|
CARTA ABERTA A
TODOS OS COMPAÑEIROS MÉDICOS TITULARES:
Estimados compañeiros:
Diante da postura, que se ven producindo de forma reiterada por parte da
Xerencia de Atención Primaria, de acumular cupos en situacións de feiras,
días de libre disposición e baixas laborais; o colectivo de médicos
substitutos quere manifestarvos , a través desta comunicación, a nosa
profunda preocupación diante de esta actitude.
Temos coñecemento de “todos” os centros nos que se están a realizar
acumulacións; sabemos, de forma fehaciente, que algúns fostes
“presionados” para o facer, que outros o facedes pensando, enganadamente,
que colaborades coa Xerencia; e en outros casos, non logramos entender
cales son os motivos que vos levan a actuar desta maneira.
Queremos manifestarvos a nosa
preocupación ante unha situación, que, ademais
de nos prexudicar de maneira importante no noso traballo, ao non
permitirnos
substituír a eses compañeiros e desenvolver o noso traballo, atenta
claramente
contra os criterios mínimos que deben marcar a sanidade pública. Estamos
seguros de que sodes conscientes que, cando acumulades cupos,
sobrecargades a vosa xa sobrecargada axenda, impedindo que podades
realizar correctamente o voso traballo, mentres o noso colectivo
tampouco non pode pór en práctica a súa actividade médica por falta de
contratación.
Estamos seguros de que sodes
conscientes da situación que está a vivir o noso colectivo con contratos
en precario, de días e mesmo de horas, con total desprotección cando non
estamos a traballar, situación que se agrava ao non ser contratados para
cubrir esas vacantes que algúns de vós asumides, ao acumular cupos.
Estamos seguros que cadrades con nós ao manifestar que esta situación
non pode continuar así, que nós temos o dereito a realizar a nosa
actividade profesional nunhas mínimas condicións laborais, e que os
pacientes teñen dereito a ser atendidos nas consultas cuns mínimos
criterios de calidade; criterios estes, que non se cumpren se se mantén
esta situación de acumulación de cupos, acumulación, que, por suposto,
non se mantén á hora de cubrir as gardas deses profesionais aos que se
acumulan.
Esperamos que esta carta vos inxira a unha reflexión que nos leve a ver
que todos somos compañeiros de profesión e que imos no mesmo barco, e
que todos os beneficios que se consigan, redundarán no beneficio de todo
o colectivo médico de Atención Primaria.
Atentamente:
COLECTIVO DE MÉDICOS SUBSTITUTOS ATECIÓN PRIMÁRIA-OURENSE
Ý
|