A Asociación Galega para a
Defensa da Sanidade Pública
considera preocupante a reacción do Sr
Conselleiro de Sanidade ás mobilizacións de rexeitamento á
Lei de Ordenación Sanitária de Galicia (LOSGA) recentemente
aprobada polo Parlamento, reflectidas nunha entrevista a "El
Médico" que adxuntamos a esta nota.
è
1.- Nela pretende facer crer que o rexeitamento á LOSGA foi
protagonizado unicamente por un reducido grupo de resentidos que
actúa desde a mala fé, malia que o mesmo día en que se aprobou a
Lei se manifestaron fronte ao Parlamento centos de delegados
sindicais de TODOLOS SINDICATOS DE GALICIA
(corporativos e de clase) cos secretários xerais á cabeza. Pero
o rexeitamento á LOSGA non só foi sindical xa que foi expresado
por organizacións representativas de importantes colectivos
sociais e profisionais como o Consello Económico e Social
(agrupa a patronal e sindicatos), das principais organizacións
de profisionais sanitários de todos os estamentos como o
Consello de de Colexios de Médicos de Galicia, de Psicólogos,
Fisioterapeutas, Sociedade de Medicina Familiar, de Saude
Mental, etc, etc. O QUE O SR. CONSELLEIRO
PRETENDE OCULTAR CON ISTO É O SEU TOTAL ISOLAMENTO E SOIDADE NA
DEFENSA DA SUA LEI.
2.- Resulta ainda mais preocupante o argumento de que a LOSGA
conta co apoio de 2.700.000 os galegos que non se manifestaron
en contra, negando así calquera representatividade aos axentes
sociais e as organizacións profisionais que representan a miles
de traballadores e profisionais sanitários de acordo á
Constitución. De acordo a esa lóxica a nosa ordenación xurídica
e a nosa capacdade de representación democratica teria os dias
contados.
3.- Non semella razoabel (e resulta case un insulto á
intelixéncia), querer facer crer aos profisionais e á opinión
pública que grande parte dos lideres das organizacións que
expresaron o seu rexeitamento á LOSGA, lle manifestasen en
privado o seu apoio. Por que ian ter un comportamento tan
incongruente estas persoas? por medo a represálias?, ¡¡pero se
quen teñen todo o poder coercitivo na sanidade galega é a
Consellería!!.
4.- Algúns dos argumentos sobre as Fundacións Sanitárias fan
pensar que a Consellería descoñece a realidade ou falta á
verdade voluntáriamente como cando pon o exemplo de Extremadura
ou o Pais Vasco cando nesas Comunidades non existe esa figura de
xestión.
5.- A Asociación para a Defensa da Sanidade Pública é un
colectivo que agrupa a profisionais que xestionan centros
hospitalarios e de atenzón primária, detentan xefaturas de
servizo, participan en actividades de elevada cualificación
profisional en investigación, transplantes, presiden coléxios de
médicos e organizacións profisionais, etc, etc, e son un dos
colectivos con maior nível de compromiso e lealdade co sistema
sanitário públco en Galicia, que non se merecen que o seu máximo
resposnabel lles traten con tanto desdén e aparente desprezo.
Probabelmente o feito de tantos anos no poder e o sentimento de
que non existe nengunha posibilidade de alternativa ao seu
goberno fai que os máximos responsábeis da administración
desprecen e ignoren as organizacións representativas de
traballadores e usuários e utilicen argumentos falsos para
rebater aos seus opoñentes.
O consenso e o acordo que deberían presidir as relacións
sanitárias semellan seriamente ameazados.
Manuel Martín García
Portavoz da Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade
Pública
Secretário da Federación de Asociacións para a Defensa da
Sanidade Pública