Porque
incumple os acordos anteriores
O
vixente acordo de urxencias, do ano 99, establecía que en cinco anos se
eliminarían en primaria as gardas obrigatorias para o persoal de atención
ordinaria. Ese prazo vencía o pasado dia 30 de novembro. Pero agora o
Sergas dí que non o pode cumplir e continúa obrigando a facer gardas... ata
tres anos máis (eso si respetase os novos prazos que propón, que si non...).
Entón: ¿qué credibilidade ten o Sergas? ¿cómo nos pode pedir novos acordos e
novos prazos si sabemos que logo non os vai respetar nin cumplir?. Para
negociar en serio, a Administración ten primeiro que asumir a súa obriga de
cumplir e de facer cumplir os acordos existentes.
Porque
basa o modelo sobre as Unidades de Tarde e os Pacs de noite
Na
proposta do Sergas, só 30 dos Pacs actuais manterían o seu
funcionamento en horario de 15 a 08. Noutros 43 ámbitos
territoriais, precisamente nos de máis carga poboacional e
asistencial, o Sergas obrigará ao persoal das Unidades de Tarde
(existentes ou de nova creación) a atender todas as urxencias, e alí
os Pac só funcionarán pola noite. Por último, nas 14 cidades e
vilas que teñen hospital non se sabe qué vai ocurrir porque o Sergas
propoñerá un modelo específico, basado na coordinación coas
urxencias do hospital e do 061.
Nin
con criterios asistenciais nin con criterios laborais podemos
compartir tal modelo. O Sergas falsea a realidade cando dí que a
asistencia vai mellorar coa potenciación das Unidades de Tarde.
Podería ser así si ao mesmo tempo se dotasen os dispositivos
específicos para atender as urxencias dende as 15 horas, pero
empaquetando esas urxencias de tarde ás propias Unidades o único que
se conseguirá é sobrecargar aos profesionais, masificar as consultas
e incrementar os tempos de espera.
Dende outro punto de vista, poderiamos tamén afirmar
que este modelo do Sergas supón a eliminación parcial duns 40 Pacs
dos actualmente existentes, que pecharían as portas ata as dez da
noite, algo que non é presentable a menos que a Administración
Sanitaria cambie o seu discurso destes últimos anos e diga agora que
non prestaban un bó servicio.
E
¿qué podemos decir das consecuencias laborais deste modelo?. Pois
resulta que teriamos que a inmensa maioría das prazas de nova
creación en primaria nos próximos anos serían en turnos fixos de
tarde (nas Unidades-T) e turnos fixos de noite (nos Pac-22), nunhas
condicións que non poden xerar dende logo ningún entusiasmo.
Porque decepciona as
expectativas do persoal actualmente vinculado
Tal decepción provén do feito de que o Sergas propón manter durante
tres anos máis o actual contrato de reforzo, que tamén tiña data de
caducidade: o 30 de novembro. E propón manter tal contrato a cambio
de incrementar o precio da hora de garda (en torno a 2 euros máis),
pero sen a totalidade dos dereitos que deben corresponder a calquera
contrato temporal: sen pagas extras, sen permisos, sen calendarios
certos...
Tal decepción provén igualmente de que o Sergas
diminuirá coa sua proposta as prazas totais a crear nos dispositivos
de urxencias, e incluso algunhas das recén creadas nos Pacs piloto
(tanto nos actuais coma nos que propoñen para funcionar en febreiro)
terán que reducirse como consecuencia da diminución horaria prevista
no seu funcionamento definitivo (por pasar das 15 ás 22 horas).
Tal
decepción provén asimesmo das penosas condicións laborais e
profesionais a que serán condenados nunha grande maioría ao ter que
aceptar un posto de traballo exclusivamente nocturno.
Dende CIG-Saúde seguimos
defendendo:
Dispositivos
específicos de urxencias (Pacs dende as 15 horas como norma xeral)
Separación
da atención ordinaria respecto da atención de urxencia
Revisión
das condicións das Unidades de tarde
Salarios
e xornada nas novas prazas de Pacs equiparables ás de réxime
xeral no Sergas
Efectividade
da eliminación das gardas obrigatorias
Mellora
laboral dos contratos do actual persoal de reforzo, coa equiparación
gradual ás condicións dos postos de nova creación
Modificación
da regulación legal das urxencias, cun periodo de implantación a
data certa.
2 de decembro de 2004
Ý
|