|
CIG-Saúde
defende
firmemente a
necesidade de
manter e
potenciar a
dedicación
exclusiva dos
facultativos da
sanidade
pública,
incluíndo a
necesidade de
que esta sexa
considerada un
requisito
imprescindíbel
para o acceso ás
xefaturas de
sección e
servizo.
Os principais
obxectivos do
noso sindicato
na negociación
que se vai abrir
a partir do día
25 son as
seguintes:

Que as
modificacións
retributivas que
se acorden,
inclúan o
mantemento ou
mellora das
retribucións
especificamente
ligadas a
exclusividade,
de xeito que
toda mellora
retributiva que
acaden os
profesionais que
non teñan
exclusiva sexa
acompañada dunha
mellora
retributiva como
mínimo igual
para os
facultativos que
opten pola
exclusividade.

Que a
imprescindíbel
modificación que
cómpre facerlle
ao actual
sistema de
exclusiva, se
realice de xeito
que a
exclusividade
contribúa a
aportarlle ao
sistema
sanitario
público galego,
tempo de
traballo
(traballo de
tarde) dos
facultativos que
opten por ela
que sirva para
avanzar na
resolución dos
problemas
asistenciais que
ten a sanidade
pública galega
(listas de
espera,
optimización de
tecnoloxía,
...).
Premisas de
partida de
CIG-Saúde para a
Renegociación
do actual
sistema de
Dedicación
Exclusiva
dos Médicos.
 |