|
POLA MELLORA DO
PERSOAL DE
ATENCIÓN
PRIMARIA |
|
A MESA SECTORIAL
DO 4 DE ABRIL
PECHOU O ACORDO
SOBRE AS
UNIDADES E
SERVIZOS DE
ATENCIÓN
PRIMARIA.
04/04/2008
De xeito similar
ao que sucedeu
co acordo de
PACs, na
xuntanza da Mesa
Sectorial do
venres, 4 de
abril, a
redacción do
acordo sobre as
Unidades e
Servizos de AP
presentada polo
SERGAS, o
denominado “documento
consolidado”,
foi
substancialmente
enriquecido coa
incorporación de
practicamente
todas as
alegacións
propostas por
CIG-Saúde.
As melloras na
redacción, case
todas por
iniciativa de
CIG-Saúde,
eliminan dúbidas
de
interpretación e
clarifican os
acordos xa
acadados
previamente o 22
de febreiro.
O acordo foi
ratificado por
CIG, CCOO, UGT e
SATSE. Os dous
sindicatos que
hai un mes
rexeitaban o
acordo, CESM e
CSIF, é posible
que agora sí o
asinen, quedando
en dar unha
resposta
definitiva o
martes 8 de
abril.
|
|
CIG-Saúde
presenta
alegacións
ao borrador de
documento
consolidado do
acordo
sobre as
condicións de
traballo en
Unidades e
Servizos de A.
Primaria que
presentou o
Sergas.
Tal
e como se fixera
no caso do
acordo de PACs
(fixando a data
de aplicación e
aclarando
aspectos moi
importantes)
CIG-Saúde alega
o documento
final intentando
eliminar
aspectos que, na
nosa opinión,
non poden estar
no acordo (p.e.
que o exercicio
da
voluntariedade
incentivada
implique a
aceptación de
realizar unha
parte das horas
en Pacs
limítrofes) ou
aclarando a
redacción para
evitar dubidas
na aplicación
(p. e. nas
condicións para
a realización de
gardas forzosas:
- só
excepcionalmente,
e debido á falta
contrastada de
persoal
dispoñible para
o mantemento da
asistencia
sanitaria
debida, a
dirección do
centro poderá
adoitar medidas
extraordinarias
que obriguen á
superación dos
límites de
xornada
establecidos;
tales medidas só
poderán manterse
polo tempo
imprescindible e
por resolución
motivada
adoptada previa
consulta cos
representantes
do persoal, e
estarán
condicionadas á
adopción
simultánea de
medidas de
captación que
permitan
restituír a
normalidade; a
comisión de
seguimento
establecerá
criterios que
garantan o
principio de
equidade na
asignación de
cargas
obrigatorias en
caso de que
estas chegaran a
producirse)
02/04/2008 |
|
O venres 14 de
marzo, asinouse
o acordo
definitivo de
PACs, logo de
que o Sergas
introducira
certas
modificacións no
texto a proposta
de CIG-Saúde.
14/03/2008.
|
 |
A maioría das
Asembleas de
Persoal de PACs
apoian a
ratificación do
Preacordo sobre
PACs asinado o
22 de febreiro
na Mesa
Sectorial.
As Asembleas
celebradas nas
áreas de Ferrol,
Santiago, A
Coruña e Vigo,
apoiaron a
ratificación do
Preacordo
asinado por
CIG-Saúde, e
outras
organizacións
sindicais, para
mellorar as
condicións de
trabalo do
persoal de PACs. |
 |
|
OS TRABALLADORES
DOS PACs DA ÁREA
DE FERROL
APOIAN
UNÁNIMEMENTE O
PREACORDO
ASINADO NA MESA
SECTORIAL.
