|
ASISTENTES:
Pola
Administración:
- Yolanda
Lesmes Romero
Subdirectora Xeral de Relacións
Laborais,
Recursos e Reclamacións
- Ana
Comesaña Álvarez
Xefa do
Servicio de Relacións Laborais
Polas
Organizacións Sindicais:
CIG
Xan Cons
Pintos / Víctor Vila López / Carmen Giraut Forjan / Enrique
Márquez Cortizo.
CCOO
Juan
Miguel Antelo / Purificación
Paradela
Rodríguez / Eva Aladriz
Arias / Mª
Luisa Prieto Sarmiento
CESMSATSE
José
Manuel Blanco Docanto /
Carmen
Garcia Rivas / Santiago
Rivas
Fraga
UXT
Delia
Irene Martínez Conde / Jorge
Quíntana
Mirón.
CSI-CSIF
Carlos
Cancela Rodríguez / Manuel
González
Vázquez / José A. Méndez
Fernández
/ José A. Lamelas García |
En Santiago de Compostela a 13 e 19 de abril
de 2004, reunidos os representantes da administración sanitaria e
das organizacións sindicais que asinaron o Pacto de urxencias
extra hospitalarias e que se detallan no marxe, co obxecto de
debater a
controversia xurdida coa puntuación
adicional a incluír no baremo de selección temporal que se negocia
na mesa sectorial, acórdase o seguinte:
1º.- Que as posicións de cada unha das
partes negociadoras nesta materia son diverxentes. Con obxecto de
encontrar o tradicional consenso na materia xeral de selección
temporal, todas as partes manifestan a necesidade de realizar un
esforzo para acadalo. Con esta premisa se recollen en acta as
posicións das partes.
2º.- De acordo co anterior e trala
negociación, a proposta a remitir á mesa se recolle como anexo.
Unha vez asinada a acta, a administración remitirá o texto á mesa
sectorial.
3º.- Se da por rematada a negociación en
sede da Comisión de seguimento do pacto de urxencias
extrahospitalarias, co obxecto de tratar a materia completa de
selección temporal en sede de mesa sectorial.
Como documento previo á presente reunión
elaborouse un texto coas propostas da administración adaptadas ás
distintas propostas da parte sindical nas reunións previas.
|
Neste día faise
entrega dunha nova proposta de selección temporal no ámbito
das urxencias
extra hospitalarias que trae a súa causa no Pacto de urxencias
extra
hospitalarias e na acta subscrita por tódalas organizacións sindicais en
data 20 de
febreiro de 2004. Se entregan na reunión os baremos de persoal de
enfermería e
médicos de familia, recollendo a puntuación adicional.
Recóllese
seguidamente as alegacións referidas á puntuación adicional das
organizacións
sindicais, polo seu orde de exposición.
Por último, se
recollen as consideracións da administración e a súa proposta
definitiva nun
documento anexo.
Polo
representante da organización sindical CIG :
1º.- Mostra o
seu desacordo co peso do porcentaxe da puntuación adicional
pola prestación
en urxencias extrahospitalarias sobre o baremo total en
enfermería
(punto VII do baremo de enfermería ). Valórase como
substancialmente
inferior ó porcentaxe utilizado no baremo de médicos,
entendendo como
insuficiente a puntuación outorgada á puntuación adicional
ou especial de
urxencias extra hospitalarias.
2º.- Piden a
retirada do recollido no apartado B dos puntos IX e VII dos
baremos de
persoal médico e de enfermería respectivamente, incluídos nos
apartados de
puntuación especial ou adicional, que premian a prestación do
persoal de cadro
de persoal con opción voluntaria. Entenden que esta
valoración non
responde ó acordado na acta de 20 de febreiro.
3º.- A
puntuación da dispoñibilidade será admitida sempre que se presente un
documento que
determine a situación existente a día de hoxe en canto a
dispoñibilidade
efectiva acreditable.
A representante
da organización sindical UXT:
1º.-
Propón eliminar o apartado B do punto IX do
baremo de persoal médico
incluído no
apartado de puntuación especial ou adicional de urxencias
extrahospitalarias. No seu defecto que o porcentaxe sobre a puntuación
adicional de
urxencias do citado apartado B se reduza ata a proporción dun
20 % sobre a
puntuación do apartado A, que non se manteña, por tanto, a
porcentaxe
proposta do 50% que vacía de contido a puntuación adicional pola
prestación
específica de atención continuada en urxencias extrahospitlarias.
2º.- En
enfermería propón eliminar o apartado B do punto VII, e manifesta o
desacordo coa
puntuación do apartado A do punto VII por insuficiente e
representar unha
porcentaxe sobre o total do baremo moi diferente á de
médicos.
3º.- A súa
posición final está condicionada á globalidade do Pacto de
contratacións, é
sinaladamente á verificación da acreditación da dispoñibilidade
efectiva
constatada e, no apartado VII, ó cómputo fraccionado en meses e a
data de
efectividdade de dito cómputo.
Pola
representante da organización CCOO:
1º.-
Con respecto ós Baremos manifesta que, non sería
asumida unha
puntuación
adicional superior a proposta para persoal de enfermería, a actual
podería ser
asumida por estar dentro dos marxes propostas por esa
organización. A
puntuación adicional para facultativos parécelles excesiva.
Solicita a
retirada do apartado B dos puntos IX e VII dos baremos de médicos e
enfermería e
manifesta que a súa posición final estará vinculada a negociación
do pacto de
contratacións, aínda que está de acordo en que esta proposta se
pase a devandita
mesa.
