Polémica sobre a creación da Especialidade de Urxencias

SEMERGEN y SEMG se unen a la SEMES en su reivindicación por la especialidad de Urgencias, convencidas de que a la A.P. no le afecta. El Médico Interactivo, 12/07/2005.

TRIBUNA: Especialidad de urgencias: respuestas y reflexiones para un debate necesario. Luis Aguilera. Presidente de la Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria. Diario Médico, 14/07/2005. 

 PUBLICADO NO DOG O  DECRETO 156/2005 DE URXENCIAS que modifica os Decretos 172  e 226. (13/06/2005)  

 O Cosello da Xunta do día 9 de xuño aproba o decreto de urxencias, que modifica o decreto 172 de urxencias (para actualizar a forma de atender as gardas e para incluir o persoal específico de Pac) e o decreto 226 do sistema retributivo de primaria (para crear o complemento por intersubstitución).

Por si había dúbidas, a intersubstitución se paga este verán, inda que para o caso de pediatras, odontólogos e fisios falta por desenvolver por instrucción (negociada en mesa) o método de cálculo. (10/06/2005)

Publicado no DOG do 2 de xuño de 2005 o Acordo polo que se regulan as condicións de traballo e retributivas do novo modelo de atención primaria, se crean postos de traballo de médicos de familia e diplomados de enfermaría en puntos de atención continuada e se revisan as contías das gardas para o persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Firmado o acordo polo que se regulan as condicións de traballo e retributivas do persoal de Urxencias Extrahospitalarias, que elimina os contratos-lixo en atención primaria e crea máis de 750 postos de traballo fixos.

Sergas y sindicatos firman el convenio sobre urgencias extrahospitalarias, que supone la reforma de la Atención Primaria en Galicia El Médico Interactivo, 21/04/2005.

El nuevo modelo de urgencias extrahospitalarias supondrá la creación de 900 empleos estables. La Voz de Galicia, 21/04/2005

Instrución 7/2005 sobre participación do persoal de cadro de atención primaria nas urxencias extrahospitalarias en PAC. 19/04/2005

Escrito  remitido o 12 de Abril de 2005 ao Sergas  denunciando o retraso nos prazos previstos no desenvolvemento do Acordo de Urxencias e resposta do Sergas, donde informan que as instruccións 7/2005 sobre voluntariedade saíran publicadas no DOG o próximo martes/ mércores. Os profesionais incluídos no ámbito de aplicación terán cinco días para formalizar as solicitudes.

Imprime un interesante resumo dos principais aspectos do acordo de Urxencias Extrahospitalarias 

Asinado o Acordo sobre Urxencias Extrahospitalarias 08/03/2005,

Opinión de CIG- Saúde do acordo polo que se regulan as condicións de traballo e retributivas do persoal de Urxencias Extrahospitalarias, que elimina os contratos-lixo en atención primaria e crea máis de 750 postos de traballo fixos 09/03/2005.

Texto do Acordo  

Acta da Reunión  

CIG asina o acordo que elimina os contratos-lixo en AP e crea máis de 750 postos de traballo fixos. 08/03/2005  è

         Galicia cierra el pacto de las urgencias extrahospitalarias. El pacto supone la creación de 750 plazas (400 médicos y 350 enfermeras) y 34 PAC. Diario Médico 11/03/2004.  è

El nuevo modelo de urgencias extrahospitalarias de Galicia creará 400 plazas estables de facultativos en el ámbito de la Atención Primaria. El Médico Interactivo, 12/03/2004.

 

Documento do 04/03/2005 que regula a creación das prazas e as condicións de traballo nas urxencias Extrahospitalarias. Na próxima semana se someterá á firma para iniciar a súa tramitación diante do Consello da Xunta. 

Logo continuará a negociación do Decreto de substitución do 172 e o denominado Plan de Ordenación. 04/03/2005

Servicio gallego y sindicatos acercan posiciones para lograr un acuerdo sobre urgencias extrahospitalarias. Diario Médico 25/02/2005.

