|
A mellora global
da Atención
Primaria en
Galicia esixe
necesariamente
medidas e
vontades nun
dobre plano: na
mellora dos
recursos
materiais e
organizativos
dispoñibles e na
mellora das
condicións
profesionais e
laborais de todo
o seu persoal.
Non hai ningún
plano de mellora
que poda ter
éxito sen dar
resposta
satisfactoria a
eses dous
aspectos.
Conscientes desa
necesidade, e
diante da
evidencia de que
a política do
Sergas só
pretende abordar
parcialmente o
problema, as
organizacións
sindicais máis
representativas
no sector
sanitario CCOO,
CESM, CIG, CSIF,
SATSE e UGT
acordamos
impulsar
conxuntamente un
plano de medidas
para a mellora
da atención
primaria en
materia de
persoal. Son as
seguintes:
CUESTIÓNS XERAIS
PARA UAP E PAC
-
Xornada máxima
semanal de 35
horas ou a súa
equivalencia en
horas anuais
-
Respeto do
dereito á
voluntariedade
para a
prolongación de
xornada, e
igualdade nas
súas condicións
tanto na
limitación de
horas como na
súa compensación
-
Preferencia
absoluta da
substitución por
contratación
fronte á
acumulación de
cargas, para
cubrir
ausencias; en
caso de
imperiosa
necesidade de
acumular cupos,
preferencia
asimesmo na
prolongación
voluntaria de
horario fronte á
intersubstitución
-
Redefinición das
categorías, as
plantillas e as
retribucións de
persoal non
sanitario: cara
un persoal de
xestión e
servizos de
atención
primaria
CUESTIÓNS
PARTICULARES
PARA UAP/SAP
-
Eliminación dos
sábados como
atención
ordinaria, con
distribución de
luns a venres da
xornada
ordinaria
establecida
-
Paso de
Cartillas a Tis
sen perdas
retributivas.
Especial
consideración do
impacto nas
retribucións do
incremento
xeralizado de
prazas/cupos,
así como das
situación de
soedade e de
illamento
-
Valoración das
Tis en base ás
cargas de
traballo
asociadas a 6
diferentes
tramos de idade
e ao volume de
pensionistas
menores de 65
anos
-
Supresión dos
cupos por tramos
nas retribucións
da Enfermería:
cara ao cupo
enfermeiro
-
Revisión e
homologación das
retribucións de
Odontólogos,
Pediatras,
Matronas,
Fisioterapeutas
e Traballadoras
Sociais
-
Revisión das
retribucións do
Persoal de
Xestión e
Servizos, que
recoñeza as súas
diferentes
funcións
-
En caso de ter
que acudir, só
en última
opción, á
intersubstitución,
garantir o pago
dunha cuantía
superior ao da
retribución
total do
ausente, dende o
primeiro dia e
para todas as
categorías
CUESTIÓNS
PARTICULARES
PARA PAC
-
Xornada de 1430
horas, ou a que
corresponda a
unha nova
regulación xeral
da xornada de 35
horas
-
Garantía de
cómputo do
período de IT
como período non
recuperable a
efectos de
xornada
-
Desenvolvemento
anual das
quendas de
traballo, cunha
distribución
equitativa e
ponderada entre
todo o persoal
que preste
servizos nos
PACs
-
Recoñecemento e
creación dun
complemento
vinculado á
especificidade
da urxencia
-
Recoñecemento e
aplicación dos
complementos
vinculados ás
particulares
condicións de
traballo:
nocturnidade,
festividade
(incluídos
sábados), e
turnicidade
adaptada
-
Protocolo de
actuación para
garantir a
efectiva
protección nos
casos de
embarazo,
maternidade e
lactancia
-
Definición dun
posto de
traballo de PSX
en PAC e do seu
sistema de
acceso dende as
categorías
actualmente
existentes
|