TRIENIOS DO PERSOAL ESTATUTARIO TEMPORAL

O DOG do 23 de abril de 2008 publica a Orde pola que se regula o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde.

Texto da Orde  

O retraso na publicación da Orde debeuse, segundo explica o Sergas, as diferenzas coa súa Asesoría Xurídica, motivadas polo diferente concepto de “Persoal Interino” que definen o Estatuto Básico e o Estatuto Marco.

Para o Estatuto Básico o “Persoal Interino” configúrase en contraposición ao funcionario de carreira, en virtude da natureza temporal ou non do seu nomeamento. Así o artigo 10 do Estatuto Básico sinala que os funcionarios interinos son aqueles que son nomeados, con carácter temporal, para a cobertura de prazas vacantes en tanto non o sexan por funcionarios de carreira, para a substitución de titulares e para a execución de programas temporais ou para acometer o exceso ou acumulación de tarefas.

Para o Estatuto Marco, “Persoal Interino” so abarca os nomeamentos de interinidade en praza vacante.

O concepto de funcionario interino do Estatuto Básico, coincide cos supostos previstos no ámbito do Estatuto Marco para a figura do persoal estatutario temporal, regulada no art. 9 do citado Estatuto Marco, e que abarca os nomeamentos de interinidade por vacante, de carácter eventual e os de substitución, reflectindo deste modo a súa contraposición á figura do persoal estatutario fixo.

A Orde que será publicada regula o procedemento para o recoñecemento dos trienios correspondentes ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde (art. 9 Estatuto Marco), tendo en conta, como sinala o art. 25.2, do Estatuto Básico, que  este recoñecemento unicamente terá efectos retributivos a partir da  entrada en vigor do citado Estatuto Básico.

Esta interpretación, que permite incluír no recoñecemento de Trienios ao persoal temporal, independentemente de que ocupase praza vacante ou non, é a que, dende o principio, defendeu CIG-Saúde.

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org