AgM
Quén Somos
At. Primaria
At. Especializada
Outras
Áreas Sanitarias
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde

 

CARREIRA PROFESIONAL

    O día 25 de febreiro celebrouse unha nova reunión da mesa negociadora da carreira profesional, na que o Sergas presentou un novo texto que contén algunhas novidades importantes respecto da proposta anterior.

    No transcurso da negociación na Mesa o Sergas aceptou incorporar algunhas modificacións que presentará nun novo documento, que nos será remitido nos próximos días, que será o definitivo, e a próxima reunión será para firmar ou non ese documento.

 Así quedarían as cuestións máis relevantes: 

a)      durante este ano se abordará a negociación da carreira profesional definitiva, como compromiso de calendario que se incluirá na Acta Final da negociación 

b)      os anos totais quedan establecidos en 23, coa secuencia 5-7-6-5 

c)      as retribucións quedan establecidas en 3000 euros por grao, ata un total de 12000 no grao IV;

d)      para computar o tempo de servicios prestados, contarase todo o traballado en calquera institución do SNS (non só no Sergas); só quedarán exceptuados os períodos de formación da correspondente especialidade 

e)      unha comisión de “acreditación” central que se creará para supervisar a execución de todo o proceso terá competencia para resolver as solicitudes de persoas que non este en situación de activo, para permitir que en determinados supostos podan entrar na carreira inda que os efectos se retrasen ao momento da súa reincorporación 

f)       o Sergas prantexa definitivamente que a avaliación é indispensable tamén para este acceso extraordinario á CP, según informe da súa asesoría xurídica, anque coinciden en que hai que buscar que quede fóra o mínimo persoal posible; o mecanismo para conseguilo queda por determinar no documento final (neste o Sergas mantiña a mesma proposta anterior inda que rebaixando ao 75% por ano), pero as ideas perfiladas hoxe consistirían en: 

a.      establecer o umbral de cumprimento no 70% (queda por decidir si é un umbral anual ou promedio dos 5 anos)

b.      admitir completar porcentaxes inferiores con méritos vinculados á formación ou á docencia

c.      capacitar á comisión de “acreditación” central para interpretar e resolver os casos de cumprimento dos obxectivos por debaixo desa porcentaxe non debidos á vontade deliberada do profesional 

g)      o calendario de execución para cada colectivo queda como estaba 

h)      a integración funcional do persoal de cota e zona consistirá na igualación de xornada, horario e actividade asistencial, excluídos programas vinculados aos obxectivos (agás que a propia CPV se regule finalmente para eles), e se regulará esa situación mediante unha Orde da Consellería previamente negociada; o primeiro ano de integración funcional (o 2006) ten carácter de pre-grao, no que se perciben xa os 3000 euros do grao I, e este grao I se consolidaría si a finais dese ano se constata que a integración funcional é real 

i)        tamén este ano se garante a publicación do decreto de xerarquización, para que teñan acceso á CP os especialistas de cota.

 A espera do documento definitivo,

a opinión de todos é importante

 

 

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org