AgM
Quén Somos
At. Primaria
At. Especializada
Outras
Áreas Sanitarias
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde

 

 

O NOVO MODELO DE URXENCIAS PROPOSTO POLO SERGAS

EMPEORA A ATENCIÓN DA URXENCIA E

EMPEORA A ATENCIÓN ORDINARIA

¡RECLAMAMOS A SÚA SUBSTANCIAL MODIFICACIÓN!

 

PORQUE O SERGAS QUERE IMPOÑER UN MODELO DE URXENCIAS QUE NON COMPARTIMOS

Basado en:

-          Unidades de Tarde con Urxencias

-          PACs dende as 22 horas, pechando os actuais tramos de tarde

-          Indefinición da organización específica dos 14 PACs con cabeceira en cidades e vilas con hospital

 

PORQUE O SERGAS PROPÓN UNHAS CONDICIÓNS DE TRABALLO NAS NOVAS PRAZAS DE URXENCIAS INSATISFACTORIAS E INCERTAS

Xa que:

-          nacen moitas delas para traballo exclusivamente nocturno, que empobrece a súa perspectiva laboral e profesional

-          nacen con trato discriminatorio en xornada e salario respecto do réxime normal do Sergas: nin se recoñece a xornada en función do número de noites, nin se recoñece a retribución por penosidade do traballo de noite e de domingos e festivos

-          haberá reconversión de prazas de médicos/as e de enfermeiras/os cos cambios de horarios entre os actuais e os futuros PACs

-          polo mesmo motivo, haberá reconversión de prazas de persoal non sanitario, que non se quere incluir na negociación

 

PORQUE O SERGAS PROPÓN UNHA REFORMA ENCUBERTA DA ATENCIÓN ORDINARIA

¿Cómo?:

-          potenciando e extendendo a obriga de compartir a atención da consulta e da urxencia, empeorando así a programación e o tempo de consulta:

o        ao persoal das Unidades de Tarde

o        ao persoal das Unidades con horario deslizante

o        por efecto rebote, ao persoal das Unidades de mañán

-          implantando un sistema de intersubstitución (ou sexa, de acumulación de cupo) obrigatorio e mal pagado, que potencia a non contratación e incentiva a sobrecarga

 

E TAMÉN PORQUE O SERGAS GAÑOU A PULSO A SÚA FALTA DE CREDIBILIDADE

Entre outros motivos, porque:

-          non respetou e segue incumplindo o anterior acordo do 99 polo que debían rematar as gardas obrigatorias o pasado 30 de novembro

-          propón un novo periodo transitorio de 3 anos sobre o que non aporta garantías de cumplimento

 

POR TODO ELO:

INFÓRMATE, OPINA E, SI ESTÁS DE ACORDO CON ESTAS RAZÓNS,

MOBILÍZATE !!

Calendario de mobilizacións contra o modelo de urxencias  27/01/2005  è

     .pdf

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org