URXENCIAS HOSPITALARIAS

ATENCIÓN ESPECIALIZADA: Cobro das gardas non pagadas durante as baixas.

OPE 2006 FACULTATIVOS ESPECIALISTAS HOSPITALARIOS

 

ORDES DE INTEGRACIÓN

Publícanse no DOG do 2 de Xaneiro de 2007, dúas Ordes referentes a:
integración voluntaria dos funcionarios e laboráis como estatutarios.

integración de determinado personal estatutario e licenciado sanitario especialista, como feas.

 

URXENCIAS HOSPITALARIAS

  O 23/04/2007 publicase no DOG a resolucións cos ACORDOS asinados en Mesa Sectorial, sobre: Regulación da xornada, retribucións e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias do SERGAS.

ASINADO, O 02/03/2007, O ACORDO SOBRE AS CONDICIÓNS LABORAIS E RETRIBUTIVAS DOS MÉDICOS DE URXENCIAS DOS HOSPITAIS DO SERGAS.

Os profesionais de Urxencias en Galicia ven reguladas e homoxeneizadas as suas específicas condiciones de traballo, con xornada ordinaria e complementos económicos propios. El Médico Interactivo, 03/02/2007.

Xoán Cons, Secretario Xeral de CIG-Saúde, destacou que o día era “especialmente feliz, poucas veces temos a oportunidade de dar forma a un acordo que vai máis aló de regular aspectos laborais e retributivos. Unha das asignaturas pendentes dos sistemas sanitarios é superar xestións e políticas que non defendan intereses particulares e parcheen situacións. Con este acordo ponse orde nun sector tan paradigmático, o acceso ao sistema e, aínda que facer entender este cambio é algo difícil, cremos que contribúe a dotar ao sistema dunha maior organización do traballo en Urxencias. Aínda que non se solucionan todos os males: hai que seguir traballando para aproveitar a gran oportunidade que supón”, dixo.

Texto do Acordo sobre as Condicións Laborais e Retributivas dos Médicos de Urxencias Hospitalarias, asinado o 02/03/2007.
  Publicadas as listas PROVISIONAIS automáticas de médicos de urxencias hospitalarias da convocatoria de outubro de 2006. 07/02/2007

Os Médicos de Urxencias Hospitalarias mobilízanse  diante da sobrecarga de traballo:

Todos os médicos de Urxencias do CHOP piden a dimisión da dirección e a xerente.  A falta de persoal e a sobrecarga de traballo obrígalles a xornadas de ata 14 horas. La Voz de Galicia 31/01/2007

Persoal do Canalejo maniféstase pola mellora da atención urxente  Os sindicatos reclaman incremento de persoal e ampliación das instalacións. La Voz de Galicia 25/01/2007

Todos os médicos de Urxencias do CHOP piden a dimisión da dirección e a xerente.  A falta de persoal e a sobrecarga de traballo obrígalles a xornadas de ata 14 horas. La Voz de Galicia 31/01/2007
Persoal do Canalejo maniféstase pola mellora da atención urxente  Os sindicatos reclaman incremento de persoal e ampliación das instalacións. La Voz de Galicia 25/01/2007

Na Mesa Sectorial do 20/12/2006, REMATOU A NEGOCIACIÓN DO “ACORDO SOBRE XORNADA, RETRIBUCIÓNS, E CONDICIÓNS DE TRABALLO DOS MÉDICOS DE URXENCIAS HOSPITALARIAS DO SERGAS”. O acordo será asinado por todos os sindicatos con representación na Mesa Sectorial. 21/12/2006

Na Mesa Sectorial do 20/12/2006 pechouse definitivamente a negociación do acordo sobre condicións de traballo dos médicos de urxencias dos hospitais. No texto definitivo inclúense algunhas modificacións sobre a redacción do texto anterior, nas que se definen mellor diferentes aspectos. Tamén se acordou un “Acta Complementaria” con criterios de aplicación do Acordo. Todos os sindicatos da Mesa Sectorial subscriben os textos acordados.

