AGM
Quén somos
Porqué nacemos
At. Primaria
At. Especializada
Outras
Areas Sanitarias
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde
 

 

FERROL

CAMBIOS NA XERENCIA DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA EN FERROL

Cochón  critica ás plataformas en defensa da sanidade pública

Resposta da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública

 

COMENTARIO DA AGM

Día 23 de Xaneiro, 13,00 h.;  salón de actos do Hospital A. Marcide, Ferrol;  toma de posesión do novo xerente Don Alfonso Clemente e despedida do cesado Don Pedro Molina. Presencia das altas autoridades políticas e militares locales (faltaba o Obispo) e das sanitarias autonómicas e do vecindario (xerentes do J.Canalejo, da Fundación do Barbanza, de Atención Primaria, etc.). A oficialidade do acto, grandilocuente ao modo das tomas de posesión de conselleiros ou ministros, man sobre un texto (Constitución?, Estatuto?) e as palabras/xuramentos de rigor contestadas polo Conselleiro Cochón con aquelo de: se así fose que Galicia cho premie e en caso contrario... En fin, a todas luces excesivo para esta cativa política sanitaria á que xa estamos tan acostumados, pero cando fallan as outras cousas cando menos que brillen as apariencias.

O demáis, as alocucións dos respectivos, foi todo pobre, moi pobre, e rallando no penoso o Conselleiro, ao estilo de “tó er mundo e güeno” e nos uns fenómenos, aparte de simplezas non catalogables coma a da análise que fixo sobre as listas de espera, posteriormente publicitadas pola “voz de su amo”. Hai que ter moito descaro para vir a presumir a Ferrol das obras dos plans directores dos hospitais galegos, xusto no hospital onde o presuposto así como os plazos de execución están amplamente sobrepasados. E onde, das obras rematadas servizo por servizo, a contestación é xeralizada por parte dos facultativos e dos restantes traballadores ante a falla de funcionalidade e ausencia de consensos previos á elaboración dos planos. Eso sí, o faraónico e acristalado hall do Hospital, de hotel de cinco estrelas, faille esquecer a estes políticos de baixa estima e aos seus burócratas acompañantes as escandalosas listas de espera e colas de programación añadidas: de novo a política das apariencias e das mentiras ou medias verdades mediáticas.

Do novo xerente pobre impresión inicial; resulta sorprendente que entre os  seus obxectivos prioritarios para o hospital esté a investigación cando a espera de moitas consultas ou probas diagnósticas acercase aos dous anos. ( Investigar, o que se dí investigar, é a teima dalguns dos médicos do centro no que se refiere ao estudio e búsqueda de iniciativas para pelexar por un hospital diferente e, se cadra, tamén por un Sergas distinto ao deste ermo sanitario galego).  De pouco máis se enterou a audiencia excepto de que dende a sua etapa previa neste centro como Director médico deixara de fumar, loable éxito tendo en conta o acentuado estrés que as reinvidicacións dos médicos ourensáns deberían terlle provocado.

A despedida do ex xerente, sen pena nin gloria. El e a sua equipa directiva, todos eles da propia casa, non serán precisamente lembrados pola defensa do seu hospital senon por  terse plegado de forma reiterada aos plans da Consellería, sin capacidade nin criterio para loitar por un futuro decente para aquel. Non acerto a saber qué ou a quén este Conselleiro lle pode ensinar algo, pero o ex foi explícito en lle agradecer as tantas cousas que del aprendera. Quero suponer que tan so lle estaba dando botes á pelota para pelexar polo seu futuro.

En fin,  so nos queda seguir sendo admirativos: ¡carall...., menuda tropa!!

 

21-1-04

Cochón pone al frente del Marcide al director del hospital de Ourense

Las asociaciones de enfermos han recabado el apoyo de 90 colectivos para demandar mejoras en el área

22-1-04

Los usuarios piden al nuevo gerente del hospital que consiga más recursos

Nueva denuncia por las listas de espera en especialidades

 23-1-04

Cochón presenta hoy en Ferrol al nuevo gerente del hospital Marcide

24-1-04

Molina despide ocho años marcados por la reforma

Cochón atribuye las listas de espera a la calidad asistencial e critica as plataformas en defensa da sanidade pública

 

Resposta da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública

        Os medios de comunicación de hoxe 24 de febreiro de 2004 fánse eco de unhas declaracións do Sr. Conselleiro de Sanidade no acto de relevo dos xerentes dos hospitais de Verín, Ferrol e Ourense, nas que tras atribuir as listas de espera á calidade de atención da sanidade pública, denomina as Plataformes para a Defensa da Sanidade Pública como asociacións destinadas a agredir ao sistema público. Seguidamnte nos acusa de levar vinte anos decindo o mesmo e de non acertar nunca.