CIG saúde, unha vez que se consigue frear o plan previsto polo Sergas de aumentar Unidades de Tarde e mesturar urxencias con atención ordinaria, intenta mellorar o documento de condicións de traballo e retributivas. Por este motivo se lle trasladou ao director xeral de recursos humanos un documento onde se enuncian todos os asuntos que consideramos pendentes de completar, mellorar ou cambiar. No documento (breve, de enunciados, para unha negociación) abrangue dende o persoal de urxencias, eliminación de gardas obrigatorias, intersubstitución, os PACs actuais que empezan ás 22 horas e o persoal non sanitario.  18/02/2005
 

Las unidades de tarde no tendrán que hacerse cargo de las urgencias extrahospitalarias, que serán atendidas en los PAC por personal específico  El Médico Interactivo, 08/02/2005.

 

Gracias á actitude de todo o persoal que se mobilizou
O Sergas retira a súa proposta de ordenación das urxencias
 
04/02/2005  

O feito de que o Sergas retire a súa proposta de mapa fai que consideremos conseguidos os obxectivos da nosa campaña, o traballo de información, sensibilización e mobilización deu os seus froitos.

Por elo consideramos oportuno aprazar as concentracións previstas para o día 10.

A negociación entra nunha nova fase, na que teremos que permanecer atentos por se é preciso reactivar as mobilizacións.

A reforma das Urxencias Extrahospitalarias na Prensa 02/02//2005

Gran participación nas concentracións contra o modelo de Urxencias Extrahospitalarias. 02/02/2005  è

Calendario de mobilizacións contra o modelo de urxencias 27/01/2005 è

As coordinadoras de persoal vinculado dos Pacs (de médicos e de enfermería) convocan unha concentración diante do Sergas o próximo venres dia 4, ás 12 da mañá, coincidindo coa celebración dunha nova reunión da mesa negociadora. 02/02/2004  è

A CIG oponse ao modelo de urxencias proposto polo Sergas 28/01/2005 è

Nova Proposta do SERGAS 18/01/2005

O Sergas desde fai unhas semanas dividiu a negociación de urxencias en dúas fases, unha de negociación de condicións laborais puras e duras: xornadas, retribucións, etc, e outra fase na que se negociaría o “mapa” cos horarios e recursos de cada PAC. Desta forma conseguiu que o novo modelo como tal non se negociase, e así poder implantar o que supón realmente un novo modelo, non de urxencias, se non de toda a atención primaria, no que

EMPEORA A ATENCIÓN DA URXENCIA E EMPEORA A ATENCIÓN ORDINARIA  è

Nota informativade interes para pacientes e público en xeral 

Calendario de mobilizacións contra o modelo de urxencias  è

Proposta do SERGAS 18/01/05  

Cadro explicativo da proposta do SERGAS 11/01/2005  

Na proposta do Sergas, só 30 dos Pacs actuais manterían o seu funcionamento en horario de 15 a 08.  Noutros 43 ámbitos territoriais, precisamente nos de máis carga poboacional e asistencial, o Sergas obrigará ao persoal das Unidades de Tarde (existentes ou de nova creación) a atender todas as urxencias, e alí os Pac só funcionarán pola noite.  Por último, nas 14 cidades e vilas que teñen hospital non se sabe qué vai ocurrir porque o Sergas propoñerá un modelo específico, basado na coordinación coas urxencias do hospital e do 061.

Posición de CIG-saúde sobre a proposta do sergas de regulación do novo modelo de urxencias extrahospitalarias, na que se xustifica a posición contraria ao mesmo 12/01/2005  è

 

A REFORMA DAS URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIAS NA PRENSA

 

Los sindicatos anuncian nuevas movilizaciones contra el plan de urgencias extrahospitalarias  la Voz de Galicia, Ed. Ferrol 02/02/2005.

 

La Confederación Intersindical Gallega (CIG) promoverá movilizaciones en todos los centros de salud de Galicia para exigir un mejor modelo de urgencias extrahospitalarias.  El Médico Interactivo, 29/01/2005.


El Sergas pretende que médicos de primaria cubran urgencias de tarde
. la Voz de Galicia, 28/01/2005.

 

CC.OO. y CIG rechazan el plan y se movilizarán sin el apoyo de UGT. la Voz de Galicia, 28/01/2005.

 

Los sindicatos gallegos rechazan la propuesta del Sergas de que las unidades de tarde asuman las urgencias extrahospitalarias. El Médico Interactivo, 23/12/2004.