O 22/02/2008,
día en que se
asinou o
Preacordo, os
traballadores
dos PACs da
área, levaban
varios días
pechado no hall
do Hospital
Arquitecto
Marcide co
obxectivo
expreso de
presionar á
Administración
para que
aceptara as
“Propostas
finais de
CIG-Saúde para
un acordo sobre
condicións de
traballo nos
PACs”
datadas o
14/02/2008. No
peche
participaron a
grande maioría
dos
traballadores de
PACs da Área. Na
tarde do mesmo
día en que se
asinou o
Preacordo, o seu
contido foi
coñecido polos
traballadores
que mantiñan o
peche. Despois
de debater o
texto acordado
na Mesa
Sectorial, todos
os presentes
manifestaron de
xeito unánime a
súa satisfacción
polo éxito que
significaba o
contido do
Preacordo. Esa
decisión foi
confirmada nunha
nova asemblea
celebrada o luns
25/02/08, no
Salón de Actos
do Hospital
Arquitecto
Marcide, onde o
persoal de PAC
ratificou por
unanimidade o
seu apoio ó
contido do
Preacordo. |
 |
|
DE XEITO
ABRUMADORAMENTE
MAIORITARIO E
CON NINGÚN VOTO
EN CONTRA, OS
TRABALLADORES
DOS PACs DE
SANTIAGO SE
MANIFESTARON
CLARAMENTE
FAVOR DO
PREACORDO
ASINADO NA MESA
SECTORIAL.
Na asemblea
celebrada o luns
25/02/2008 no
Salón Verde do
Hospital
Psiquiátrico de
Conxo, os
traballadores de
PACs da Área de
Santiago
apoiaron de
xeito amplamente
maioritario o
Preacordo de
PACs asinado na
Mesa Sectorial.
|
|
OS TRABALLADORES
DOS PACs DA ÁREA
DE VIGO
APOIAN O
PREACORDO
ASINADO NA MESA
SECTORIAL.
O venres 29 de
febreiro, no PAC
de Coia,
reuniuse a
Asemblea de
Persoal de PACs
da Área de Vigo
e, cun único
voto en contra,
decidiu pedirlle
a CIG a
ratificación do
seu apoio ao
Preacordo sobre
as condicións de
traballo do
persoal de PAC. |
|
POR AMPLA
MAIORÍA, OS
TRABALLADORES DE
PACs DA
CORUÑA
APOIAN
EXPRESAMENTE QUE
CIG ASINE O
PREACORDO
ACADADO NA MESA
SECTORIAL.
A Asemblea de
Persoal de PACs
de A Coruña,
reunida o día 28
de febreiro no
Colexio de
Médicos,
decidiu, por
ampla maioría,
pedirlle a CIG
que asine o
Preacordo, para
que CIG-Saúde
poida, dentro da
Comisión de
Seguimento do
acordo, seguir
xogando un papel
determinante na
defensa dos
intereses do
persoal dos PACs,
como veu facendo
até agora.
|
|
AS POSICIÓNS
CONTRARIAS AO
PREACORDO FORON
MAIORITARIAS NAS
ASEMBLEAS DE
PACs DE LUGO,
PONTEVEDRA
E OURENSE.
Neste último
caso houbo, sen
embargo, unha
importante
proporción da
asemblea que
votou a favor de
que se asinara o
Preacordo. |
O día 29 de
febreiro
reuniuse a Asemblea de
Persoal de PACs
da Área de
Vigo e decidiu
ratificar o seu
apoio ao
Preacordo
sobre as
condicións de
traballo do
persoal de PAC.
29/02/2008 |
A Asemblea de
Persoal de PACs
de A Coruña,
reunida o día 28
de febreiro,
decide, por
maioría, apoiar
o Preacordo
sobre
as condicións de
traballo do
persoal de PAC,
sumándose a
Santiago, Ferrol
e Vigo (que xa
apoiara en
asembleas
anteriores o
documento de
negociación
presentado por
CIG-Saúde).
28/02/2008 |
|
POSICIÓN DE
CIG-Saúde NA
NEGOCIACIÓN DAS
CONDICIÓNS DE
TRABALLO DO
PERSOAL DE PACs.

O venres 22 de
febreiro
chegouse na mesa
sectorial a un
preacordo na
negociación
sobre as
condicións de
traballo en PACs
que representa
un notable
avance sobre as
condicións de
xornada e
retribucións
actualmente
vixentes
para este
persoal e que
elimina as
principais
ameazas que as
anteriores
propostas do
Sergas viñan
recollendo.
