AgM
Quén Somos
At. Primaria
At. Especializada
Outras
Áreas Sanitarias
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde

 

Acordo Unitario por unha Carreira Profesional Digna 

Coordinadora Galega de Facultativos de Hospitais

Sindicatos: CIG, CCOO,CSIF, OMEGA, UGT

Consello Galego de Colexios Médicos 

 

O “ACORDO UNITARIO POR UNHA CARREIRA PROFESIONAL DIGNA”, consituido pola Coordinadora Galega de Facultativos de Hospitais (CGFH), os sindicatos CIG, CCOO, CSIF, OMEGA e UGT, e o Consello Galego de Colexios Médicos, reuniuse en Santiago o día 1 de marzo de 2005. Entre as conclusións desa xuntanza figuran as seguintes: 

1.      A última proposta do SERGAS, que presentou na Mesa Sectorial do 25/02/2005, supón un importante progreso no proceso de achegamento de posicións entre a administración e os profesionais. Esta nova proposta, a 5ª presentada pola administración, fai cada vez máis real a posibilidade de que se chege a asinar un pacto que permita a existencia dunha Carreira Profesional (CP) digna para os facultativos do sistema sanitario público galego.

2.      En contra do difundido desde instancias situadas fora deste Acordo Unitario, na xuntanza da mesa sectorial do 25/02/2005 non se asinou a acta de ningún pacto ou acordo, pois aínda fican aspectos importantes por concretar na mesa sectorial antes de que sexa posíble asinar nada, malia que as últimas propostas sobre retribucións e duración da CP, que o SERGAS presentou ese día, supoñen un importante achegamento ás nosas pretensións. Ademais, neste mesmo sentido, cómpre deixar tamén claro que, na mesa sectorial, en ningún momento foi presentado nin se falou de ningún tipo de preacordo que, seica, tería establecido a administración con algunha organización sindical. Ese preacordo, ou é clandestino ou simplemente non existe.

3.      Son varios os problemas por concretar e, entre eles, está a necesidade de que no texto final fique claramente establecida a data en que se reanudarán as negociacións sobre o réxime definitivo de CP.

Sen embargo, no momento actual, o principal obstáculo para chegarmos a un final feliz das negociacións sobre “o periodo transitorio” da CP é a pretensión do SERGAS de exisir a cada profesional un determinado nivel de cumprimento de obxectivos (o 75% ou o 70%), nos ultimos 5 anos.

Os procedementos de avaliación de obxectivos que ven empregando o SERGAS para o pagamento do Complemento de Productividade Variable (CPV) son, por moitas razóns, amplísimamente cuestionados polos profesionais, que os consideran cheos de arbitrariedade e falta de transparencia. De ser aceptada, tal e como está formulada actualmente a posición do SERGAS sobre este tema, poden quedar fora da CP, neste periodo transitorio, unha número posíblemente importante de facultativos que son excelentes profesionais, que en ningún caso merecen semellante maltrato.

4.      O SERGAS ven afirmando que non hai ningún interese oculto de carácter economicista na súa actual posición sobre o cumprimento de obxectivos. De ser esto certo, coidamos que será posíble concretar algunha das fórmulas avanzadas na última xuntanza da Mesa Sectorial para resolver o problema, co que desaparecería o principal obstáculo que impide un remate feliz, en pouco tempo, das negociacións, e os profesionais do SERGAS contaremos cunha CP digna.

2 de marzo de 2005

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org