Ditada unha sentenza que anula un aspecto parcial do baremo

de médicos de familia da OPE-2006.

Confírmase que a sentenza do pasado 2 de abril, do Xulgado nº 2 do Contencioso-Administrativo de Santiago, sobre a OPE-2006 de Facultativos de Atención Primaria, non pon en perigo a propia OPE. 25/04/2008
Deste xeito, a demanda interposta por AFEIHS contra a OPE-2006 de FEAs, que será vista no xulgado o 28/04/2008, fica como principal risco legal de que se poida complicar ou paralizar o actual proceso de OPE e Concurso de Traslados.

Segundo informou o SERGAS, o Xulgado do Contencioso emitiu unha nota aclaratoria da súa sentenza do 02/04/2008, a petición do SERGAS, na que aclara que o único aspecto non suxeito a dereito da convocatoria da OPE de AP, é a valoración que nela se fai dos servizos prestados  noutra categoría ou especialidade sanitaria en institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde ou de fundacións e empresas públicas sanitarias de Galicia, por considerar que é contrario ao principio de igualdade por non valorar servizos similares prestados noutros servizos de saúde.

Nesta situación, CIG-Saúde confirmoulle ao SERGAS a súa xa coñecida posición de que para garantir a seguridade xurídica do proceso e a rapidez na súa resolución, o mellor é que non se recorra a sentenza. Ademais, debería publicarse rapidamente en DOG o novo baremo, abrir un prazo para quen queira poda presentar novos méritos relacionados con este tema (méritos de fora de Galiza). Tamén é recomendábel que se faga unha comunicación personalizada a todas as persoas afectadas.

Esta solución semella pouco complexa tecnicamente e non ten porque retrasar a finalización da OPE, de xeito que as toma de posesión en AP se poidan realizar no mes de outubro como estaba previsto.

En CIG-Saúde alegrámonos de que non se paralice a OPE de AP pois sempre defendimos que é de enorme importancia rachar con épocas anteriores e, comezando pola OPE-2006, garantir a existencia de OPEs e Concursos de Traslados periódicos.

Deste xeito, a demanda interposta por AFEIHS contra a OPE-2006 de FEAs, que será vista no xulgado o 28/04/2008, fica como principal risco legal de que se poida complicar ou paralizar o actual proceso do Concurso de Traslados e da OPE-2006, e con el o de futuras convocatorias periódicas de Concursos de Traslados e OPEs, comezando pola de 2008.

 

Ditada unha sentenza que anula un aspecto parcial do baremo de médicos de familia da OPE-2006. 11/04/2008

A súa principal consecuencia práctica da sentenza é que se pode adiar a resolución definitiva desa OPE. Isto tamén retrasaría as correspondentes tomas de posesión nos seus novos destino dos afectados pola OPE e o Concurso de Traslados que, en principio, estaban previstas para outubro.

      O xulgado do contencioso administrativo nº 2 de Santiago de Compostela, diante do recurso promovido por un aspirante da OPE-2006 de Médicos de Familia, ditou unha sentenza que declara non conforme a dereito un aspecto parcial da baremo da convocatoria.

      Os únicos efectos da sentencia son a anulación dun apartado da convocatoria referido ao Baremo no apartado de experiencia profesional. En concreto, o punto cuarto do apartado 2 "Experiencia" do Anexo V da convocatoria da OPE de Médicos de Familias (Baremo de méritos), e dicir, a valoración dos servizos prestados  noutra categoría ou especialidade sanitaria en institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde ou de fundacións e empresas públicas sanitarias da Comunidade Autónoma. A sentenza considera que ese punto é contrario ao principio de igualdade, por non valorar eses servizos prestados en outros servizos de saúde distintos ao noso.

      Nesta situación, en opinión da Asesoría Xurídica de CIG, as posibilidades de actuación que ten o SERGAS son dúas

A.- Recorrer a sentenza. Trátase dunha sentenza de primeira instancia e, polo tanto, non é firme, sendo susceptible de recurso de apelación.

B.- Non recorrer, e que esta colla firmeza, habendo entón dúas posibilidades:

1.- Baremar en base aos criterios da sentencia os méritos xá presentados.

2.- Publicar un novo baremo con apertura de prazo para quen quixera presentar novos méritos ( méritos de fora de Galiza )

      A nosa Asesoría considera que esta última posibilidade é a formula máis segura desde un punto de vista xurídico e a que menos tempo retrasaría a resolución definitiva da OPE. O novo baremo debería ser publicado en DOG, e debería de facerse unha comunicación individualizada a todas as persoas afectadas. acompañada dunha comunicación

      En relación coa situación xurídica da OPE-2006 e o Concurso de Traslados, quedan pendentes algúns recursos. Así, o próximo 28 de abril están previstos dous xuízos: un é relativo a unha demanda contra o concurso de traslados, o outro é o interposto pola asociación de interinos AFEIHS.

 
 

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org