A posición da
CIG neste
conflito foi
sempre clara e
firme: apostamos
pola unidade de
acción na
Plataforma
Sindical ata que
alguén decidiu
rachala, e
fixemos logo
unha serie de
propostas
escritas como
condición de
firma que foron
apoiadas
maioritariamente
polo colectivo…
e o resultado
desa nova
situación é este
preacordo.
Tamén é
necesario
reiterar que o
preacordo só se
converterá en
acordo unha vez
ratificado por
unha maioría do
colectivo en
toda Galicia.
27/02/2008
 |
|
POSICIÓN DE
CIG-Saúde NA
NEGOCIACIÓN DAS
CONDICIÓNS DE
TRABALLO DO
PERSOAL DE
UNIDADES E
SERVIZOS DE AP.

O venres 22 de
febreiro
chegouse na mesa
sectorial a un
preacordo
condicionado na
negociación
sobre a
regulación de
diversas
condicións de
traballo en
Unidades e
Servizos de
Atención
Primaria.
Este preacordo,
condicionado a
que a aplicación
retributiva das
TIS (en lugar
das actuais
Cartillas) non
provoque perdas
económicas en
ningún cupo,
representa un
notable avance
sobre as
condicións
actualmente
vixentes para
este persoal en
materia de
intersubstitución,
de
voluntariedade e
do tratamento do
traballo
ordinario dos
sábados.
27/02/2008
 |
Resumo da
proposta inicial
do SERGAS e o
Preacordo sobre
as condicións de
traballo do
persoal de PAC.
26/02/2008
 |
|
Información da
Mesa Sectorial
do 22 de
febreiro.
25/02/2008
Na reunión da
Mesa Sectorial
do 22 de
febreiro asinase
a
acta final de
negociación
co preacordo
sobre as
condicións de
traballo do
persoal de PAC.
As organizacións
CIG-Saúde,
CC.OO., UGT,
Satse, asinan a
acta, CESM e
CSIF deciden non
pronunciarse na
Mesa sobre o
preacordo.
CIG-Saúde
condiciona a súa
posición final
ao debate nas
asembleas de
PACs.
25/02/2008
Na mesma reunión tamén se asinou un
acta final
sobre as
condicións de
traballo que
afectan a
atención
ordinaria,
relacionados co
Plan de Mellora.
Nela, as
organizacións
que a asinan,
aceptan as bases
contidas na acta
e condicionan a
posición final á
revisión do
texto final
consolidado e a
os efectos da
cuantificación
das TIS.
25/02/2008 |
Valoracións de
CIG-Saúde sobre
a proposta
presentada na
Mesa Sectorial
do día 19 de
febreiro, sobre
os temas que
afectan a
atención
ordinaria,
relacionados co
Plan de Mellora.
21/02/2008 |
|
Información da
Mesa Sectorial
do 19 de
febreiro.
20/02/2008
O día 19 de
febreiro,
reúnese a mesa
sectorial para
abordar os temas
que afectan a
atención
ordinaria,
relacionados co
Plan de Mellora.
Na reunión se
nos fai entrega
dunha
nova proposta,
que avanza
nalgúns aspectos
sobre a
anterior.
Ao inicio da
reunión
CIG-Saúde
manifesta que é
necesario que na
reunión se fale
da proposta do
Sergas sobre os
PACs, para saber
se fará unha
nova proposta ou
manterá a que
presentou, como
definitiva e
inamovible, na
reunión
anterior. A
administración
non quere falar
do tema,
argumenta que
non ten
estudadas as
alegacións, e
que non falará
até a próxima
reunión. Para a
nosa sorpresa o
resto das
organizacións
sindicais
presentes na
Mesa tamén se
negan a falar
dos PACs, por
que, segundo
din, non toca na
orde do día.