 

         Non está no  ánimo da AGSDP o entrar nun debate de pouca altura acerca das devanditas declaracións, nas que especialmente o comentario encol das listas de espera resulta ofensivo para todas as persoas que estén ou teñan familiares  agardando meses para estudos, probas ou terapias non infrecuentemente manexando procesos cancerosos nos que o factor tempo é un condicionante vital como sabe todo o mundo. Sabemos do que falamos tan ben como él porque somos  nós os profesionais que nos enfrentamos a cotío con estes problemas.

Mal está que a administración que dirixe o Sr. Conselleiro se mostre tras varios anos incapaz de devolver as listas de espera a unha dimensión razoable, pero que frivolice con un problema de índole a menudo vital –no sentido literal do termo-  para os protagonistas e cotidianamente frustrante para o colectivo médico e de enfermería, todos nós colaboradores indispensables do Sr. Conselleiro, non nos parece tolerable. Corren tempos preelectorales nos que non é infrecuente decir  cousas similares pero esta Asociación e quenes integran as Plataformas esforzámonos diariamente por   evitalas  fuxindo igualmente da demagoxia.

A actividade sanitaria pública é para nós unha materia sensible coa que non se debe traquetear. As políticas e os políticos deben estar ao seu servizo e non ao revés. Mesmo en tempos de eleccións.

Dice o S.r Conselleiro aproveitando o eco mediático do que nos carecemos,  que nunca acertamos. Ofrecémoslle algún exemplo do contrario:

1.     En 1996 advertímoslle de que MEDTEC fraccionaría hospitais, tería problemas de transparencia nas compras e nas contratacións, que non sería un instrumento de aforro, que primaría a economía sobor da calidade con problemas a medio plazo. Os repetidos informes do Consello de Contas de Galicia e os graves sucesos do asunto Aspergillus viñeron a darnos lamentablemente a razón.

2.     Mentras o seu departamento xogaba ao despiste con este problema, nós aventuramos que era a deficiente construcción do quirófano de MEDTEC a responsable. Non tardaron os técnicos en darnos a razón.

3.     No ano 2000, o informe REVISAN 2000 por nós elaborado a petición do Concello de Vigo para detectar os principais problemas da Área Sanitaria enunciaba que o Hospital Xeral de Vigo próximo a cumplir 50 anos, estaba xa ao final da súa vida útil ao ser incapaz de medrar para adaptarse as sempre crecentes necesidades. Solicitábamos en consecuencia un novo hospital central para a Área viguesa. Non tardou o seu departamento en negar airado tales afirmacións; agora, catro anos mais tarde, eso sí en período electoral, recoñece públicamente a necesidade de pensar en un novo hospital.

4.     Cando no mesmo informe solicitábamos a creación de unha Xerencia única para unificar funcionalmente o desorden dos tres hospitales públicos vigueses, obtivemos similares respostas. Nestes días estase a preparar a cración –lóxica por outra parte- de devandita xerencia unificada.

5.     En Pontevedra reivindicamos un hospital único frente o proxecto de fragmentación do CHOP en dous centros separados por kilómetros , despois de numerosas manifestacións e movilizacións sociais impulsadas pola Plataforma o SERGAS promete a cuarta fase u un hospital único  

6.     En Santiago se impón a alternativa de Atención Sociosanitaria, fronte a espulacion co antigo hospital 

          Etc, etc, etc……

 

 

Acerta pois sen dúvida o Sr. Concelleiro, a menudo con varios anos de retraso en relación as constructivas propostas dos defensores da Sanidade Pública.

 

         Faga pois o mellor que sepa o traballo que a cidadanía galega lle encomendou e financia, que nós seguiremos facendo gratuitamente o de seguir de maneira positiva, o rastro das súas decisións.

 

Ý

© Asociación Galega d@s Médicos                                                                                                              webmaster@agmedicos.org