TEMAS DE NEGOCIACIÓN INMEDIATA NA MESA SECTORIAL

Proposta presentada por CIG-Saúde á Secretaría Xeral e á Dirección Xeral

de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.  08/10/2007 

1.   Negociación para un Acordo Xeral Retributivo e de Condicións de Traballo

2.   Negociación para un Acordo sobre condicións de traballo de Persoal Funcionario e Laboral dos centros sanitarios e sobre reglas de negociación colectiva

3.   Negociación do réxime ordinario de Carreira Profesional para todas as categorías

4.   Negociación para un Acordo sobre Adicación, Exclusividade e Xornada Laboral do Persoal Facultativo Hospitalario

5.   Negociación para un Acordo sobre a consolidación do novo modelo de Urxencias Extrahospitalarias e das súas Condicións de Traballo

6.   Negociación para un Acordo sobre Condicións de Traballo específicas de Unidades e Servizos de Atención Primaria, que inclua a modificación e adaptación do seu Sistema Retributivo, a actualización do seu réxime de Xornada, e as reglas sobre Substitucións e Acumulacións

 

 

7.      Aplicación e desenvolvemento de acordos e compromisos previos pendentes de abordar ou con problemas de execución: médicos urxencias hospitais, residentes, xornada 061, ope 2008, carreira profesional, fundacións,…

 

CONTIDOS BÁSICOS DAS MATERIAS PROPOSTAS PARA A NEGOCIACIÓN

 

-          incremento retributivo xeral para todas as categorias e ámbitos

-          incremento do valor do plus de nocturnidade

-          incremento do valor das noites de domingos e festivos, e pago do plus tamén nas quendas nocturnas (compromiso preexistente non-cumplido)

-          incremento do valor da hora de garda (horas festivas, horas nocturnas, horas localizadas)

-          100% do salario nas baixas: recuperación da prorrata da atención continuada como retribución salarias e para todas as categorias

-          efectividade da aplicación da medida da consolidación de grao de todas as categorias: inclusión dos colectivos hoxe excluídos e modificación dos complementos de destino de determinados postos (compromiso preexistente non-cumplido)

-          negociación dos fondos de acción social (compromiso preexistente non-cumplido)

-          renegociación do acordo sobre xornada:

o        xornada máxima de 35 hs, e adaptación da táboa por noites a esa diminución

o        tratamento e compensación dos excesos de xornada

o        revisión do pacto sobre permisos e licencias (compromiso preexistente non-cumplido, de obrigada adaptación ao novo marco legal de permisos e de protección da conciliación)

 

 

 

-          incremento retributivo xeral para o 2008 do 3’8% e tratamento das condicións de aplicación do pactado para o 2007

-          revisión das cuantías dos pluses de noites e festivos: iguais a estatutarios

-          actualización dos fondos de acción social

-          automatización da opción de estatutarización

-          reglas de aplicabilidade dos acordos colectivos estatutarios

-          garantía do acceso á Carreira Profesional en igualdade de condicións

 

 

 

-          establecer unha regulación básica con carácter universal, para todas as categorias e colectivos, mantendo as especificidades necesarias para os diferentes grupos profesionais só nos aspectos referidos á avaliación

-          garantir o acceso de persoal funcionario e laboral, incluido un réxime extraordinario equivalente ao do persoal estatutario

-          garantir o acceso de persoal temporal con máis de 5 anos de servizos prestados

-          establecer as reglas transitorias de enganche entre o réxime extraordinario vixente e o acceso aos seguintes graos no réxime ordinario

-          igualar a consideración e o tratamento da promoción interna, e incluir o periodo de residencia na consideración de tempo de traballo na correspondente especialidade

-          axustar as cuantías económinas para garantir que os graos teñan un mesmo valor independentemente da data de recoñecemento e para equilibrar a escala entre grupos profesionais, e establecer reglas para a sua revisión

 

 

 

-          Sobre a Exclusiva e a Optimización dos recursos públicos:

o        Negociar medidas para potenciar a dedicación exclusiva

o        Negociar medidas para ampliar o horario útil dos recursos hospitalarios

o        Incrementar o valor do C. por Adicación Exclusiva

o        Establecer a opción da ampliación horaria para traballo ordinario (eliminando os programas de autoconcertación e de actividade sustitutiva da exención de gardas)

o        Analizar o impacto desa nova organización sobre o actual sistema de gardas

-          Sobre a Xornada Laboral e as Gardas (compromiso preexistente non-cumplido):

o        Convertir as 48 horas nun número máximo de horas ou de turnos de garda mensual/anual

o        Determinar as compensacións adicionais (retributivas e/ou en descansos) pola superación deses límites, que só poderian ter carácter voluntario, e determinar as reglas específicas desa compensación adicional nos casos de inexistencia contrastada de especialistas a contratar

o        Determinar o carácter non recuperable da libranza posterior á garda, garantir a efectividade do descanso semanal e, en xeral, evitar o efecto de que o disfrute dos permisos e as libranzas incrementen as horas posibles de garda

o        Reducir o límite de 48 horas en proporción ás reduccións experimentadas pola xornada ordinaria

o        Determinar un número máximo de gardas localizadas a realizar por mes/ano

o        Establecer unha equivalencia entre horas de localización e horas de presencia a efectos do cómputo das 48 hs

o        Determinar novas reglas para o descanso posterior á garda localizada

o        Atribuir as condicións retributivas da garda de presencia física aos periodos de actividade da localizada

o        Considerar garda de presencia física, a todos os efectos, aquela garda localizada en que o tempo de actividade supere un determinado porcentaxe do seu horario

o        Establecer as reglas específicas de aplicación ao persoal Residente en Formación

 

 

 

-          Negociación de novas condicións retributivas e de xornada (1430 hs, complemento urxencia, nocturnidade, festividade, turnicidade,…)

-          Retribución como hora ordinaria (de Pac) das horas realizadas no PAC por encima da xornada anual establecida

-          Revisión das condicións de prestación do traballo (cadrantes, ordinaria, …)

-          Novas reglas respecto da voluntariedade e do traballo realizado en Atención Ordinaria

-          Previsións para a convocatoria de oposicións

 

 

 

-          Conversión de cartillas a Tis

-          Establecer o valor das Tis por segmentos de poboación adscrita

-          Sustitución dos tramos en Enfermería por número de Tis

-          Revisión das retribucións globais para Odontólogos e Pediatras, revisión específica dos conceptos retributivos para Fisioterapeutas, Matronas e Traballadora/es Sociais, e incremento das retribucións globais para PSX

-          Xornada de 35 hs, con eliminación dos sábados como atención ordinaria

-          Preferencia absoluta a favor da sustitución externa fronte á acumulación de cargas

-          Retribuir co doble do valor normal (de ordinaria, de pac, ou de garda, según o caso) calquera hora realizada con carácter forzoso por inexistencia de persoal a contratar

-          Retribuir como hora ordinaria calquera prolongación voluntaria de xornada destinada a atender unha consulta, sexa cal sexa o horario de atención e a quenda de procedencia

-          Retribuir a denominada intersubstitución, cando sexa imposta pola Xerencia, coa totalidade da retribución da persoa ausente, dende o primeiro dia, e para todas as categorías das UAP

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org