Ao final da
reunión os
representantes
de CIG-Saúde
deciden quedar
pechados nas
instalacións do
Sergas até ter
unha
confirmación
oficial da
convocatoria da
próxima reunión
e de que nela se
fará unha nova
proposta
 |
|
REPERCUSIÓN NA
PRENSA |
|
Los
representantes
de la CIG se
encierran en el
Sergas pidiendo
una nueva
propuesta para
el personal de
los PAC, que a
su vez permanece
encerrado en las
siete
principales
ciudades
gallegas.
En la reunión
sobre el Plan de
Mejora de la AP
los sindicatos
sí obtuvieron
avances sobre la
intersustitución
e incentivación
de las horas
incentivadas.
El Médico
interactivo.
20/02/2008 |

Begoña
Peiteado, Xan
Ramón Fernández
Cid, Lois
Méndez, Xoán
Cons, Víctor
Vila e Manuel G.
Moreira (autor
da foto) |
|
Médicos y
enfermeras de
los PAC gallegos
se encierran
porque rechazan
la última oferta
del Sergas para
mejorar sus
condiciones.
Los médicos y
enfermeras de
los puntos de
atención
continuada (PAC)
de Galicia
iniciaron ayer
por la tarde un
encierro
indefinido
porque rechazan
la última oferta
realizada por el
Servicio Gallego
de Salud (Sergas)
para mejorar sus
condiciones
laborales y
económicas.
Diario Médico.
20/02/2008 |
O persoal dos
PAC de Ferrol
rexeita o plan
da Xunta e
inicia
protestas.
O persoal dos
Puntos de
Atención
Continuada
acordou, nunha
asemblea xeral
celebrada no
Fontela
Maristany,
rexeitar por
unanimidade a
proposta de
Sanidade acerca
das súas
condicións
laborais e, por
maioría
absoluta,
apoiaron as
propostas do
sindicato CIG,
o maioritario na
Área Sanitaria,
para un acordo a
ese respecto.
La Voz de
Galicia,
16/02/2008 |
|
Propostas finais
de CIG-Saúde
para un acordo
sobre condicións
de traballo en
PACs.
14/02/2008 |
Anotacións
de CIG-Saúde
sobre a
controversia
respecto da
consideración ou
non de traballo
a quendas do
sistema horario
de traballo nos
PACs.
14/02/2008 |
|
A NEGOCIACIÓN
SOBRE AS
CONDICIÓNS DE
TRABALLO NOS
PACs ENTRA NA
RECTA FINAL.
14/02/2008.
O mércores
13/02/2008
celebrouse unha
nova reunión da
mesa negociadora
das condicións
de traballo do
persoal de PACs.
Nela, o SERGAS
presentou unha
nova proposta,
que malia os
avances que
presenta,
CIG-Saúde
considera que,
para poder
asinala, o
SERGAS ten que
introducir aínda
certos cambios.
Mais información
|
Propostas finais
de CIG-Saúde
para un acordo
sobre condicións
de traballo en
PACs.
14/02/2008 |
Anotacións
de CIG-Saúde
sobre a
controversia
respecto da
consideración ou
non de traballo
a quendas do
sistema horario
de traballo nos
PACs.
14/02/2008 |
La convocatoria
de huelga de
CESM para los
PAC rompe la
unidad sindical.
Diario Médico,
15/02/2008 |
Información
de
El Médico
Interactivo
sobre a
situación da
negociación o
día 13/02/2008,
previamente á
xuntanza da mesa
sectorial dese
día:
CESM-Galicia y
CSI-CSIF
convocan huelga
en Atención
Primaria para
cuatro días de
febrero y marzo,
lo que provoca
la ruptura de la
Plataforma
sindical formada
en este ámbito.
UGT anuncia que
deja la
Plataforma. |
CIG-Saúde
lamenta a
ruptura da
Plataforma
Sindical pola
decisión
unilateral
doutras
organizacións, e
anuncia un
endurecemento do
conflito se
fracasan as
reunións
negociadoras
destes días.
14/02/2007 |
|
A Plataforma
sindical
solicita a
convocatoria
urxente das
reunións
necesarias para
retomar a
negociación na
busca de
solucións
satisfactorias
para as dúas
partes.
