ATENCIÓN ESPECIALIZADA: COBRO DAS GARDAS NON PAGADAS DURANTE AS BAIXAS.

O SERGAS VAI PAGAR OS ATRASOS DESDE 2004, SEN EMBARGO O PROBLEMA SEGUE SEN RESOLVERSE A MEDIO E LONGO PRAZO.  04/03/2007.  

CIG-Saúde inicia unha campaña para esixirlle ao SERGAS que cumpra co establecido na súa Circular 18/2004, e pague a débeda que ten cos facultativos aos que lles debe o prorrateo de gardas durante as baixas. 19/11/2006

  • De acordo coa Circular 18/2004, sobre “Aboamento das gardas deixadas de percibir polo persoal facultativo especialista de atención especializada en caso de incapacidade temporal, maternidade ou risco por embarazo”, os facultativ@s hospitalarios de baixa por IT (>1 mes), maternidade ou risco de embarazo, teñen dereito a cobrar o prorrateo das gardas que deixaron de facer durante a baixa. No caso das baixas por IT existe un período de franquicia, e só se ten dereito a cobrar o prorrateo de gardas se a baixa durou máis de 1 mes.
  • Inmediatamente despois de publicada a Circular, hai máis de 2 anos, o SERGAS cancelou as débedas que tiña até entón e, desde ese momento, xa non volveu a pagar máis.
  • Un problema interno da administración, foi a inxustificábel “xustificación” que o SERGAS lle deu ao noso sindicato cando lle recriminamos que non se lles pagase o que se lles debe aos, seica, máis de 200 facultativos dos hospitais galegos que están nesta situación. Segundo nos informaron, existe unha discrepancia entre o SERGAS e a Consellería de Economía sobre se é adecuado ou non o concepto polo que, na Circular, figura que se fai o aboamento (Acción Social).
  • Nesta situación, tentar arreglar o problema a nivel individual e local, esixíndolle á respectiva xerencia que pague, é unha vía condenado ao fracaso .

Nesta situación desde CIG-Saúde decidimos tomar as seguintes iniciativas:

  • Vamos volver a reclamarlle ao SERGAS que debe pagar o que lles debe aos seus propios traballadores, e isto tanto na Mesa Sectorial como fora dela.
  • Vamos continuar coa recollida de sinaturas de facultativos afectados, que xa iniciamos.
  • Se estas dúas medidas non dan resultado presentaremos a demanda xudicial correspondente, na total seguridade de gañala, pois existe unha norma escrita que está vixente sobre o tema, e existe xa algunha sentencia condenando ao SERGAS a pagar.

SE CREES QUE O PROBLEMA TE AFECTA, OU SE QUERES MÁIS INFORMACIÓN ponte en contacto con nos.  

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org