|
|||||||||||||
|
|
|||||||||||||
|
As razóns polas que rexeitamos a LOSGA è
Concentración Anti-LOSGA O día 24 de novembro de 2003 coincidindo co debate e aprobación da LOSGA no Parlamento producíronse ás concentracións convocadas pola Plataforma Anti-LOSGA e as centrais sindicais maioritarias en Galicia, CIG, CC.OO. e UGT. O obxetivo das concentracións era reivindicar a retirada dun documento destinado a subvencionar ao sector sanitario empresarial privado, lexitimar as controvertidas fundacións sanitarias, acabar coa gratuidade da atenzón dos enfermos crónicos e precarizar as condicións laborais dos sanitarios. A concentración de delegados sindicais de toda Galicia fronte ao parlamento reuniu a mais de dous mil manifestantes, entre os que estaban os secretarios xerais de CC.OO (Xan Mª Castro), UGT (Suso Mosqueira) e CIG (Suso Seixo) , os responsábeis das ramas sindicais da sanidade desas tres centrais (Juan Antelo, Irene Martínez, e Xoán Cons), a Xunta Directiva da CESM de Galicia encabezada polo seu secretario Xeral Cándido Andión, e dirixentes do SAE e CSIF. É de destacar a importancia desta unidade sindical que teñen características de excepcionalidade e que se corresponde co rexeitamento xeral ao documento mostrada por tódolos colectivos profesionais do sector como o Consello de Colexios de Médicos de Galicia (a dubidas sobre a posición favorábel do seu presidente foron aclaradas polo mesmo aos grupos da oposición), Colexios de Psicólogos e de Fisioterapeutas, Sociedade Galega de Medicina Familiar i Comunitaria, Sociedade Galega de Saúde Mental, Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública, Federacións de Asociacións de Veciños de Vigo, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Vilagarcía, etc., etc.. Á manifestación á súa chegada fronte ao Parlamento sumáronse os responsábeis dos grupos parlamentares da oposición (Chema Ferreiro do BNG e Francisco González Cerviño do PSdeG- PSOE), que expresaron o seu rexeitamento ao proxecto de Lei, e que defenderán no Pleno a súa retirada. A unanimidade do rexeitamento e a importancia desta mobilización debería, a xuízo da Plataforma facer recapacitar á Consellería sobre a viabilidade da posta en prática desta lei privatizadora. A aprobación da lei farase en base a maioría absoluta que sustenta ao goberno da Xunta, pero en fronte a tódolos sectores sociais e sanitarios do pais, e abrirá un período de inestabilidade e conflitos na sanidade pública galega que deteriorará o Sistema sanitario e que terá indubidábeis custes políticos para os seus promotores. Nota de prensa da xuntanza conxunta CIG, CC.OO, UGT e Plataforma anti LOSGA (lei de Ordenación Sanitária de Galicia). Santiago 11 de novembro 2003. As tres centrais sindicais maioritarias da Galiza CIG, CC.OO. e UGT decidiron convocar manifestacións contra o proxecto de Lei de Ordenación Sanitária de Galicia para o próximo dia 24 de novembro, coincidindo co seu debate no Parlamento de Galiza. Esta mobilización foi anunciada en rolda de prensa conxunta polos máximos responsábeis dos sindicatos Suso Mosqueira, Suso Seixo e Xan María Castro e realízase conxuntamente coas Plataformas Anti LOSGA e de Defensa da Sanidade Pública. As mobilizacións consistirán nunha grande concentración de delegados sindicais en Santiago e en convocatorias de actos de protesta na maioria das grandes localidades e centros sanitários de Galicia, nas que se solicitará a retirada do proxecto de lei. A xornada culminará unha série de actuacións como xuntanzas informativas, conferéncias, concentracións e manifestacións de rerexeitamento realizadas sobre todo nos centros sanitários (protagonizadas polas seccións sanitárias dos tres sindicatos) e en centros públicos das principais localidades, nos que participaron profisionais sanitários e parlamentários da oposición Preténdese que sexa unha xornada de mobilización xeral contra un proxecto que foi rexeitado de forma unánime por todos os colectivos profisionais,, sindicais, cidadáns e políticos da Comunidade Autónoma, coa excepción do grupo popular que o promove. Mediante diferentes fórmulas, que se anunciarán ao seu debido tempo, se pretende facer chegar o clamor en contra da mesma aos representantes parlamentários. Manuel Martín García (Portavoz da Plataforma, Tno: 669 70 41 77) Manifesto das centrais sindicais UGT-Galicia, CIG, e CC.OO de Galicia , contra da Lei de Ordenacion Sanitaria de Galicia (LOSGA) è |
© Asociación Galega d@s Médic@s webmaster@agmedicos.org