIÓN
PRIMARIA.
04/04/2008
De xeito similar
ao que sucedeu
co acordo de
PACs, na
xuntanza da Mesa
Sectorial do
venres, 4 de
abril, a
redacción do
acordo sobre as
Unidades e
Servizos de AP
presentada polo
SERGAS, o
denominado “documento
consolidado”,
foi
substancialmente
enriquecido coa
incorporación de
practicamente
todas as
alegacións
propostas por
CIG-Saúde.
As melloras na
redacción, case
todas por
iniciativa de
CIG-Saúde,
eliminan dúbidas
de
interpretación e
clarifican os
acordos xa
acadados
previamente o 22
de febreiro.
O acordo foi
ratificado por
CIG, CCOO, UGT e
SATSE. Os dous
sindicatos que
hai un mes
rexeitaban o
acordo, CESM e
CSIF, é posible
que agora sí o
asinen, quedando
en dar unha
resposta
definitiva o
martes 8 de
abril.
|
|
CIG-Saúde
presenta
alegacións
ao borrador de
documento
consolidado do
acordo
sobre as
condicións de
traballo en
Unidades e
Servizos de A.
Primaria que
presentou o
Sergas.
Tal
e como se fixera
no caso do
acordo de PACs
(fixando a data
de aplicación e
aclarando
aspectos moi
importantes)
CIG-Saúde alega
o documento
final intentando
eliminar
aspectos que, na
nosa opinión,
non poden estar
no acordo (p.e.
que o exercicio
da
voluntariedade
incentivada
implique a
aceptación de
realizar unha
parte das horas
en Pacs
limítrofes) ou
aclarando a
redacción para
evitar dubidas
na aplicación
(p. e. nas
condicións para
a realización de
gardas forzosas:
- só
excepcionalmente,
e debido á falta
contrastada de
persoal
dispoñible para
o mantemento da
asistencia
sanitaria
debida, a
dirección do
centro poderá
adoitar medidas
extraordinarias
que obriguen á
superación dos
límites de
xornada
establecidos;
tales medidas só
poderán manterse
polo tempo
imprescindible e
por resolución
motivada
adoptada previa
consulta cos
representantes
do persoal, e
estarán
condicionadas á
adopción
simultánea de
medidas de
captación que
permitan
restituír a
normalidade; a
comisión de
seguimento
establecerá
criterios que
garantan o
principio de
equidade na
asignación de
cargas
obrigatorias en
caso de que
estas chegaran a
producirse)
02/04/2008 |
|
O venres 14 de
marzo, asinouse
o acordo
definitivo de
PACs, logo de
que o Sergas
introducira
certas
modificacións no
texto a proposta
de CIG-Saúde.
14/03/2008.
|
|
MAIS INFORMACIÓN
DO PROCESO
NEGOCIADOR
 |


|