|
|
|
|
|
|
|
O 10 de nadal do 2003 os médicos do Complexo Hospitalario de Pontevedra, realizaron sendas asembleas paralelas nos dous hospitais do complexo, Hospital Montecelo e Provincial. Posteriormente unha comisión dos 2 hospitais elaborou un comunicado de prensa, que se reproduce máis abaixo traducido ao galego. O día 18 de nadal do 2003 terán unha nova asemblea no Hospital Montecelo. Os médicos do CHOP, reunidos en asamblea nos dous centros hospitalarios, representativa dos distintos servizos e estamentos, queremos manifestar o noso rexeitamento: - á utilizazón abusiva de contratos precários e temporais a cada vez mais facultativos do CHOP, cunha duración de 24 horas a 30 dias, para cobrir gardias ou atender ao servizo de urxéncias, o que incrementa a penosidade dun traballo xa de por si duro, representa un trato indigno a profisionais de primeiro nível cuxa formación custou unha meia de 180.000 euros e vai en detrimento dunha asistencia sanitária pública cada vez menos amparada polos nosos gobernantes. Non é de estrañar que emigren a Portugal, onde receben mas apoio e mellor salário. - a unha suba de soldo raquitica e a prazos (o primeiro prazo ainda nos o deben desde xullo-03 e o último se perceberá no 2006), sobre todo tras a perda progresiva de poder adquisitivo, sen aumento salarial desde 1996, ao final de todo o Estado en matéria retributiva. - á falta de interese da Consellería de Sanidade e da Xunta de Galicia cara o noso Hospital, coa aprobación dun orzamento para este ano de 7,9 millóns de euros, o que non chega nen o 10% do costo total do plano director en curso (estimado en 88 millóns de euros), fronte aos 21 millóns librados para Lugo, 16 millóns para Ourense ou 13 millóns para A Coruña, e tras suportar traballadores e usuários 8 anos de obras, con ruídos, trocos contínuos de ubicacións de servizos, trasiego de pacientes, falta de camas, listas de espera interminábeis, colapso do S. de urxéncias e un longo etc., e todo isto a pesar de que altos cargos da Sanidade, incluída a própria Ministra, teñen este Hospital de referéncia, para eles e os seus familiares. Pontevedra, 10 de Nadal de 2003
|
© Asociación Galega d@s Médic@s webmaster@agmedicos.org