AGM
Quén somos
Porqué nacemos
At. Primaria
At. Especializada
Areas Sanitarias
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde
 

Coordinadora de Urxencias

Convocatoria de xuntanza  nº 2 de 2004

 

Os ACORDOS da xuntanza do día 12 de febreiro foron os seguintes.

 1.      Enviar un comunicado de prensa no que se pida o cumprimento do Acordo de 1999 e, ao mesmo tempo, se resalte como imprescindible lograr contratos dignos para o persoal vinculado: Estables, Estatutarios, Retribucións igual que o resto do persoal e con promoción interna (baremación preferencial) para acceso a prazas de atención primaria.

 2.      Manter operativa a Coordinadora ata o cumprimento do Acordo de 1999. 

3.      Enviar unha carta aos sindicatos expresando estas opinións e convidandoos á seguinte xuntanza.

 4.      Solicitar unha reunón co Director de Recursos Humanos 

 5.      Fíxase a data da seguinte xuntanza da Coordinadora para o martes 2 de marzo,    ás 18 horas, no Hotel Husa Santiago Apóstol, en Santiago.

 

Despois do preacordo sindical asinado o 20 de febreiro de 2004, é necesario facer unha reflexión do que quere dicir este acordo, das partes que faltan por negociar, dos ritmos e os compromisos.

 É importante a asistencia de todos e a presenza dos sindicatos para ter información de primeira man, e poder buscar a unidade de todos os posibles afectados pola nova ordenación das urxencias, que somos todos.

  

ORDE DO DÍA

 Data: 2 de marzo, ás 18 horas

 Lugar: Hotel Husa Santiago Apóstol, na estrada de Lugo. Santiago (no lugar onde sempre se fixeron as reunións da coordinadora)

 

      1.  Información sobre o cumprimento dos acordos da anterior xuntanza


2.  Información e opinión dos sindicatos


3.  Estratexia a seguir. ¿podemos definir puntos comúns a todos os afectados? ¿é necesario facer mobilizacións ou compre esperar ao desenvolvemento das negociacións na mesa sectorial?
 
 

 

Para dúbidas, chamar a Moncho Veras: 696394788 ou rverasc@mundo-r.com

 

Ý

© Asociación Galega d@s Médicos                                                                                                              webmaster@agmedicos.org