|
•
Na CP Ordinaria, para ter acceso a un novo
Grao, haberá que estar en cada Grao un mínimo 3
anos, sen excepcións para os que acadaron o Grao
previo mediante o Réxime Extraordinario.
•
Proponse unha nova periodización de servizos
prestados para poder optar a un Grao superior de CP.
Mentres que no Réxime Extraordinario se esixían 5,
7, 6 e 5 anos para poder a optar respectivamente aos
Grao I, II, III e IV; agora no Réxime Ordinario eses
tempos mínimos de servizos prestados pasan a ser de
5, 5, 6 e 7 anos.
•
Como consecuencia dos dous puntos previos,
son posíbeis situacións tan inxustas como que un
facultativo que no ano 2007 conseguiu o Grao II polo
Réxime Extraordinario, contando con 17 anos de
servizos prestados, deberá esperar até o ano 2010, e
ter 20 anos de servizos prestados, para poder
acceder ao Grao III polo Réxime Ordinario, ao que en
teoría se vai poder acceder con 16 anos de servizos
prestados. |
•
O Réxime Ordinario de CP, debe ter efectos
económicos desde o 01/07/2008, pois o único
responsábel de que non estea xa definido é a
administración.
•
Para o recoñecemento dos diferentes graos de
CP Ordinaria, teranse en conta a totalidade dos
servizos prestados con anterioridade, fixos ou
temporais, con rescate dos períodos de servizos
prestados excedentes dos computados nos sistemas
extraordinarios xa implantados.
•
Os profesionais que no momento da
implantación do Réxime Ordinario reúnan xa o
requisito dos anos esixibles para o acceso aos
diferentes graos, poderán solicitar o seu
recoñecemento sucesivo con periodicidade anual, a
partir do 01/07/08, sen esixencia por tanto dun
mínimo de permanencia en cada grao superior a un
ano. Chegado o caso, se o SERGAS non ten aínda
definido o sistema de avaliación definitiva,
utilizaranse os procedementos de avaliación vixentes
para o réxime extraordinario.
•
As solicitudes e o procedemento para o
recoñecemento de graos deberan ser abertos nos
prazos e permanentes na avaliación. Os profesionais
poderán presentar a súa solicitude a partir do día
seguinte a aquel no cumpran o requisito de anos
esixibles para cada grao, e o sistema avaliador
permitirá resolver avaliacións con periodicidade
trimestral ou cuatrimestral. Os efectos do
recoñecemento de grao serían así dende o día 1 do
mes seguinte ao da solicitude de avaliación. |
|
•
Para pasar de Grao, alén dos tempos mínimos
de servizos prestados (5, 5, 6 e 7 anos no caso dos
facultativos), deberán reunirse un nº mínimo de
créditos: 60 para acceder ao Grao !, 65 para o II,
70 para o Grao III e 75 para o Grao IV.
•
Para poder acceder a un novo Grao, será
necesario ter superado o 70% dos obxectivos do seu
servizo/unidade durante cada ano de permanencia no
Grao previo. Ademais, tamén será necesario ter
reunido un nº mínimo de créditos en cada unha das
tres áreas de avaliación: Área I (Actividade e
Competencia Asistencial), II (Formación Continuada,
Docencia e Investigación) e III (Implicación e
Compromiso coa Organización).
•
O documento enumera dun xeito xenérico e
confuso diversos aspectos a avaliar en cada Área,
sen referencias claras aos instrumentos de
avaliación nin a quen realizará a avaliación.
•
Na Área I, o 20% dos créditos correspondentes
avaliaranse mediante un informe do Directivo ou
Responsábel do Servizo ou Unidade, que utilizarán
cuestionarios estandarizados para esa avaliación.
Por outra banda na Área III, acadarase o 30% dos
créditos correspondentes cando un profesional ocupe
postos de especial dificultade técnica, dedicación
exclusiva, responsabilidade, incompatibilidade e
perigosidade ou penosidade.
•
Nada se di do xeito en que se avaliarán o 80%
restante dos créditos da Área I, a totalidade da
Área II, nin o 70% restante da Área III.
•
Malia que non está claro, pola
superficialidade coa que aborda o tema, semella que
o SERGAS pretende utilizar para a CP procedementos
de avaliación similares aos que até agora ben
utilizando para o CPV que, con algunha excepción, só
se poden cualificar de pouco serios. |
•
Para que o tamaño e as características do
centro no que traballan non dificulte
desproporcionadamente o acceso aos graos superiores
(por menor capacidade docente, investigadora, …), os
profesionais poderán acceder aos diferentes graos da
CP con diferentes combinacións de factores
avaliables,
•
A suma total dos créditos máximos acadábeis
por cada área de méritos debe sumar máis do 100% do
mínimo esixible en cada grao para poder cumprir con
ese principio xeral de accesibilidade; ademais, non
debe ser esixible por principio acadar un mínimo de
méritos en todas e cada unha das áreas e/ou ítems a
avaliar.
•
O sistema
avaliador debe ter altas doses de estabilidade, no
sentido de que os criterios de avaliación deben ser
coñecidos antes do inicio do período ao que se van
aplicar. Ademais, deben manterse no tempo, e só
parcialmente poden verse sometidos á definición
anual de obxectivos por parte da Administración.
Por outra banda, a determinación de obxectivos debe
modificarse para que se poda avaliar de xeito
diferenciado os obxectivos individuais dos
obxectivos colectivos ou de servizo.
•
A CP debe, fundamentalmente, recompensar o
esforzo individual dun profesional por mellorar e
actualizarse profesionalmente.
•
CP e
Produtividade Variábel deben diferenciarse
claramente, si ben pode considerarse aceptábel que a
Produtividade Variábel, asociada ao cumprimento dos
Obxectivos Asistenciais, sexa un compoñente da CP. A
Actividade Asistencial, é dicir os Obxectivos
Asistenciais ligados ao CPV, non debe sobordar un
peso correspondente ao 20% do total da Área I.
•
É preciso definir claramente cales van ser os
instrumentos usados para a avaliación das
Competencias Profesionais (o resto da área I), así
como da totalidade das Áreas II e III.
•
Para que os sistema de avaliación de CP teñan
credibilidade, é esencial que estea ben definido: 1)
o que se vai a avaliar, 2) como se vai avaliar
(metodoloxía de avaliación), e 3) quen vai facer as
avaliacións.
•
Para a xestión do sistema avaliador será útil
a existencia dunha dobre instancia a nivel central:
-
Un Comité de
Avaliación Central, encargado de velar pola
definición de criterios xerais e do seguimento do
proceso de avaliación e recoñecemento de graos. Terá
unha composición “corporativa”: Administración,
Sindicatos, Técnicos Avaliadores, e Sociedades
Científicas.
-
Unha Axencia de
Avaliación, que se encargue de todo o procedemento
avaliador material: formación de avaliadores
(revisión por pares), elaboración de cuestionarios
estandarizados, proposición de criterios ao Comité
de Avaliación, instrumentos de avaliación (portfolio,
...) proceso formal da avaliación, etc. Desa
Axencia, dependerían as Comisións de Avaliación dos
centros, con composición “técnica”: Técnicos
Avaliadores e Profesionais do Servizo avaliado |