|
Na reunión da
Comisión de
Seguimento do
Acordo de
Urxencias
ASINOUSE unha
Acta que recolle
“Aspectos
derivados da
aplicación do
Acordo”, que dá
resposta ás
reivindicacións
dos Médicos de
Urxencias
expresadas pola
Plataforma
Sindical formada
por
CCOO,
CEMSATSE,
CIG-Saúde e
CSIF.
18/12/2008 |
 |
|
A ACTA de
ACORDO
foi asinada por
CC.OO., CEMSATSE,
CIG-Saúde e
CSIF, quedando
pendente de
asinar UGT por
non estar
presente no fin
da negociación.
18/12/2008 |
|
O SERGAS
remitiu, aos
sindicatos da
Comisión de
Seguimento do
Acordo de
Médicos de
Urxencias
Hospitalarias (MUH),
o
Borrador de Acta
dunha xuntanza
da Comisión que
hipoteticamente
se celebrará o
18 de decembro.
15/12/2008
O Borrador de
Acta recolle
moitas das
reivindicacións
que ven
reclamando
CIG-Saúde e a
Plataforma
Sindical (CCOO,
CEMSATSE,
CIG-Saúde e
CSIF)
constituída para
esixir que se
aplique e
desenvolva o
Acordo asinado
hai xa case 2
anos.
A Plataforma
Sindical
analizará o
contido desa
acta, e definirá
a súa posición
ante ela, nunha
próxima xuntanza
que se celebrará
antes da
xuntanza co
SERGAS na que,
no seu caso, se
asinará a acta
cos contidos que
definen o
desenvolvemento
e aplicación do
Acordo. Ao estar
recollidos por
escrito, será
máis doado
esixirlles ás
xerencias que
cumpran o
acordado. |
 |
|
Nova de Prensa:
CESM-Galicia,
CIG, Comisións
Obreiras e CSIF
forman unha
Plataforma
Sindical para
esixir ao Sergas
que aplique o
Acordo de
Urxencias
Hospitalarias de
2007.
El Médico
Interactivo.
10/12/2008 |
|
Constituída a
Plataforma
Sindical para a
aplicación do
Acordo dos
Médicos de
Urxencias
Hospitalarias (MUH).
05/12/2008
A
Plataforma, está
constituída por
CCOO,
CEMSATSE,
CIG-Saúde e CSIF,
sindicatos
asinantes do
Acordo de
Urxencias
publicado no DOG
do 23 de abril
de 2007, e
membros da súa
Comisión de
Seguimento.
As
organizacións da
Plataforma
defenderán, de
xeito unitario e
coordinado, a
TÁBOA
REIVINDICATIVA
común. Esa
unidade se
concretará xa na
próxima xuntanza
da Comisión de
Seguimento do
Acordo de MUH,
que se celebrará
o 10/12/2008.
A unidade
sindical
acadada, pola
que traballamos
arreo desde
CIG-Saúde,
fai moito máis
factíbel que,
dunha vez por
todas, ao SERGAS
non lle quede
outro remedio
que tomarse en
serio a
problemática das
urxencias
hospitalarias e
desenvolver de
verdade o Acordo
dos MUH. A
unidade fai
tamén moito máis
viábel que teñan
éxito as
mobilizacións
que haberá que
realizar no caso
de que o SERGAS
non rectifique a
actitude que
viña mantendo
até agora e siga
sen cumprir o
acordado e sen
desenvolver o
Acordo. |
|
CIG-Saúde fai
públicas as
reivindicacións
dos Médicos de
Urxencias
Hospitalarias
defendidas desde
a Agrupación
Médica do
sindicato.
