Xuntanzas das Coordinadoras de Facultativos coa nova dirección do SERGAS (10/10/2005)

Desde algunhas Coordinadoras de Facultativos de Hospitais téntase abrir unha vía de diálogo entre os facultativos e a nova dirección do SERGAS. O nomeamento do até hai pouco tempo portavoz da Coordinadora de Ourense, Chechu Jimenez, como novo Xerente do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), semella reflectir unha actitude positiva dos novos dirixentes da sanidade pública galega cara o movemento de coordinadoras de facultativos de hospitais. Por este motivo, algunhas Coordinadoras, solicitaron entrevistarse cos novos directivos do SERGAS. O obxectivo destas xuntanzas é que, a nova administración sanitaria, coñeza de primeira man as opinións dos facultativos dos hospitais e estableza un diálogo permanente con eles, o que sen dúbida axudará a que os cambios que pretenden realizar nos hospitais galegos se fagan contando cos facultativos e non, como até agora, de costas a eles. A Coordinadora de Pontevedra tivo unha xuntanza o 7 de outubro e a Coordinadora de Ferrol o luns, 10 de outubro.

FERROL

O luns 10/10/2005 tivo lugar unha xuntanza, en Santiago, entre unha representación da Coordinadora de Facultativos do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos e a Dirección do SERGAS, representada polo seu Secretario Xeral, Dr. Antolín Rodriguez, e o Director Xeral de Asistencia Sanitaria Dr. Vaamonde García. Na xuntanza abordáronse diversos temas e os representantes da Coordinadora entregáronlle, aos responsabeis do SERGAS o documento

  A problemática Asistencial e os déficits históricos da Área Sanitaria de Ferrol e do Hospital A. Marcide-Novoa Santos.  

 

PONTEVEDRA

No Hospital Montecelo, o 07/10/2005, tivo lugar unha xuntanza entre o Secretario Xeral do SERGAS, Dr. Antolín Rodriguez, e unha representación da Coorinadora de Facultativos do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP). O martes, 11 de outubro, todos os facultativos do Complexo Hospitalario recibiron unha mensaxe electrónica, remitida por lo Dr. Ismael Arán, no nome da Coordinadora de Facultativos, que levaba adxuntos os dous seguintes documentos:

  "Os facultativos e o futuro do CHOP":  Documento aprobado, na última semana do mes de setembro, nas Asembleas de Facultativos dos Hospitais do CHOP, a proposta da Coordinadora de Facultativos, para serlle entregado a nova dirección do SERGAS na entrevista que esta iba ter coa Coordinadora. 

"Resumo da xuntanza entre o Secretario Xeral do SERGAS e a Coordinadora de Facultativos do CHOP". 

 

Coordinadora Galega de Facultativos de Hospitais (CGFH)

NOVAS
DOCUMENTOS

Na súa xuntanza do 17/11/2004 a Coordinadora Galega de Facultativos dos Hospitais (CGFH) acordou:

Aprobar a proposta de “Puntos Básicos da Carreira Profesional

(CP) dos facultativos do SERGAS”  .

Convocar aos sindicatos a unha xuntanza conxunta para estudiar

a posibilidade de actuacións comúns sobre a Carreira Profesional

(ver resumo da xuntanza) 

  Pontevedra: Los médicos califican la situación sanitaria local como insostenible. (Voz de Galicia, 9/07/2004, Ed. Pontevedra).

  Ourese: Médicos del CHOU piden al gerente que cierren menos camas en verano. (Faro de Vigo, 9/07/2004, Ed. Ourense)

  Rolda de Prensa da Coordinadora de Facultativos do CHOP: Os médicos acusan ao Sergas de trivializar o incendio do arquivo. (La Voz de Galicia: 18/06/2004, Ed.Pontevedra).

  Rolda de Prensa da Coordinadora de Médicos do CHOP: Os médicos calculan 10 años para poñer ao día as Historias Clínicas do CHOP.  (Faro de Vigo, 18/06/2004) 

  Trinta operacións suspendidas na primeira semana.

