|

En
resposta ás medidas aprobadas no Plan de Mellora de Atención
Primaria o Servizo Galego de Saúde publicou o día 9 de xullo de
2007 dúas Instrucións que afectan directamente ao traballo diario
dos profesionais de Atención Primaria:
a carga
burocrática nas consultas
e o
acceso ás
probas complementarias.
Que
estas circulares non se convertan en papel mollado depende, en
parte, da actitude que adoptemos os profesionais.
Dende
a Agrupación Médica de CIG-Saúde propoñemos unha actitude de
vixilancia activa sobre o seu cumprimento.
As
instrucións só serán efectivas se comunicamos as incidencias que se
produzan, para poder solucionalas.
Somos
conscientes que este é o “enésimo” intento de actuar sobre estes
temas, pero pensamos que agora temos unha ferramenta nova que nos
permite actuar con máis respaldo, incluso diante dos usuarios, co
que pensamos que o destino, aparentemente inevitable, de seguir a
ser os burócratas do sistema pode modificarse.
Para
facilitar o traballo propoñemos uns modelos de comunicación de
incidencias, baseado nas propias instrucións, que nos podedes enviar
ao correo da Agrupación Médica (correo@agmedica.org)
e que nós tramitaremos diante das respectivas Xerencias de Atención
Primaria e dos Hospitais.
Incidencias
na primeira prescrición, transporte e citas de revisións.

Incidencias
na emisión de Informes en consulta Especializada.

Incidencias
no acceso a probas complementarias.

|