OPE 2006 de PSIQUIATRÍA

OPE PSIQUIATRIA

 Carta remitida por CIG-Saúde, o 31/04/2008, aos membros do Tribunal da OPE de Psiquiatría e ao Director Xeral de RR.HH do SERGAS, volvendo a reclamándolles a adopción de medidas de tipo administrativo que permitan avanzar na resolución desa OPE mentres a vía penal segue o seu propio camiño.

 Segundo información do SERGAS, a administración ten a intención de seguir esperando un pronunciamento do xuíz sobre o tema, malia que ignora totalmente cando se producirá. Ao tempo, afirman que o Concurso de Traslados (CT) de Psiquiatría sigue adiante, e que non haberá problemas de reubicar aos interinos cesados como consecuencia dese CT, dada a demanda que existe destes especialistas. Ademais afirman que na OPE-2008 convocarán prazas de psiquiatría diferentes das implicadas na OPE-2006.

CIG-Saúde reclámalle ao SERGAS e ao Tribunal da OPE-2006 de Psiquiatría que non fiquen paralizados e axilicen os aspectos administrativos da OPE-2006 de Psiquiatría, entre eles a realización dun novo exame. 31/12/2007  

Unha vez establecido o camiño para a depuración de responsabilidades de tipo penal, coa remisión, a principios de decembro,  dunha denuncia ao Xulgado de Santiago por parte da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

CIG-Saúde considera:

1.     Que a OPE de Psiquiatría de 2006 non está legalmente suspendida cautelarmente,

2.     Que o Tribunal ten capacidade para tomar unha decisión administrativa como declarar nulo o exame e proceder á convocatoria dun novo exame. O tribunal podería modificar a súa composición mediante a entrada de membros suplentes dese tribunal.

3.     Por seguridade xurídica o novo exame é mellor que manteña a estrutura definida na convocatoria da OPE-2006, si ben o SERGAS debe garantir a ausencia de filtracións.

4.     O SERGAS debe introducir transparencia no manexo de todo o relacionado coa OPE de Psiquiatría e informar polas mesmas canles que o fai para o resto das especialidades.

5.     O Concurso de Traslados de Psiquiatría debe ser paralizado até que se resolva a OPE.

6.     O SERGAS debe cumprir o seu compromiso de convocar a OPE-2008 a principios deste ano.

O fiscal ve indicios de delito nas oposicións de psiquiatría. Propón ao Xulgado Decano de Santiago a apertura de dilixencias. La Voz de Galicia,  12/12/2007

INFORMACIÓN PÚBLICA OFICIAL sobre a situación da OPE de Psiquiatría remitida polo Director Xeral de Recursos Humanos. 27/11/207

DIANTE DA PARALIZACIÓN DA OPE DE PSIQUITRÍA, CIG-Saúde reclámalle ao SERGAS:

Que declare nulo o exame e que este se repita o máis axiña posíbel.

Que se depuren responsabilidades.

Que a OPE-2008 de psiquiatría se convoque, coas das demais especialidades, a principios do próximo ano.

Que se estableza un novo tipo de exame para futuras OPEs de facultativos, incluída a OPE-2008.

Escrito remitido por CIG-Saúde ao SERGAS sobre a paralización da OPE-2006 de Psiquiatría. 07/11/2007

Hai uns días, tivo lugar unha xuntanza entre unha representación dos psiquiatras afectados e unha delegación de CIG-Saúde para informarnos da súa visión da situación.

Nesa xuntanza pedíronnos que apoiáramos as súas demandas expresadas nun escrito dirixido ao presidente do Tribunal da OPE de Psiquiatría e asinado por un importante nº de profesionais afectados.

Recursos Humanos do SERGAS responde ao requirimento de información de CIG-Saúde sobre a suspensión Cautelar da OPE de Psiquiatría:

En resposta a solicitude de información realizada por CIG-Saúde sobre o que estaba pasando coa OPE de Psiquiatra, desde a División de Recursos Humanos do SERGAS, o 04/1072007, se nos facilitou a seguinte información:

"Recibiuse nesta División a denuncia dun opositor da que podía inferirse a posible existencia de irregularidades que poderían constituír un ilícito penal. A División decidiu poñelo en coñecemento do Ministerio Fiscal e do Presidente do tribunal de Psiquiatría, e comunicar ao denunciante as devanditas actuacións. En canto haxa un pronunciamento do Ministerio Fiscal, a División de Recursos Humanos e D. P. adoptará as decisións que correspondan en relación con esta cuestión e comunicarase para o seu xeral coñecemento. En tanto non exista este pronunciamento non se realizarán ningún tipo de actuación en relación con esta especialidade que puidese resultar afectada pola decisión do Ministerio Fiscal".

Suspensión Cautelar da OPE de Psiquiatría:

Segundo información periodística do pasado día 27/09/2007, o SERGAS decidiu paralizar as actividades do Tribunal de Psiquiatría da OPE-2006. O motivo é, seica, a existencia dunha denuncia de filtracións no exame correspondente, do que existiría como proba unha gravación na que se confirmaría a filtración. O SERGAS tería posto estes feitos en coñecemento do Ministerio Fiscal, quen aínda non se pronunciou ao respecto.

Varios días despois de que esa nova aparecera na prensa, seguimos a agardar unha información pública do SERGAS sobre este grave asunto (02/10/2007).

  Sanidade suspende de forma cautelar a oferta de emprego para psiquiatras. Un dos 72 opositores denunciou a existencia de filtracións que agora está a investigar a fiscalía. La Voz de Galicia, 27/09/2007.

  Os psiquiatras afectados pola suspensión das oposicións esixen garantías dun proceso limpo. La Voz de Galicia, 28/09/2007.

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org