As organizacións
sindicais
CESM-SATSE, CIG,
CSIF e UGT,
agrupadas na
Plataforma
Sindical de
Atención
Primaria,
remitimos,
nun escrito ao
Sergas, as novas
propostas sobre
as materias
obxecto de
negociación na
Mesa Sectorial,
tanto para o
ámbito da
Atención
Primaria
Ordinaria como
para o ámbito
das Urxencias de
Atención
Primaria, coa
vontade de que
permitan avanzar
cara un acordo
imprescindible.
31/01/2008 |
Sanidade galega.
O persoal de
urxencias
extrahospitalarias
retoma as
mobilizacións.
La Voz de
Galicia.
01/02/2008 |
PERSOAL DOS PAC.
Uns 200
traballadores
maniféstanse en
Compostela. Piden
a Sanidade que
negocie e “non
impoña” as súas
condicións
laborais.
A Nosa
Terra.
31/02/2008 |
A
MANIFESTACIÓN
do
persoal de PACs
do
xoves 31 de
xaneiro, xuntou
en
Santiago a mais
de 400 persoas
pedíndolle ao
Sergas que teña
en conta as
propostas
negociadoras da
Plataforma
Sindical. |
"Carta ao
Director" da Voz
de Galicia,
remitida por
María Teresa
Castro e
publicada o día
29 de xaneiro de
2008
 |
Dúas visións da
Atención
Primaria:
Pablo Vaamonde
García.
Médico de
Familia, Centro
de Saúde de
Labañou,
ex-director
xeral de
Asistencia
Sanitaria do
Sergas. "O
primeiro,
atender aos
pacientes".
La Voz de
Galicia,
25/01/2008
Ramón Veras
Castro.
Médico de
Familia, Centro
de Saúde San
Xosé, portavoz
da Coordinadora
Galega de
Médicos de
Atención
Primaria. "A
sanidade pública
precisa
serenidade e
diálogo".
La Voz de
Galicia,
28/01/2008
Cal coincide ca
túa? |
O xoves 24
reuniuse a
plataforma
sindical para
elaborar unha
contraproposta
de toda a táboa
reivindicativa,
tanto de
ordinaria como
de PACs, así
como para
decidir as
mobilizacións a
seguir, que se
iniciarán cunha
MANIFESTACIÓN
de todo o
persoal de PACs
en Santiago o
xoves 31 de
xaneiro, as
11:00 da mañá. |
Na reunión da
mesa sectorial
do martes 22 de
xaneiro o Sergas
presentou unha “nova
proposta” de
negociación. O
texto está máis
estruturado
dende o punto de
vista formal,
pero so aporta
como única
modificación
concreta sobre o
anterior o
cambio das
porcentaxes
anuais a un
30-25-25-20 %
dos complementos
de nocturnidade
e festividade,
mantendo a súa
aplicación en
catro anos.
24/01/2008 |
|
O Sergas convoca
Mesa Sectorial
para negociar a
proposta sobre
os PACs para o
Martes, 22 de
xaneiro ás 17:00
horas en
Santiago.
Está previsto
que o persoal de
PAC se concentre
diante do Sergas
durante a
negociación.
21/01/2008 |
|
 |
|
PACs:
Concentracións
nas Xerencias de
Atención
Primaria, o
mércores dia 16
ás 10 da mañá. |
|
Na Plataforma
Sindical
consideramos
inaceptable
esta proposta
porque non
aceptamos unha
implantación a
catro anos,
porque non
aceptamos a
imposición dunha
xornada
obrigatoria
superior á
actual, e porque
non recoñece
todos os
complementos que
vimos
reclamando.
En base a estes
argumentos
remitimos ao
Sergas unha
proposta de
negociación
alternativa.
