"en toda a
documentación que circunscribe o seu uso e efectos ó territorio de
Galicia ten que utilizarse o idioma galego tanto por coherencia
lexislativa como por ser a lingua galega a
nosa principal característica autoidentificadora fronte ás restantes
nacionalidades e rexións do Estado".
Esta Circular que foi remitida no
ano 1997 aos Delegados Provinciais da Consellería de Sanidade e aos
Directores Provinciais do SERGAS.
Como se comproba no
documento anexo, o 27 de novembro de 2003, volveu ser remitida aos
mesmos destinatarios e tamén aos Xerentes de AP e AE das distintas
áreas sanitarias. O motivo probábel é que por aquelas datas comezaron
os traballos da Comisión Sectorial de Sanidade do Plan de
Normalización Lingüística.
A
Circular 5/97 é un texto legal que debemos celebrar todos os
traballadores sanitarios que estamos a prol da normalización da lingua
galega na sanidade. Tamén debemos esixir a súa aplicación cando non se
cumpra, o que non é infrecuente.