|
|
|
|
|
|
|
Profesionais do CHOP "enturbian" unha conferencia do Subsecretario do Ministerio de Sanidade (19/12/2003). Rafael Perez Santamarina, actual Subsecretario do Ministerio de Sanidade, foi durante moitos anos Xerente do Hospital Montecelo e, previamente ao seu actual cargo, Xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) O venres, 19 de decenbro de 2003, impartíu no Salón de Actos do Hospital Montecelo unha conferencia sobre a Ley de Ordenación de Profesións Santiarias (LOPS). Cando comezou o acto, representante dos sindicatos (CIG, SATSE, ...) desplegaron diversas pancartas esixindo solución ao problema das inadecuadas instalacións e recursos nas urxencia do CHOP así como inversións no Complexo; unha das pancartas dicía, en relación ao tema da conferencia "Menos leria e máis inversións. Sanidade Pública". Cando o Subsecretario afirmou que en Madrid estaban sorprendidos co ben que facían as cousas os xestores da sanidade galega, os representantes dos sindicatos, para mostra o seu desacordo, comezaron a aplaudir e abandonaron o Salón de Actos Ao final do acto, en nome da Asemblea de Médicos do Hospital Montecelo, unha anestesista expresoulle ao Subsecretario o profundo malestar dos médicos do CHOP coa actual situación de deterioro das condicións de traballo dos médicos e coa falta de inversións na sanidade pública pontevedresa. |
© Asociación Galega d@s Médic@s webmaster@agmedicos.org