AgM
Quén Somos
At. Primaria
At. Especializada
Outras
Áreas Sanitarias
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde

 

URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIAS

  Na longa reunión do día 08/03/2005 da mesa negociadora se lle deu forma final ao documento de regulación das prazas do novo modelo de urxencias e, tras das últimas modificacións introducidas foi suscrito por CIG e por todos os demáis sindicatos presentes na mesa.

Texto do Acordo  

Acta da reunión  

Nota de CIG-Saúde aos medios de comunicación

FIRMADO UN ACORDO CO SERGAS QUE ELIMINA OS CONTRATOS-LIXO EN ATENCIÓN PRIMARIA E CREA MÁIS DE 750 POSTOS DE TRABALLO FIXOS 

A CIG suscribiu onte un acordo co Sergas para regular a atención das urxencias extrahospitalarias, modificando o actual sistema baseado na realización obrigatoria de gardas e na precariedade da contratación de persoal por horas.  O acordo representa tres logros fundamentais:

  1. a constitución de 93 PACs como dispositivos específicos para atender as urxencias extrahospitalarias, dotados de persoal e prazas tamén específicas para esa función, que traballarán con carácter xeral a partir das 3 da tarde ata as 8 da mañán durante a semana e as 24 horas os domingos e festivos
  2. a eliminación dende abril dos contratos de reforzo (auténticos contratos-basura por horas, a un precio inferior á hora ordinaria, sen dereitos laborais) e a súa sustitución por prazas fixas de médicos e de enfermería de nova creación, nun número que estará entre as 750 e as 900 nos anos 2005 a 2007
  3. a eliminación das horas extras obrigatorias, xa que as gardas do persoal médico e de enfermería de primaria deixarán de ser obrigatorias e pasan a ser voluntarias.

Con este acordo se culmina máis dun ano de negociación e se consigue unha vella reivindicación de rematar coa precariedade en atención primaria, sendo así Galicia a primeira Comunidade Autónoma de todo o sistema público de saúde que elimina a utilización do contrato de reforzo. 

Igualmente, consolida o dereito dos médicos e da enfermería de primaria a non realizar excesos de xornada laboral de forma obrigatoria, aspiración que xa dera lugar a un longo conflicto en primaria no ano 99 e que agora por fín faise realidade. 

Ademáis, erradica definitivamente as propostas máis temidas e máis contestadas realizadas pola Consellería e polo Sergas neste ano e medio: primeiro co proxecto de subcontratar as urxencias e o seu persoal co 061, e despóis coa pretensión de pechar os actuais PACs (Puntos de Atención Continuada) entre as 3 da tarde e as 10 da noite e obrigando ao persoal das consultas ordinarias a facerse cargo tamén de todas as urxencias en horario de tarde.  Esta última proposta motivara a convocatoria de mobilizacións por parte de CIG-Saúde nos meses de xaneiro e febreiro, ata que foi finalmente retirada da mesa negociadora. 

Este acordo, suscrito ademáis por todos os sindicatos representados na mesa negociadora, é un éxito da firmeza das ideas que viñemos defendendo nestes anos sobre a organización da atención das urxencias en atención primaria basada na creación de dispositivos e de persoal específico para esa actividade asistencial, e derroga a regulación básica que sobre este tema estaba vixente dende o ano 95 (a través do decreto 172/1995, de urxencias extrahospitalarias). 

Vigo, a 9 de marzo de 2005 

Asdo/ Xoán Cons

Secretario Xeral CIG-Saúde

 

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org