AgM
Quén Somos
At. Primaria
At. Especializada
Outras
Áreas Sanitarias
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde

 

CARREIRA PROFESIONAL

Resumo da reunión da Mesa Sectorial celebrada o día 25/01/2005

 

A sesión negociadora de onte foi unha mera reunión de desgaste por parte da Administración. Entregou un novo texto, que non modifica nada dos aspectos esenciais en discusión, pois só incorpora dúas novidades:

a) a inclusión expresa do principio de irreversibilidade dos grados acadados

b) a inclusión do persoal funcionario e laboral, tanto dos centros do Sergas como das Fundacións, a condición da súa integración no réxime estatutario, e que tería efectos dende o momento en que esa integración se produza.

Dos demais temas transcendentes da negociación non hai movemento algún. Nese sentido, o Sergas achacou aos sindicatos que non fixeramos ningún movemento sobre as propostas iniciais, e requiría para presentar unha nova proposta que permitise un acercamento para chegar a acordos.

Ningún sindicato entrou onte neste prantexamento, reiterando as distancias que inda nos separan en cada un dos aspectos básicos:

Ø      a retribución,

Ø      os anos entre graos,

Ø      a vinculación ao cumprimento de obxectivos,

Ø      vacío de relación entre o encadramento neste sistema previo e a carreira definitiva,

Ø      a indefinición do concepto de “integración funcional” para o persoal de primaria non integrado”,

Ø      calendario de aplicación ao persoal da OPE, .......

Só CESM fixo pública a súa proposta de que firmarían o acordo se o Sergas poñía 3000 euros por nivel e 23 anos totais.

A próxima reunión será inmediata (o Sergas falou do propio xoves, inda que non é moi crible) e con intención de pechar a negociación deste período transitorio.

26/01/2005

 

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org