|
|
|
|
Algunhas propostas da AGM diante do problema da falta de médicos substitutos en A.P. este nadal, na área de Vigo |
|
|
Propostas para este Nadal 1.- Ampliación da data tope de solicitude de días de Libre Disposición, até o 15-2-2004. 2.- Xestión das Axendas polos Xefes de Servizo. 3.- Substitución dos médicos de horario de mañá polos da tarde, e viceversa, de xeito voluntario e pagando todo o traballo realizado. 4.- Reparto proporcional dos complementos vinculados ao número de tarxetas dos médicos ausentes entre os que atenden aos seus pacientes. Propostas para despois do Nadal (o verán do 2004 pode ser caótico se esto non se amaña) 5.- Condicións de traballo dignas para o persoal vinculado e substituto, o que permitirá que volvan moitos profesionais que procuraron traballo fora da Área Sanitaria (Portugal, ...) debido aos actuais contratos basura que o SERGAS lles ofrece: - contratos estables para o persoal vinculado, con cotización continua a Seguridade Social, - dereito ás xornadas de descanso correspondentes a xornada de traballo realizado - cargas de traballo similares ás dos resto dos médicos de AP, para estes compañeiros cando realicen o seu traballo nos centros. 6.- Desenvolvemento do novo modelo de urxencias extrahospitalarias, cos seguintes principios: - Contratación de persoal especifico estable en réxime estatutario polo SERGAS. - Cobertura asistencial de urxencias e emerxencias, nos domicilios, nas rúas ou nos centros de urxencias, as 24 horas do día e os 7 días da semana. - Considerar de especial mérito para as futuras ofertas públicas de emprego en Atención Primaria o traballo no novo modelo de urxencias extrahospitalarias. 7.- Adaptar o número de médicos dos centros ás necesidades dunha AP de calidade, e respectuosa cos seus profesionais e cos pacientes: máximo de 1.200 paciente por Médico de Familia e de 900 por Pediatra. |
© Asociación Galega d@s Médic@s webmaster@agmedicos.org