|
O
venres 22 de febreiro chegouse na mesa sectorial a un preacordo
condicionado na negociación sobre a regulación de diversas
condicións de traballo en Unidades e Servizos de Atención Primaria.
Este preacordo, condicionado a que a aplicación retributiva das TIS
(en lugar das actuais Cartillas) non provoque perdas económicas en
ningún cupo, representa un notable avance sobre as condicións
actualmente vixentes para este persoal en materia de
intersubstitución, de voluntariedade e do tratamento do traballo
ordinario dos sábados.
Como en
toda negociación, non se acada nesta todo o que inicialmente se
quere, si ben despóis de case catro meses de conflicto e de
negociación, e dada a actual correlación de forzas, entendemos que
non hai marxe para acadar mellores condicións cas xa consolidadas
con este preacordo. |
|
CONTIDOS DO PREACORDO CONDICIONADO |
|
MATERIA |
CONTIDO |
OBSERVACIÓNS |
|
Intersubstitución |
Establecese o carácter
da intersubstitución como a última opción a utilizar, e nese
caso dase preferencia a asignar o cupo do ausente a quen
voluntariamente o asuma.
Pagase dende o
primeiro dia de ausencia.
Pagase co 100% do
valor do cupo e cun mínimo do 70% dos conceptos fixos da
retribución do ausente.
Na Comisión de
Seguimento estableceranse os criterios obxectivos polos que
se poda chegar a pagar o 100% tamén das retribucións fixas.
Desaparecen os tramos
en enfermería, polo que haberá sempre un pago efectivo. |
Desaparecen todas as
propostas anteriores do Sergas, tanto no sentido de limitar
o pago a partir do 4º dia como de aplicar o coeficiente
reductor de 22/30 para calcular o valor diario do
complemento.
En promedio das
cuantías pagadas actualmente, para facultativos implica
pasar dun valor de 30 euros diarios a un mínimo de 67 (87
para os casos en que se recoñeza o 100% de todo o salario),
e para enfermería pasar dun valor entre 0 e 5 euros diarios
a un mínimo de entre 35 e 51. |
|
Voluntariedade |
Faise unha nova oferta
de voluntariedade con carácter xeral, na que cada
profesional poderá exercer a sua opción.
Establecese un
incentivo asociado á opción de facer ben 305 ou ben 600
horas. Non hai incentivo si se opta por tramos inferiores
ás 305 horas.
Optar polo tramo de
305 horas ten un incentivo de 1475 euros, e o de 600 vale
2900.
No caso do persoal de
Unidades de tarde, o tramo ofertado será de 150 horas, cun
incentivo de 725 euros.
Os incentivos se
perciben inda que non se cheguen a realizar todas as horas
por causas imputables á Administración. A ninguén se lle
pode obrigar a facer máis horas das do tramo incentivado
escollido (305 ou 600), e só voluntariamente se poden
superar eses límites. |
O valor do incentivo
establecese pola diferencia que existe entre o valor actual
da hora de garda (19’65 euros) e o valor da xornada
complementaria para o persoal de PAC (24’48 euros). |
|
Sábados |
A efectos de xornada
máxima, a ninguén se lle poderá impoñer a realización dun
número de sábados superior ao actualmente traballado.
A diminución do número
de sábados será posible alí onde se poda concentrar a
atención, no PAC ou noutro centro que se acorde. |
Só na próxima
negociación do chamado Acordo Marco poderá abordarse a
diminución legal da xornada para todo o persoal do Sergas, e
alí veremos si conseguimos dar novos pasos para a definitiva
diminución/eliminación do traballo ordinario en sábados. |
|
TIS |
Queda pendente a
aplicación da adaptación a TIS do pago actual dos cupos por
Cartillas.
En todo caso, queda
recoñecido que si esa aplicación de TIS non resolve as
diferencias retributivas actuais de Pediatras, Odontólogos,
Fisioterapeutas e Traballadores Sociais respecto dos seus
homólogos, esas diferencias deberán resolverse na
negociación do Acordo Marco. |
Por esta razón de que
o impacto das TIS non está inda concretado nin avaliado, o
preacordo está condicionado ao seu resultado.
Continuamos sólos na
defensa ata o final da revalorización retributiva de Fisios
e Traballadores Sociais, o que dificultou concretar máis
neste preacordo, anque o compromiso da revalorización
retributiva está ahí. |
|
Persoal non sanitario |
Crease un grupo de
traballo para analizar a situación das plantillas e da
provisión das prazas, das retribucións e das funcións do
persoal non sanitario das Unidades de Atención Primaria. |
O obxectivo dese grupo
de traballo é, para nós, ter un espacio onde tratar a
situación sempre relegada de todo o persoal non sanitario de
primaria, para buscar solucións aos seus específicos
problemas. |
|
Outras materias |
Complementariamente,
incluense neste preacordo outros compromisos con diferente
intensidade. Os que nós valoramos como un paso adiante
importante son estes:
-
admitese por primeira vez o recoñecemento de que é posible e
necesario debatir sobre as condicións que permitan definir
en primaria o cupo enfermeiro
-
queda determinada a preferencia pola creación de novos
postos de traballo de enfermería en PAC, nos casos en que as
horas non cubertas sumen unha xornada a tempo completo |
|
|
|
Inda así non
está todo o traballo feito, xa que nunca deixaremos de ter que
loitar para que os acordos se apliquen correctamente e para
conquistar novos dereitos,… e por tanto este preacordo só acadará o
seu verdadeiro valor si mantemos a atención para que na súa
aplicación as xerencias garantan que os sábados realmente diminúen,
que a intersubstitución é realmente residual e que a xestión da
voluntariedade incentivada tanto do persoal de UAPs coma dos PACs
elimina definitivamente a sombra da ameaza da realización forzosa de
gardas permitida polo Estatuto Marco. |
|
CIG-SAÚDE.
Febreiro de 2008 |

|