15/01/2008
Para expresar o
rexeitamento do
colectivo á
proposta do
Sergas e para
apoiar as xustas
demandas da
Plataforma
Sindical,
convocamos unha
concentración en
todas as
Xerencias de
Atención
Primaria, o
mércores dia 16
ás 10 da mañá. |
|
O venres 11 de
xaneiro
celebrouse a
reunión da mesa
sectorial
prevista para
abordar as
condicións de
traballo en Pacs,
na que o Sergas
presentou un
documento cunha
proposta que, en
termos xerais, é
similar á do 6
de novembro
aínda que
introduce por
primeira vez o
recoñecemento
dos complementos
de nocturnidade
e festividade.
Proposta do
Sergas

A Plataforma
Sindical
considera
inaceptable esta
proposta e
remitirá ao
Sergas unha
proposta de
negociación
alternativa.
14/01/2008 |
|
CONSIDERACIÓNS
DE CIG-SAÚDE
SOBRE A
NEGOCIACIÓN EN
ATENCIÓN
PRIMARIA
CIG-Saúde fai
públicas certas
consideracións e
aclaracións
relativas á
conflitiva
negociación
sobre a mellora
das condicións
de traballo en
atención
primaria e ás
argumentacións
do Sergas contra
as propostas dos
sindicatos.
09/01/2008 |
|
En escrito
enviado o día 2
de xaneiro o
Sergas fai unha
proposta de
convocatoria de
reunións para o
día 11 e 14 de
xaneiro,
condiconadas á
aceptación polas
organizacións
sindicais dos
temas dos que se
pode falar e dos
que non.
A Plataforma
Sindical,
formada por CIG,
CESM, CSIF,
SATSE e UGT,
(despois de que
se desvinculara
CC.OO.)
remite un
escrito ao
Sergas
remarcando a
aceptación da
negociación,
pero non
aceptando o
catalogo de
temas proposto
polo Sergas,
considerando que
ten que ser no
marco negociador
onde se
establezan os
temas a tratar,
os tempos e os
posíbeis
acordos.
09/01/2008 |
|
Xornada de FOLGA
en Atención
Primaria
A xornada de
folga do día 21
de decembro,
convocada pola
Plataforma
Unitaria formada
por CIG-Saúde,
CESM, CSIF,
SATSE e UGT, (CC.OO.
descólgase o día
anterior a folga),
saldase cun 52%
de participación
global na quenda
da mañá,
chegando ao 90%
no caso dos
médicos
nalgunhas áreas,
e case 900
persoas nas
concentracións
diante das catro
Direccións
Provinciais.
Destacar a
participación do
persoal dos PACs
(urxencias
de Atención
Primaria) nas
concentracións,
(na folga están
co 100% de
servizos
mínimos).
A folga
cumpriu
perfectamente o
obxectivo de dar
un serio toque
de atención ao
Sergas, e
manter o
chamamento a que
convoque
rapidamente unha
reunión da mesa
sectorial e
presente unha
nova proposta
concreta para
negociar. |
|
Diante do
fracaso da
reunión da Mesa
Sectorial do día
18 de decembro,
debido á
indefinición e
falta de
concreción da
División de
Recursos Humanos
na súa resposta
ao contido da
táboa
reivindicativa
conxunta,
todos os
sindicatos da
mesa sectorial
facemos un
chamamento a
todo o persoal
de Primaria (de
Pacs e de
Unidades,
sanitarios e
non sanitarios)
a participar
activa e
masivamente na
FOLGA
convocada para o
próximo venres,
e a acudir
diante das catro
Direccións
Provinciais
do Sergas (en
Coruña, Lugo,
Ourense e Vigo)
para expresar o
noso
rexeitamento do
nulo avance na
negociación e
para reclamar a
convocatoria
dunha nova e
inmediata
reunión da mesa
sectorial e unha
proposta do
Sergas concreta
e real, que
debería
materializarse
na vindeira
semana.
FOLGA o
VENRES, 21 de
decembro de
2007, e
concentracións
diante das
Direccións
Provinciais ás
11 da mañá
dese mesmo día.
18/12/2007 |
|
REPERCUSIÓN NA
PRENSA DAS
CONCENTRACIÓNS
DO DÍA 12:
Situación
| | |