 

O Comité de Centro de Lugo adoptou o 3 de decembro un acordo unánime para facer público un escrito de rexeitamento da proposta do Sergas, que remitiron ademais á Xerencia, á Dirección Provincial, ao Conselleiro e a Recursos Humanos.

Proposta de acordo polo que se crean postos de traballo de médicos de familia e enfermería en PAC e se adoptan determinadas medidas de condicións de traballo e retributivas para o persoal do SERGAS. (30/12/2004) 

Plano de ordenación de Recursos Humanos (26/11/2004)

Proposta de Acordo (29/11/2004)

Plano de ordenación de Recursos Humanos (26/11/2004)

Proposta de Acordo (29/11/2004)

Na proposta do Sergas, só 30 dos Pacs actuais manterían o seu funcionamento en horario de 15 a 08.  Noutros 43 ámbitos territoriais, precisamente nos de máis carga poboacional e asistencial, o Sergas obrigará ao persoal das Unidades de Tarde (existentes ou de nova creación) a atender todas as urxencias, e alí os Pac só funcionarán pola noite.  Por último, nas 14 cidades e vilas que teñen hospital non se sabe qué vai ocurrir porque o Sergas propoñerá un modelo específico, basado na coordinación coas urxencias do hospital e do 061.

Resumo das características básicas da proposta do SERGAS (02/12/2004) è

Razóns polas que na Agrupación Médica de CIG-Saúde rexeitamos de plano a proposta do Sergas  (02/12/2004)  è

O Comité de Centro de Lugo adoptou o 3 de decembro un acordo unánime para facer público un escrito de rexeitamento da proposta do Sergas, que remitiron ademais á Xerencia, á Dirección Provincial, ao Conselleiro e a Recursos Humanos.

Con este escrito dille a túa xerencia que non te asigne máis gardas obrigatorias a partir do 1 de Decembro 

Los facultativos de Urgencias extrahospitalarias de Galicia exigen que el Sergas cumpla su promesa de poner fin a la obligatoriedad de hacer guardias,

Medico Interactivo 20/11/2004.

 - As propostas de “PACs piloto” non contan co apoio de CIG-Saúde,

especialmente polo modelo de contrato nos PACs de Pontevedra.

- o 3 de novembro haberá nova xuntanza da Mesa para comezar a debater

o novo modelo

Los primeros siete PAC piloto de urgencias extrahospitalarias se pondrán en marcha en Galicia el 8 de noviembre, y a lo largo del mes se avanzará en la negociación del nuevo modelo. MEDICO Interactivo, 26-10-04

O 18 de Agosto o Sergas publica no DOG Resolución que dá publicidade aos acordos da comisión de seguimento de urxencias extrahospitalarias na que se poñen en marcha os PACs Piloto.

CIG-Saúde, en comunicado do 1 de setembro de 2004, manifesta

o seu acordo cos documentos publicados  

Acta 

Voluntariedade

Condicións traballo nos PAC

Convocatoria PAC piloto DOG 19 AGOSTO

 

 

 

O 19 de abril púxose fin a negociación da Comisión de Seguimento das contratacións para Urxencias Extrahospitalarias  (CIG-Saúde 20/04/2004)  è

 

 

O SERGAS chega a un acordo cos Sindicatos para crear unha comisión de seguimento que regule as Urxencias Extrahospitalarias e evitar as "Gardas á Carta" que se estaban a dar en certos lugares, para persoal de plantilla que as facía voluntariamente.  (El Médico interactivo, 17/04/2004)  è

 

 

Coordinadora de Urxencias en Atención Primaria

Acta da xuntanza do 2 de Marzo de 2003    è

Convocatoria de xuntanza para o 2 de Marzo de 2003  è

 

Documentos para o debate

Reunión do 16 de Febreiro de 2004

Reunión do 12 de Febreiro de 2004

Reunión do 12 de Nadal de 2003

Reunión do 20 de Novembro de 2003

Reunión do 6 de Novembro de 2003

Reunión do 31 de Outubro de 2003

Opinións e comentarios

 

 

DOCUMENTOS PARA O DEBATE:

 

Sanidade traballa na creación dun corpo de médicos de urxencias

extrahospitalarias  (Faro de Vigo 03/02/2004)   è

 