(La Voz de Galicia: 18/06/2004, Ed.Pontevedra).

  Galicia: Médicos de hospitais non confían no fin da OPE. (Diario Médico: 16-06-04).

  A Coordinadora Galega de Facultativos de Hospitais esixe que a OPE finalice no outono de este mesmo ano. (Diario Médico: 10-06-04).

  Ferrol: Más de cien facultativos del hospital exigen mejorar la calidad asistencial. (La Voz de Galicia: 27-05-04, Ed. de Ferrol).

  A Coordinadora Galega de Facultativos de Hospitais convoca unha concentración de protesta, para o 9 de xuño, para esixir a rápida resolución da OPE. (El Medico Interactivo: 26/05/2004)

   Facultativos crean unha coordinadora para lograr "dignificar os hospitais''. (El Correo Gallego: 26/05/2004)

    Médicos galegos crean a coordinadora de hospitais. (Diario Médico: 26/05/2004)

  Más de cien facultativos del hospital exigen mejorar la calidad asistencial.  (La Voz de Galicia: 27-05-04, Ed. de Ferrol).

  Facultativos ferroláns apoian a mobilización de médicos galegos.

(La Voz de Galicia;  Ed. de Ferrol: 26/05/2004)

Pontevedra: Os médicos se coordinarán para reclamar melloras a Sanidade.  (La Voz de Galicia, Edición de Pontevedra,  26/05/2004)

  Médicos dos hospitais galegos promoven coordinadoras para esixir melloras ao Sergas.  (La Voz de Galicia, Edición de Santiago,  25/05/2004)

Médicos do Marcide crean unha coordinadora para loitar por mellorar a sanidade pública. (La Voz de Galicia;  Ed. de Ferrol: 22/05/2004)

  Crean unha coordinadora en defensa dunha xestión sanitária de calidade. (Diario de Ferrol, 22/05/2004)  

  A Asemblea de Médicos do CHOU decide reiniciar as movilizacións. (La Voz de Galicia: Venres, 23-4-04 (Ed. de Ourense) 

   A Coordinadora de Ourense convoca ás demais Coordinadoras de Médicos dos Hospitais a unha xuntanza en Santiago o 11 de maio, no Colexio de Médicos, e lles dirixe unha "Carta Aberta"(22/04/2004)

  As Coordinadoras de Médicos de Hospitais piden espacio para as súas reivindicacións laboráis e profesionais no debate sobre a Sanidade galega. (El Médico interactivo, 04/03/2004)

Texto de Presentación

da CGFH (11/05/2004)  

Manifesto de Constitución

da CGFH (11/05/2004)  

Resumo da xuntanza do 17/11/2004 da Coordinadora Galega de Facultativos

dos Hospitais (CGFH)  

Proposta de “Puntos Básicos da Carreira Profesional (CP)

dos facultativos do SERGAS”

Novembro 2004 

 

“Contra o peche de camas e pola substitución dos facultativos hospitalarios durante el verán”.

Comunicado da Coordinadora Galega de Facultativos de Hospitais (CGFH). Xullo 2004.

 

Declaración de los facultativos especialistas que trabajan en el Complexo Hospitalario Xeral–Calde de Lugo

(18/07/2004) 

 

A OPE dos facultativos interinos dos Hospitais do SERGAS.

Nota de Prensa da Coordinadora do CHOP, informando das concentracións do día 9-6-204 esixindo a finalización da OPE.

 

Comunicado da Asemblea de Facultativos do CHOP do día 2/06/2004,

aprobado a proposta da Coordinadora de Facultativos do CHOP

 

Carta abierta al resto de hospitales de Galicia desde la Coordinadora de Médicos del CHOU 

(Ourense 19/04/2004)     

 

Carta Aberta aos Médicos Hospitalarios de Galicia

(Ourense, 15/11/2003)

Ý

 © Agrupación  Médica de CIG-Saúde

    webmaster@agmedica.org