|
O
venres 22 de febreiro chegouse na mesa sectorial a un preacordo na
negociación sobre as condicións de traballo en PACs que representa
un notable avance sobre as condicións de xornada e retribucións
actualmente vixentes para este persoal e que elimina as principais
ameazas que as anteriores propostas do Sergas viñan recollendo.
Como en
toda negociación, non se acada nesta todo o que inicialmente se
quere, si ben despois de case catro meses de conflito e de
negociación, e dada a actual correlación de forzas, entendemos que
non hai marxe para acadar mellores condicións cas xa consolidadas
con este preacordo.
A
posición da CIG neste conflito foi sempre clara e firme: apostamos
pola unidade de acción na Plataforma Sindical ata que alguén decidiu
rachala, e fixemos logo unha serie de propostas escritas como
condición de firma que foron apoiadas maioritariamente polo
colectivo… e o resultado desa nova situación é este preacordo.
Tamén é necesario reiterar que o preacordo só se converterá en
acordo unha vez ratificado por unha maioría do colectivo en toda
Galicia. |
|
MATERIA |
CONTIDO |
OBSERVACIÓNS |
|
Xornada ordinaria |
1.430 horas, con
efectos do 1/7/09
1.515 entre o 1/1/08 e
o 30/6/09 |
A xornada ordinaria
actual é de 1570.
A proposta inicial do
Sergas só chegaba ata 1465 horas, aplicables en 2010. |
|
Xornada complementaria |
Inicialmente faise
unha oferta de voluntariedade, con tramos de horas a
escoller entre 230 e 660 anuais.
Só si a voluntariedade
non chega para cubrir todas as horas necesarias en cada PAC
se poderían esixir horas obrigatorias ata un máximo de 1570.
Por encima deses
límites só cabe, si fose o caso, a realización de gardas
forzosas xunto co persoal de ordinaria.
Todas as horas de
xornada complementaria en PAC, dende a primeira ata a última
efectivamente realizada, abónase a 24’48 euros para
facultativos e a 16’03 para enfermería, ademáis do valor
adicional das horas nocturnas e das festivas. |
Desaparece a ameaza da
extensión da xornada ata as 1762 horas que propoñía o Sergas
dende o 6 de novembro.
O valor das horas
realizadas no propio PAC por encima da xornada ordinaria
pasan a pagarse igual cas realizadas en Unidades,
incrementadas co valor das horas nocturnas e das horas
festivas.
Con estes datos cada
persoa pode calcular en canto sae cada garda adicional feita
por encima da xornada ordinaria, e comparar a sua diferencia
respecto do valor actual. |
|
Complemento de nocturnidade |
Recoñecese o pago
deste complemento polas horas nocturnas realizadas (entre as
22 e as 08), acadando en xaneiro do 2008 o 40% do seu valor,
en xaneiro do 2009 o 80% e en xaneiro do 2010 o 100%. |
En prezos do 2008,
cada noite vale 42’00 euros para facultativos e 30’80 para
enfermería, polo que os valores a aplicar en cada ano
serían:
Facultativos: 16’80 –
33’60 – 42’00
Enfermería: 12’32 –
24’64 – 30’80 |
|
Complemento de festividade |
Recoñecese o pago
deste complemento polas horas realizadas en domingos e
festivos, acadando en xaneiro do 2008 o 40% do seu valor, en
xaneiro do 2009 o 80% e en xaneiro do 2010 o 100%.
Debe negociarse no
próximo acordo xeral, para todo o persoal do Sergas, a
eliminación da actual prohibición legal para pagar o
complemento de festivos nas horas nocturnas de domingos e
festivos. |
En prezos do 2008,
cada hora festiva vale 9’98 euros para facultativos e 7’33
para enfermería. A sua aplicación en anos sería:
Facultativos: 3’99 –
7’98 – 9’98
Enfermería: 2’93 –
5’86 – 7’33 |
|
Complemento de turnicidade |
O preacordo só inclue
unha referencia a poder retomar a negociación deste concepto
no próximo acordo xeral de condicións de traballo para todo
o persoal do Sergas. |
A polémica xerada
sobre este complemento ten delito. Cómo poden inventarse
tantas falsedades e cómo pode haber tanta xente que as
crea. Só hai que leer. Cómo pode decirse/creerse que a CIG
quere poñer a traballar aos PACs a turnos de 7 e 10 horas,
si a CIG é a única organización que na mesa sectorial se
enfrentou á Administración en contra desa proposta do Sergas.
E de feito esa proposta desapareceu do texto, porque nunca a
imos aceptar.
O
que a CIG defende é que traballar en horarios de 17 e de 24
horas é tamén un traballo a turnos. Igual que se
definiu e se recoñeceu para os médicos de urxencias
hospitalarias. E que esa xornada é distinta e máis penosa
que a de quen traballa só de mañáns, en turno fixo. E que
eso debe compensarse cun complemento retributivo. E
seguiremos loitando por ese obxectivo. |
|
Celadores en funcións de PSX |
Crease un grupo de
traballo para analizar a situación de plantillas e de
funcións do persoal non sanitario dos PAC, e a forma de
acceder a eles no futuro.
Complementariamente,
recoñecese aos Celadores de PAC que asuman as tarefas
administrativas do mesmo un complemento retributivo por esas
funcións, cifrado en 45 euros mensuais. |
A problemática
derivada tanto das progresivas modificacións de funcións do
persoal non sanitario nos PACs, a raíz da sua
informatización, como das diferentes expectativas de acceso
a eses postos por parte tanto de Celadores (de hospitais e
de primaria) como de PSX, obriga a que defendamos a
necesidade dese grupo de traballo para acadar solucións
consensuadas a esa situación. |
|
|
Inda así non
está todo o traballo feito, xa que nunca deixaremos de ter que
loitar para que os acordos se apliquen correctamente, para que os
dereitos se respeten, para conquistar novos dereitos,… e por tanto
este preacordo só acadará o seu verdadeiro valor si mantemos un
frente unido para que na sua aplicación as xerencias respeten dunha
vez por todas a realización de calendarios equitativos, o exercicio
real do dereito a vacacións e permisos, unha voluntariedade real e
non coactiva, a erradicación da disponibilidade permanente, etc, etc.
Por outra
parte, e sendo esta unha regulación complementaria á que se
estableza para UAPs, teremos tamén que entender que a loita global
para mellorar a atención sanitaria e as condicións de traballo en
Atención Primaria (ordinaria e urxente) non se acaba con estes
preacordos senón que afrontará novas batallas en pouco tempo. A
principal será a negociación nos próximos meses do chamado Acordo
Marco (de afectación xeral a todo o persoal do Sergas) no que
deberemos tratar de resolver aspectos que agora só quedan apuntados
porque necesitan de solucións globais: rebaixar a xornada ordinaria,
subir o prezo das gardas e da xornada complementaria, pagar o plus
de festivos nas noites de festivos, pagar os sábados como festivos,
equiparar retribucións globais entre colectivos, e outras de similar
trascendencia. |
|
CIG-SAÚDE.
Febreiro de 2008 |

|