Algunhas reflexións entorno ás Urxencias en Atención Primaria

(Xulio Castañal,  febreiro 2004)   è         Documento completo


Documento sobre Urxencias extrahospitalarias e a súa integración en A.P. no Estado Español  elaborado por "El Médico interactivo"   è   Documento completo

 

Resolución publicada no DOG do 02/01/2004 do Acordo da Comisión de Seguimento de Urxencias para este ano.   Documento completo 

 

Ý

 

Na reunión da Comisión de seguimento do Pacto de Urxencias Extrahospitalarias do día 16 de Febreiro de 2004  o SERGAS aporta máis datos sobre o novo modelo:

* Descartase a opción 061 ( da que se falaba na última reunión e a que nos xá lle dixeramos que non).

* Nomeamentos estatutarios estables.

 * Regulación de xornada ordinaria e complementaria (  SERGAS propón de partida 1624 h/ano)

* Regulación das retribucións.( non quixo aclarar nada, pero falou de máis de 26.000 €/ano)

* Mantemento da opción da voluntariedade de facer atención continuada para o persoal fixo, pero limitando o número de horas/ ano. Esta voluntariedade condicionarase por periodos de 3-4 anos.

* Elaborarase un decreto que regule as condicións de traballo, para elo será preciso modificar os decretos 172 e 200, polo que vai levar algún tempo.

* Negociaranse aspectos singulares para a enfermería, aínda que non haberá moitas variacións con respecto as condicións dos médicos.

* O horario de continuada será maioritariamente nocturno a nivel rural, barallandose a posibilidade de cubrir as 24 horas nas grandes cidades. A xornada de tarde será feita polas unidades de tarde onde as haxa.

* Será garantísta do dereito de descanso despois de garda.

* Condiciona a negociación de xornada os prazos de implantación do novo modelo, a menos xornada farían falla máis traballadores e o prazo sería máis longo.

* Estas novas interinidades de algunha maneira darán preferencia a ocupar vacantes en atención ordinaria.

* As substitucións de xornada ordinaria serán feitas a cargo da xornada complementaria que levarán as novas contratacións.

* Para a provisión temporal, dotaranse de un salario correspondente o seu grupo profesional.

* Farase unha vinculación provisional con negociación de carteleiras mentras non se creen as prazas.

* Unha vez creada a praza o persoal será interino.

* Elaborarase un pacto de contratación expreso, con oferta a nivel de toda Galiza, quedando como interinos ata unha OPE.

* Estas prazas poderanse ofertar a concurso de traslados.

* Valorarase o tempo de traballo en urxencias extrahospitalarias.

 * Este novo modelo porase en marcha antes do mes de Xullo en 4 PACs, un por provincia. Na fase inicial faranse algo máis de 20 contratacións .

* A partir do 30 de novembro desaparece a figura do contrato de reforzo. E supoñemos que tamén a obrigatoriedade de facer atención continuada o persoal de atención ordinaria.

 Ý

COMISION DE SEGUIMIENTO DO PACTO DE URXENCIAS

EXTRAHOSPITALARIAS   ACTA DO 12 DE FEBREIRO DE 2004

En Santiago de Compostela, previa convocatoria, as 0,45 horas do dia 12 de febreiro reúnense os representantes da Administración e as organizacións sindicais á marxe reseñadas, recóllense as seguintes conclusións sobre urxencias extrahospitalarias :

             Logo do informe realizado polo Director Xeral sobre os traballos realizados durante o mes de xaneiro e febreiro acerca das diversas medidas  a adoptar en desenvolvemento do Pacto sobre urxencias extra hospitalarias de novembro de 1999, pódese concluir que as liñas de proposta que se presentarán para a solución da problemática das urxencias extra hospitalarias serán as seguintes:

 1º- Na actualidade se traballa para a elaboracion dun documento de propostas, que se presentará en datas próximas, sobre organización das urxencias extra hospitalarias. O modelo garantirá en todo caso a asistencia sanitaria ós cidadáns.

 2º.-Os dispositivos organizativos da atención urxente extra hospitalaria garantirán contratos estables

 3º.-Proporase o réxime de selección do persoal de urxencias extra hospitalarias, no que se valorará, de forma diferenciada, a experiencia profesional derivada da prestación de atencion urxente extra hospitalaria

 4º.-Antes de mes de xullo, comezará a implantación do modelo coa posta en marcha de experiencias piloto, nos ámbitos territoriais que se determinen, con obxecto de valorar a sua adecuación a demanda asistencial, coa oferta dos postos de traballo que se determinen

Ý

O venres 12 de Nadal de 2003 celebrouse a reunión de urxencias extrahospitalarias, logo de varios retrasos.