Alén das cuestións de estricta mellora da redacción, pode destacarse a introdución, como aclaracións relevantes, dos seguintes aspectos:

          mantense o dereito á prorrata de atención continuada en caso de IT

          nas noites de domingos e festivos cóbranse os dous pluses, nocturnidade e festividade

          o turno fixo a efectos da non percepción da turnicidade é o traballo exclusivo de mañá ou o traballo exclusivo de tarde

          os plans funcionais terán que pasar todos pola comisión de seguimento

          a exención de turnos nocturnos non implica pasar á xornada de 1624 horas.

O SERGAS quedou en enviar o texto definitivo con todas as modificacións acordadas O acto formal de sinatura do acordo aínda non ten data. En canto dispoñamos do texto definitivo difundirémolo nas webs de CIG-Saúde..

Desconvocada a folga de Urxencias Hospitalarias.

A grande maioría dos médicos de urxencias dos hospitais galegos rexeitan as posicións defendidas pola “Plataforma” e por OMEGA. Diante desta evidencia, esta última organización, que carece da representación mínima para estar na Mesa Sectorial, desconvocou a folga que tiña convocado para os días 11, 12 e 13 de decembro. 11/12/2006

El Grupo de Trabajo de Urgencias Hospitalarias del Colegio Médico de Pontevedra, en contra de la huelga prevista para el mes de diciembre. El Médico Interactivo, 08/12/2006.

Nota de Prensa do SERGAS sobre a desconvocatoria

Texto aparecido, como carta “Cartas aos Lectores”, no Diario Médico do 5/12/2006, no que 2 médicos de urxencias dos hospitais do Salnés e Barbanza, critican a folga que finalmente quedou en nada.

ULTIMO BORRADOR PARA O ACORDO SOBRE URXENCIAS HOSPITALARIAS PRESENTADO POLO SERGAS NA MESA SECTORIAL DO 01/12/2006    O novo texto

O SERGAS ENTREGA UN NOVO TEXTO PARA O ACORDO SOBRE URXENCIAS HOSPITALARIAS. 23/11/2006.

O novo texto incorpora modificacións respecto da versión anterior do 21/11/2006, entre elas moitas das demandas formuladas por CIG-Saúde, na xuntanza da Mesa Sectorial do 21/11/2006, como temas a resolver para poder asinar o acordo. Entre as principais NOVIDADES do novo texto figuran:

-          Novo valor da hora ordinaria: 25,5 euros (en lugar de 23,5)

-          Complemento de nocturnidade: ata as 08 horas (en lugar de ata as 07)

-          Sesións clínicas: computan como xornada (non se dicía nada)

-          Xefaturas: persoal de urxencias, mérito preferente (non se dicía nada)

-          Maiores 55: “reducirá” a xornada en horario nocturno (en lugar de “procurarase reducir”)

-       Mobilidade: elaborar na comisión de seguimento medidas futuras de mobilidade voluntaria a outras unidades

Avaliación de CIG-Saúde da situación da negociación sobre as condicións de traballo dos médicos de urxencias hospitalarios, despois da xuntanza da Mesa Sectorial do 21/11/2006.

PRINCIPAIS DEMANDAS DE CIG-SAÚDE na negociación sobre as condicións laborais dos médicos de urxencias hospitalarias:

1. Regular unhas condicións de traballo claras e adaptadas ás condicións particulares deste colectivo.

2. Mellorar substancialmente a situación dos hospitais con peores condicións de xornada e retributiva.

3. Que coa nova regulación ningún hospital perdera respecto da situación actual.

Logo de varias reunións da mesa, a primeiros de agosto a Administración presentou un texto de proposta de acordo , que será discutido na Mesa prevista para o día 19 de outubro.

Estas son as posicións que CIG-Saúde defenderá sobre o citado documento.

 

ATENCIÓN ESPECIALIZADA: Cobro das gardas non pagadas durante as baixas.

CIG-Saúde inicia unha campaña para esixirlle ao SERGAS que cumpra co establecido na súa Circular 18/2004, e pague a débeda que ten cos facultativos aos que lles debe o prorrateo de gardas durante as baixas. 19/11/2006

 

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org