14/11/2008
Cumprindo
co compromiso
establecido na
Comisión de
Seguimento do
Acordo de
Urxencia
celebrada o
pasado día
10/11/2008,
CIG-Saúde
remítelle ao
SERGAS a Táboa
Reivindicativa
que defende para
os médicos de
urxencias. |
|
Na próxima
xuntanza da
Comisión de
Seguimento, que
o SERGAS ten que
convocar antes
do 6 de
decembro, a
administración
comprometeuse a
dar resposta ás
reivindicacións
que quedamos en
presentarlle os
sindicatos (CIG,
CESMSATSE, CSIF,
UGT e CCOO) que
asinamos o
Acordo de
Urxencias
publicado no DOG
do 23 de abril
2007.
CIG-Saúde
considera que,
na última
xuntanza da
Comisión de
Seguimento do
Acordo, se
constatou un
alto grao de
coincidencia nas
reivindicacións
defendidas por
todos os
sindicatos
asinantes do
Acordo. Reforzar
esa unidade,
facéndoa
operativa na
procura de
solucións reais,
é un obxectivo
do noso
sindicato. |
|
O luns 10 de
novembro de 2008
tivo lugar unha
xuntanza da
Comisión de
Seguimento do
Acordo de
Médicos de
Urxencias
Hospitalarias.
11/11/2008
A xuntanza da
Comisión de
Seguimento tivo
lugar como
consecuencia de
que CIG-Saúde
lle demandara a
súa realización
ao SERGAS,
diante da
situación de
paralización da
maioría dos
plans funcionais
dos servizos de
urxencias dos
hospitais, que o
acordo
establecía que
se tiñan que
realizar.
Paralelamente,
existe un
profundo cabreo
entre os MUH
polo manifesto
incumprimento do
acordo por parte
de moitas
xerencias e pola
racanería, con
poucas
excepcións, coa
que estas están
aplicado o
acordo nos
hospitais.
Mais Información
11/11/2008 |
|
A COMISIÓN DE
SEGUIMENTO DO
ACORDO DE
MÉDICOS DE
URXENCIAS
HOSPITALARIAS
celebrará a súa
próxima xuntanza
nos próximos
días,
posibelmente o
luns día
10/11/2008.
A xuntanza terá
lugar en
resposta ás
xestións
realizadas pola
Secretaria Xeral
de CIG-Saúde,
quen lle
demandou ao
SERGAS a urxente
convocatoria da
Comisión. |
|
A paralización e
mal cumprimento
do Acordo
asinado hai 1
ano, está
ocasionando
múltiples
problemas na
maioría dos
servizos de
urxencias dos
hospitais que,
por outra banda,
están metidos
nunha dinámica
na que cada vez
é menor o
atractivo que
teñen para que
os profesionais
acepten
traballar nestes
servizos, o que
se concreta
nunha crecente
tendencia dos
médicos a
abandonar as
urxencias
hospitalarias
por outros
postos de
traballo máis
atractivos.
Acelerar o
cumprimento do
acordo, acabando
coas actitudes
rácanas da
maioría das
xerencias na súa
aplicación, é
unha necesidade
imperiosa para
uns profesionais
que cada vez
están máis
fartos de aturar
unhas condicións
laborais
manifestamente
mellorábeis e
que teñen moi
claro que non
poden seguir así
e que, de ser
necesario,
recorrerán as
mobilizacións
precisas para
melloralas.
|
|
NOVAS
ANTERIORES |
O 23/04/2007
publicase
no DOG a
resolucións
cos ACORDOS
asinados en
Mesa
Sectorial,
sobre:
Regulación
da xornada,
retribucións
e condicións
de traballo
do persoal
médico de
urxencias
hospitalarias
do SERGAS.
 |
|
ASINADO, O
02/03/2007, O
ACORDO SOBRE AS
CONDICIÓNS
LABORAIS E
RETRIBUTIVAS DOS
MÉDICOS DE
URXENCIAS DOS
HOSPITAIS DO
SERGAS.
|
|
Os
profesionais de
Urxencias en
Galicia ven
reguladas
e
homoxeneizadas
as suas
específicas
condiciones de
traballo, con
xornada
ordinaria
e
complementos
económicos
propios.