1)  Rebaixa de horas obrigatorias de garda

Na reunión anterior acordarase rebaixar as horas obrigatorias a 320 no ano 2003 e nunha banda entre 320 e 230 para o 2004.  Posteriormente, o Sergas mandou un borrador de acordo no que se facía a excepción de sete Pacs de Ourense, nos que a sua xerencia propoñía manter o límite de 360 horas porque non tiñan persoal para cubrir todas as horas si se rebaixaban.

Logo dun longo debate, o acordo consiste en manter o límite máximo para o 2003 en 320 horas e compensar con descansos ou con retribución as horas realizadas por encima desas.

Pola sua parte, o Sergas mantén como inamovible o límite diferenciado para médicos e para enfermería, debido á diferente disponibilidade de persoal nas listas.  No 2004, os médicos poderán rebaixar as horas obrigatorias ata as 280 e a enfermería ata as 230.  Cántas horas en concreto terá que facer como máximo cada PAC ten que ser obxeto de negociación entre a xerencia e o comité de centro en cada área.

Este acordo sairá publicado en DOG, como cada ano.

2)  Oferta de voluntariedade

Abrirase un plazo neste mes de decembro para solicitar a realización de horas de garda voluntarias. O número de horas de garda obrigatorias para cada PAC seráasignado polas Xerencias.

3)  Reforzos

 Hai acordo final para establecer a cotización ininterrumpida dos reforzos.  Na acta de acordos que se publicará no DOG sobre a rebaixa de horas, incluiráse tamén esta cuestión.

As condicións concretas para executar ese alta continuada estableceranse nunha instrucción que se elaborará nun grupo de traballo sindicatos-sergas, que se reunirá o dia 23.  Esas condicións garantirán en todo caso a compatibilidade coas sustitucións ordinarias, e non esixirán un número de horas distinto ao actual.  O Sergas abandonou a sua pretensión de esixir un mínimo de horas de reforzo ao mes (falaban de 150) a raíz dunha sentencia do TSXG que ratifica a viabilidade legal da alta continuada.

4)  Novo modelo

Ata finais de xaneiro non teremos unha proposta oficial do Sergas, pero sí nos avanzaron que están traballando nun esquema que pasa por reforzar a atención ordinaria e non os tramos de urxencias.

 En concreto, a sua proposta podería ir por:

a)      incrementar as plantillas das unidades, de mañán e de tarde, e crear novas unidades de tarde

b)      establecer a intersustitución compensada

c)      manter un resto de horas de garda (previsiblemente, noites, fins de semana e festivos), ben voluntarias ben obrigatorias si as voluntarias non chegan.

Afirman que están traballando neste esquema como alternativo ao do 061, e que queren maduralo e discutilo na mesa anque finalmente se desbote si o seu custe fora inasumible presupostariamente para eles.

Ý

 

 

O día 20 de Novembro de 2003 celebrouse a terceira reunión co SERGAS, na que presentou un documento  coa pretensión de aprobalo para a sua publicación inmediata no DOG. Este documento contiña as súas posturas sobre os temas que se están a tratar:

 

1.-Límite de horas de garda obrigatoria: propoñen unha marxe entre 320 e 280 horas.
2.-Alta continuada dos reforzos: propoñen un contrato mensual cun mínimo de 150 horas/mes (1800 horas/ano) de reforzo.
3.-Ofertas de voluntariedade e de adscrición dos reforzos: propoñen abrir un plazo agora e un novo en abril/maio.
4.-Novo modelo: non propoñen nada máis que seguir anunciando que se debatirá antes de que remate a vixencia do actual acordo (30/11/04).

 

  O documento é rexeitado polos seguintes aspectos:

 

1.-Rebaixa até 230 horas de garda obrigatoria nos sitios onde a existencia de persoal nas listas de contratación o permita.

2.-Rexeitase a alta continuada dos reforzos nas condicions propostas por que eso suporía a incompatibilidade coas sustitucións de atención ordinaria.