2º.-
En grandes liñas está de acordo coa proposta de
selección de persoal
temporal para as
vinculacións de urxencias extrahospitalarias.
Os
representantes de CEMSATSE alegan o seguinte :
1º.- Están en
desacordo de forma xeral co apartado VII de enfermería no que
se reflexa unha
puntuación diferenciada por prestación de urxencias
extrahospitalarias, polo trato diferenciado con outro persoal de
enfermería.
Abondando co
criterio mantido están en desacordo co punto B do apartado VII.
2º.- Están de
acordo cos apartados A e B do punto IX do baremo de médicos
e co porcentaxe
que supón, pero están a expensas da posición da maioría
neste tema.
Mostrarán a súa
opinión definitiva á vista do que se traslade o texto do
acordado ó Pacto
de selección temporal.
O representante
de CSIF:
1º.- Coinciden
co resto das organizacións sindicais para que se elimine o
apartado B do
punto IX do baremo de médicos, está de acordo co resto.
2º.- Que se
elimine tamén o apartado B do punto VII de enfermería, por
considerar que é
discriminatorio coa inseguridade xurídica que eso xenera. A
puntuación de 4
no apartado A do punto VII de enfermería o consideran
insuficiente e
non o aceptan, piden que al menos se outorguen 6 puntos.
Por parte da
representante da administración se
realizan as seguintes
consideracións e
propostas:
1º. - Con
respecto ó apartado A da puntuación adicional de urxencias extra
hospitalarias en
enfermería:
Recórdase que no
baremo xeral, no último punto do apartado de experiencia
profesional,
establécese unha puntuación adicional por permanencia e
dispoñibilidade
en listados de curta duración de especializada e de primaria,
esta última se
concreta nas urxencias extra hospitalarias, que se engade a
adicional ou
especial en cuestión. polo que a prestación está suficientemente
valorada.
Argumenta que os
aspirantes das listas de enfermería prestan servicios
indistintamente
en dous niveis asistenciais, especializada e primaria, polo que
as
características de prestación son diferentes das listas de médicos de
familia, polo
que está xustificado un tratamento diferenciado. Os médicos de
familia prestan
servicios só en primaria, e a prestación en urxencias
extrahospitalarias polo sistema de listado especial se inicio no ano
1999,
sendo única
durante estes anos. Por esta razón para coberturas futuras das
urxencias
extrahospitalarias ten xustificada unha consideración diferente. En
enfermería hai
maior antigüidade en prestación de servicios por listados
especiais, hai
dous niveis de prestación, primaria e especializada e outras
alternativas de
prestación voluntaria. A presencia de méritos adicionais
xustificada no
modelo transitorio debe ser proporcionada co resto do baremo e
das
características xerais da lista. Tendo en conta o anterior os 4 puntos
adicionais por
urxencias son suficientes a axustados ó baremo xeral.
2º.- Oídas as
posición das organizacións sindicais contra o apartado B dos
puntos IX e VII
dos baremos de médicos e de enfermería a administración
quere facer
constar o seguinte:
A incorporación
da puntuación adicional para o acceso a postos de traballo en
urxencias
extrahospitalarias ten o seu baseamento na transitoriedade do
modelo pactado
no ano 1999, no que participaron voluntariamente os
profesionais das
listas e tamén do cadro de persoal, si ben dito colectivo non
está contemplado
na acta de 20 de febreiro de 2004. A introducción do
apartado B en
cuestión se produce por razóns de prudencia e coherencia coa
introducción
deste apartado no baremo. A puntuación dos apartados VII e IX
pode motivarse,
en opinión da administración, a favor dos que participaron no
modelo
transitorio do Pacto de urxencias, incluíndo dentro de eles os que
optaron
voluntariamente por facer gardas, ademais dos que prestaron servicios
en condicións de
traballo especiais e de dispoñibilidade, como son os
vinculados.
Tendo en conta a
diverxencia entre as partes negociadoras, e aras da
búsqueda dun
consenso nunha materia tradicionalmente pactada con todas as
organizacións da
mesa sectorial, a administración eliminaría o enfoque e o
apartado B dos
baremos citados, sempre que a parte sindical aceptará a
proposta de
puntuación adicional de enfermería e de médicos tal como se
formula na
proposta que consta no documento adxunto e debatida na comisión.
Por medio de
instruccións de desenvolvemento do pacto que se asine
aclararanse os
supostos nos que a garantía de cobertura de atención urxente
extra
hospitalaria, que servirá de base para o cálculo da puntuación adicional
de urxencias
extrahospitalarias nos apartados anteriormente reiterados, se
entenderá
interrompida, coa reducción da puntuación que corresponda. A regra
xeral será de
cómputo do período asignado e dispoñibilidade de prestación
polo período da
garantía, tendo presente os supostos de interrupción de dita
garantía por
acceder a nomeamentos de longa duración fóra do marco da
garantía citada
ou por cambio de nivel asistencial.
En conclusión,
elévase a presente acta e os documentos anexos sobre
selección de
persoal temporal no ámbito das urxencias extrahospitalarias á
Mesa sectorial e
de negociación do Pacto de selección de persoal estatutario
temporal nas
institucións sanitarias do Sergas, dando por concluída a
negociación no
seo da comisión de seguimento do pacto de urxencias
extrahospitalarias.
Ý
|