El Médico
Interactivo,
03/02/2007.
Xoán Cons,
Secretario Xeral
de CIG-Saúde,
destacou que o
día era
“especialmente
feliz, poucas
veces temos a
oportunidade de
dar forma a un
acordo que vai
máis aló de
regular aspectos
laborais e
retributivos.
Unha das
asignaturas
pendentes dos
sistemas
sanitarios é
superar xestións
e políticas que
non defendan
intereses
particulares e
parcheen
situacións. Con
este acordo
ponse orde nun
sector tan
paradigmático, o
acceso ao
sistema e, aínda
que facer
entender este
cambio é algo
difícil, cremos
que contribúe a
dotar ao sistema
dunha maior
organización do
traballo en
Urxencias. Aínda
que non se
solucionan todos
os males: hai
que seguir
traballando para
aproveitar a
gran
oportunidade que
supón”, dixo. |
Texto do Acordo
sobre as
Condicións
Laborais e
Retributivas dos
Médicos de
Urxencias
Hospitalarias,
asinado o 02/03/2007.
 |
Publicadas as listas PROVISIONAIS
automáticas de
médicos de
urxencias
hospitalarias da
convocatoria de
outubro de 2006.
07/02/2007
 |
|
Os Médicos de
Urxencias
Hospitalarias
mobilízanse
diante da
sobrecarga de
traballo:
Todos os médicos
de Urxencias
do CHOP
piden a dimisión
da dirección e a
xerente. A
falta de persoal
e a sobrecarga
de traballo
obrígalles a
xornadas de ata
14 horas.
La Voz de
Galicia
31/01/2007
Persoal do
Canalejo
maniféstase pola
mellora da
atención urxente
Os
sindicatos
reclaman
incremento de
persoal e
ampliación das
instalacións.
La Voz de
Galicia
25/01/2007 |
Todos os médicos
de Urxencias
do CHOP
piden a dimisión
da dirección e a
xerente. A
falta de persoal
e a sobrecarga
de traballo
obrígalles a
xornadas de ata
14 horas.
La Voz de
Galicia
31/01/2007 |
Persoal do
Canalejo
maniféstase pola
mellora da
atención urxente
Os
sindicatos
reclaman
incremento de
persoal e
ampliación das
instalacións.
La Voz de
Galicia
25/01/2007 |
|
Na Mesa
Sectorial do
20/12/2006,
REMATOU A
NEGOCIACIÓN DO
“ACORDO SOBRE
XORNADA,
RETRIBUCIÓNS, E
CONDICIÓNS DE
TRABALLO DOS
MÉDICOS DE
URXENCIAS
HOSPITALARIAS DO
SERGAS”. O
acordo será
asinado por
todos os
sindicatos con
representación
na Mesa
Sectorial.
21/12/2006
Na Mesa
Sectorial do
20/12/2006
pechouse
definitivamente
a negociación do
acordo sobre
condicións de
traballo dos
médicos de
urxencias dos
hospitais. No
texto definitivo
inclúense
algunhas
modificacións
sobre a
redacción do
texto anterior,
nas que se
definen mellor
diferentes
aspectos. Tamén
se acordou un
“Acta
Complementaria”
con criterios de
aplicación do
Acordo. Todos os
sindicatos da
Mesa Sectorial
subscriben os
textos
acordados.
Alén das
cuestións de
estricta mellora
da redacción,
pode destacarse
a introdución,
como aclaracións
relevantes, dos
seguintes
aspectos:
▪
mantense
o dereito á
prorrata de
atención
continuada en
caso de IT
▪
nas
noites de
domingos e
festivos
cóbranse os dous
pluses,
nocturnidade e
festividade
▪
o turno
fixo a efectos
da non
percepción da
turnicidade é o
traballo
exclusivo de
mañá ou o
traballo
exclusivo de
tarde
▪
os plans
funcionais terán
que pasar todos
pola comisión de
seguimento
▪
a
exención de
turnos nocturnos
non implica
pasar á xornada
de 1624 horas.