3.-Sobre as ofertas de voluntariedade e de contratación de reforzos, no último ano de vixencia do acordo, se pide  a oferta dunha última situación ata o 30 de novembro do 2004.

4.-Sobre o novo modelo, porque non decindo nada da sua proposta siguen xogando a demorar o debate e a solución final, e poñendo en cuestión por tanto a capacidade real de iniciar a aplicación do novo modelo en canto remate a actual situación transitoria.

 

 Os acordos finalmente adoptados son os seguintes:

 

1.-Publicar en DOG como único acordo da mesa a reducción do límite de horas de garda obrigatoria, que queda fixado na horquilla entre 320 e 230 horas.

2.-Abrir o plazo da oferta de voluntariedade a partir do 30 deste mes.

3.-Pechar nunha próxima reunión o mecanismo para garantir a alta continuada dos reforzos, mantendo a compatibilidade co nomeamento de sustitución ordinaria.

4.-Deixar sen valor o documento entregado hoxe polo Sergas.

 

 

Ý

 

O día 6 de Novembro de 2003 celebrouse a segunda xuntanza, na que o Sergas so entregou unha parte dos documentos comprometidos polo que non contamos co número de horas feitas nas urxencias extrahospitalarias de xeito voluntario e obrigatorio.

Continuase a discutir a rebaixa de horas de gardas obrigatorias a 280 horas/ano.

O SERGAS segue a manter o minimo de 1.200 horas/ano para dar a alta  continuada na Seguridade Social aos vinculados, ainda que segue a comprometerse a estudiar o tema para rebaixar o número de horas, a oferta actual do SERGAS sería:

- hai que modificar o contrato, para que en vez de ser diario sexa mensual
- para que eso sexa posible, nese contrato teñen que figurar un número mínimo  de horas de garda a cubrir nese mes; non teñen inda definido cal sería ese número mínimo
- cando se determine o número mínimo de horas do contrato mensual, ese número será tamén o que se use na nova oferta de vinculacións para adxudicar bloques de reforzo nos PAC
- os bloques de reforzo que non cheguen a ese mínimo de horas inicial seguirían tendo a alta polos dias efectivamente traballados.

 

Sobre o Novo Modelo de Urxencias Extrahospitalarias segue sen aportar unha clara definición polo que se aplaza o tema para a proxima reunión.

 

Ý

O dia 31 de Outubro de 2003 celebrouse a primeira xuntanza entre os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Sanidade (CIG, CCOO, UGT, CSIF, CESM, SATSE e SAE) e o SERGAS  nesta xuntanza o SERGAS fixo unha primeira proposta sobre o novo modelo de urxéncias extrahospitalarias, que consistiría en:


As guardias extrahospitalarias serian xestionadas polo
061


Para realizar as Guardias o 061 contrataría un persoal con vinculo estábel de natureza laboral, e recorreríase a contratar persoal con un contrato so por guardia para casos pontoais de substituizóns do persoal anterior e para cobrir posíbeis déficits horários

O SERGAS informa que estudiará a posibilidade de que os servizos emprestados en Atención Continuada (Guardias) teñan prioridade á hora de acceder a unha praza de Atención Primaria

O SERGAS comprometeuse ao alta continuada na Seguridade Social do actual persoal vinculado que realice un mínimo de 1.200 horas de atención continuada ao ano.

O persoal de Atención Primaria podería seguir mantendo a voluntariedade actual de facer ou non facer guardias

Segundo o SERGAS, nestes momentos salvo nun só sitio ninguén esta facendo mas de 320 horas de atención continuada obrigatoria ao ano

Tamén di non poder baixar mais, con carácter xeral, este limite por non haber persoal excepto en algunhas zonas onde se podería baixar a 280 horas/ano

A implantación do novo Modelo sería progresiva

Na primeira semana de novembro se tratará o tema do próximo vencemento das vinculacións actuais e se verá se prorrogan as actuais ou se haberá un novo período de vinculacións

 

 

Ý

correo@agmedicos.org

Agardamos as vosas opinións, que iremos engadindo ao final da paxina:

Autor: Moncho Veras

Data: 03/12/2003

Parece mentira que o SERGAS non consiga (ou diga que non é capaz) reducir o nº de horas obrigatorias de garda máis que o intervalo 320-230 horas. 320 hor