|
||||||||||||
|
Coordinadora de Urxencias Convocatoria de xuntanza nº 2 de 2004. 2 de marzo |
||||||||||||
|
Asisten á xuntanza CIG, CCOO e CESM (CSIF e SATSE confirmaron asistencia pero despois non estiveron e UGT disculpou a súa asistencia por ter unha xuntanza de todo o día do seu órgano de dirección galego) e representantes (veñen de Ourense, Pontevedra e Vigo) da recientemente constituída Coordinadora de Urxencias Extrahospitalarias, que agrupa a persoal vinculado de Galicia. 1. Información sobre o cumprimento dos acordos da anterior xuntanza - Entrégase o comunicado de prensa remitido o día 16 de febreiro; - contáctase cos sindicatos da mesa sectorial por correo electrónico para pedirlles que asistan á xuntanza de hoxe; - o Director Xeral de Asistencia Sanitaria contacta coa Coordinadora para comunicarnos a intención do SERGAS de cumprir cos Acordos de 1999; - e, tal como se falara na xuntanza anterior, ábrese unha conta corriente en Caixa Galicia a nome de José Luis Muñoz e Ramón Veras onde se depositan os cartos da Coordinadora. O nº da conta é 2091-0041-77-3040015533 e, actualmente hai un saldo, despois de descontar os gastos de aluguer do salón das dúas reunións, de 2.286,54 euros. 2. Información e opinión dos sindicatos e persoal vinculado - CIG (Xoán Cons e Víctor Vila) Consideran positivo do preacordo sindical a estabilidade das prazas que se van crear, o réxime xurídico estatutario e que o SERGAS é a primeira vez, desde hai anos, que inicia unha nova organización ou entidade de xestión sen ser fundación. Por outra banda, hai tres aspectos que se descoñecen, sen os cales pensan que é difícil coñecer o modelo de urxencias. As preguntas que se fan son: ¿Cal vai ser a organización de traballo das Unidades xa que necesariamente terá que cambiar?. ¿Cal vai ser o horario dos PAC? Isto afecta ás Unidades de Tarde e á calidade e cantidade de traballo de todos. A CIG aposta porque os dispositivos funcionen sempre e ,en todo caso, desde as 15 horas. E, en terceiro lugar, ¿como vai ser a voluntariedade? ¿Sempre ou por un tempo limitado? Parece que o SERGAS aposta porque sexa incondicionada. A Consellería xa se dirixíu aos sindicatos cunha proposta de xuntanzas de aquí a maio co obxectivo de ter todo negociado para xullo. A CIG considera que hai cousas que non hai que volver a discutir como o carácter estatutario e estable das novas prazas de urxencias ou que a partir do 1 de decembro ninguén fará gardas de modo obrigatorio. - CCOO (Juan Antelo) Comparte o exposto por CIG e manifesta dúbidas sobre como vai ser a Voluntariedade, considerando que debe controlarse, e preocupación por se as novas prazas non acabarán creando un persoal de segunda categoría. Considera que o SERGAS non ten claro o modelo de urxencias e informa que hai varias tendencias na Consellería. Mantén desacordo coas retribucións xa que este persoal non cobra todo o complemento específico. - CESM (Blanco Docanto, Aldo Huri) Comparten os outros comentarios. Tampouco ven claro o novo modelo de urxencias e expresan a súa preocupación pola organización das unidades de tarde, do horario dos PAC e porque o SERGAS intente cambiar PAC de presenza física, que actualmente reciben pouca demanda, a PAC co persoal localizado. - Persoal vinculado (Jorge Quintana, Manuel González, Enrique Márquez) Constituíronse, o día anterior a esta xuntanza, en Coordinadora de Urxencias Extrahospitalarias, e queren aglutinar os intereses de todo o persoal vinculado (médico e de enfermería) de Galicia. Aínda que se organizan, consideran interlocutores válidos para o diálogo coa administración aos sindicatos. A súa maior preocupación neste momento é o acceso a estas novas prazas de urxencias. Pensan que se debe valorar de modo importante a dispoñibilidade (e non só o nº de horas de garda realizadas ao haber diferentes posiblidades nos PAC) que tiveron eles a realizar gardas, de xeito que non quede ninguén fóra. Opinan que a vinculación destes anos debe contar de modo importante para acceder a estas prazas aínda que están de acordo en que é necesario buscar criterios que permitan o acceso do persoal da lista de vinculados e da lista xeral de contratacións. Expresan a súa preocupación sobre todo por enfermería (hai moita xente non vinculada) e pola posible chegada de xente doutras CCAA. - Celso Sánchez, en representación dun colectivo de médicos titulares, opina que se debe contemplar a voluntariedade para todo o mundo (ou sexa, tamén para os titulares e os de cupo) e que hai modos de contemplar as retribucións por urxencias para este persoal. 3. Estratexia a seguir. Opínase que se esperará ás negociacións da mesa sectorial, e que se debe manter en observación todo o proceso, por se fose necesario realizar mobilizacións para garantir os acordos.
Para dúbidas, chamar a Moncho Veras: 696394788 (rverasc@mundo-r.com), ou a Xulio Castañal 680427374 (xuliocastanhal@hotmail.com).
|
© Asociación Galega d@s Médicos webmaster@agmedicos.org