O SERGAS quedou
en enviar o
texto definitivo
con todas as
modificacións
acordadas O acto
formal de
sinatura do
acordo aínda non
ten data. En
canto dispoñamos
do texto
definitivo
difundirémolo
nas webs de
CIG-Saúde.. |
|
Desconvocada a
folga de
Urxencias
Hospitalarias.
A grande maioría
dos médicos de
urxencias dos
hospitais
galegos rexeitan
as posicións
defendidas pola
“Plataforma” e
por OMEGA.
Diante desta
evidencia, esta
última
organización,
que carece da
representación
mínima para
estar na Mesa
Sectorial,
desconvocou a
folga que tiña
convocado para
os días 11, 12 e
13 de decembro.
11/12/2006 |
|
El Grupo de
Trabajo de
Urgencias
Hospitalarias
del Colegio
Médico de
Pontevedra, en
contra de la
huelga prevista
para el mes de
diciembre.
El Médico
Interactivo,
08/12/2006.
Nota de Prensa
do SERGAS sobre
a
desconvocatoria

Texto aparecido,
como carta
“Cartas aos
Lectores”, no
Diario Médico do
5/12/2006, no
que 2 médicos de
urxencias dos
hospitais do
Salnés e
Barbanza,
critican a folga
que finalmente
quedou en nada.
 |
ULTIMO
BORRADOR
PARA O
ACORDO SOBRE
URXENCIAS
HOSPITALARIAS
PRESENTADO
POLO SERGAS
NA MESA
SECTORIAL DO
01/12/2006
O
novo texto
 |
|
O SERGAS
ENTREGA UN
NOVO TEXTO
PARA O
ACORDO SOBRE
URXENCIAS
HOSPITALARIAS.
23/11/2006.

O novo texto incorpora modificacións respecto da versión anterior do
21/11/2006,
entre elas
moitas das
demandas
formuladas
por
CIG-Saúde,
na xuntanza
da Mesa
Sectorial do
21/11/2006,
como temas a
resolver
para poder
asinar o
acordo.
Entre as
principais
NOVIDADES
do novo
texto
figuran:
-
Novo valor da hora ordinaria: 25,5 euros (en lugar de 23,5)
-
Complemento de nocturnidade: ata as 08 horas (en lugar de ata
as 07)
-
Sesións clínicas: computan como xornada (non se dicía nada)
-
Xefaturas: persoal de urxencias, mérito preferente (non se
dicía nada)
-
Maiores 55: “reducirá” a xornada en horario nocturno (en lugar
de
“procurarase
reducir”)
-
Mobilidade:
elaborar na
comisión de
seguimento
medidas
futuras de
mobilidade
voluntaria a
outras
unidades |
|
Avaliación de CIG-Saúde da situación da negociación sobre as
condicións
de traballo
dos médicos
de urxencias
hospitalarios,
despois da
xuntanza da
Mesa
Sectorial do
21/11/2006.

|
|
PRINCIPAIS
DEMANDAS DE
CIG-SAÚDE na
negociación
sobre as
condicións
laborais dos
médicos de
urxencias
hospitalarias:
1.
Regular
unhas
condicións
de
traballo
claras
e
adaptadas
ás
condicións
particulares
deste
colectivo.
2.
Mellorar
substancialmente
a
situación
dos
hospitais
con
peores
condicións
de
xornada
e
retributiva.
3.
Que
coa
nova
regulación
ningún
hospital
perdera
respecto
da
situación
actual.
|
Logo
de
varias
reunións
da
mesa,
a
primeiros
de
agosto
a
Administración
presentou
un
texto
de
proposta
de
acordo
,
que
será
discutido
na
Mesa
prevista
para
o
día
19 de
outubro.

|
Estas
son
as
posicións
que
CIG-Saúde
defenderá
sobre
o
citado
documento.
 |

|