|
A Mesa
Sectorial do 24/04/2008 ratificou o acordo previo da Comisión de
Seguimento da OPE de Facultativos, para modificar o artigo 23.2 do
Decreto
206/2005,
de provisión de prazas de persoal estatutario do SERGAS.
O SERGAS asegura que vai dar os pasos precisos
para que as Probas selectivas da OPE-2008, teñen lugar durante o 1º
semestre de 2009.
Por acordo unánime da mesa sectorial, o artigo 23.2 do Decreto
206/2005 será modificado:
- na
súa actual redacción este artigo establece que
“A
puntuación máxima da fase de concurso non poderá exceder do trinta
por cento da puntuación máxima atinxible na fase de oposición”.
- De
acordo coa nova redacción consensuada ficará do seguinte xeito:
“A puntuación máxima da fase
de concurso non poderá exceder do corenta por cento da puntuación
máxima atinxible no proceso selectivo”.
O escaso peso que na OPE-2006 tiñan os méritos aportados polos
facultativos, debido ao Decreto 206/2005, foi un dos elementos máis
criticados da actual OPE-2006. A súa modificación para futuras OPEs
foi un dos compromisos do Acordo sobre o Plan de Estabilización de
FEAs, aprobado por todos os sindicatos da Mesa Sectorial o
08/02/2007.
Ademais, nas últimas xuntanzas da Mesa Sectorial, o SERGAS adquiriu
os seguintes compromisos:

O Decreto coa modificación do artigo 23.2 do Decreto
206/2006 será publicado en todo caso antes de que se publique a
Resolución de Convocatoria da OPE-2008.

No 1º semestre deste ano, será publicado en DOG o
Decreto de Oferta de Emprego de Facultativos para o ano 2008 (no que
se concreta o nº de prazas convocadas en cada especialidade).

Na Mesa Sectorial se negociará a Resolución de
Convocatoria da OPE-2008, de xeito que se poida publicar en DOG case
inmediatamente despois de que se publique a modificación do artigo
23.2 do Decreto 206/2005.

As probas selectivas da OPE2008 terán lugar no 1º
semestre de 2009.
|