PRAZAS DE “ALTA ESPECIALIZACIÓN”,

OPEs e Concursos de Traslados.

PRAZAS DE “ALTA ESPECIALIZACIÓN”

A CIG e a situación, a 11/02/2008, das “Prazas de Alta Especialización de FEAs.

Relación das 26 “Prazas de Alta Especialización” que, finalmente e malia oposición de CIG-Saúde, sairán con perfil ao Concurso de Traslados. 02/06/2007  

Finalmente o SERGAS decidiu non incluír como “Prazas de Alta Especialización”, as 3 prazas da Unidade de Trastornos Alimentarios do CHUS: 1 de endocrino, 1 de psiquiatría e 1 de psicoloxía clínica. Pola contra, decidiu manter con ese carácter a praza de Cirurxía Xeral de Ourense que estaba pendente. Deste xeito, serán 26 o nº final de Prazas de Alta Especialización que saíran cun perfil específico no Concurso de Traslados.

Malia clara oposición de CIG-Saúde, o SERGAS sacará a Concurso de Traslados entre 25 e 29 “PRAZAS DE ALTA ESPECIALIZACIÓN”. 21/05/2007.

As “Prazas de Alta Especialización”, o Concurso de Traslados, e a posición de CIG-Saúde. Información da Xuntanza do 21/05/2007 da Comisión de Seguimento do Plan de Estabilización e da OPE-2006 de FEAs.

CIG-Saúde rexeita as chamadas “PRAZAS DE ALTA ESPECIALIZACIÓN”. 11/05/2007.

«      Despois de debater a proposta concreta presentada polo SERGAS, así como a propia cerna do problema das “Prazas de FEAs de Alta Especialización”, CIG-Saúde decidiu rexeitar con carácter xeral a proposta do SERGAS de que existan ese tipo de prazas,

«      Ademais consideramos:

Que, en xeral e malia algunha posíbel excepción, o que sobre todo latexa como fondo do problema das denominadas “prazas de alta especialización”, non é “a continuidade asistencial”, senón o poder de determinados xefes de servizo,

Que o que ten que facer o SERGAS é pedirlles aos Xefes de Servizo que cumpran coa súa responsabilidade e que, diante da posibilidade de que os interinos que teñen poidan deixar o servizo como consecuencia do  Concurso de Traslados ou da OPE, deben preparar e levar adiante “Planos de Continxencia” que permitan minimizar as consecuencias asistenciais e doutros tipos que esa situación poda orixinar.

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org