AgM
Quén Somos
At. Primaria
At. Especializada
Outras
Áreas Sanitarias
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde

 

 

O NOVO MODELO DE URXENCIAS PROPOSTO POLO SERGAS

EMPEORA A ATENCIÓN DA URXENCIA E

EMPEORA A ATENCIÓN ORDINARIA

¡RECLAMAMOS A SÚA SUBSTANCIAL MODIFICACIÓN!

 

Mercores, 2 de febreiro de 2005

 

Da área de Ourense, dispoñemos dos seguintes datos:

100%    Carballiño, Ribadavia e Verín

75%    Mariñamansa e A Ponte

50%    Allariz e Xinzo

0%    Celanova e Valle-Inclán

 

Martes, 1 de febreiro de 2005

Nota de Prensa emitida polas organizacións que convocan as concentracións na área de Ferrol

CSIF, CIG, CCOO, SAE, USTG

Os centros de saúde rexeitan a desaparición dos Puntos de Atención Continuada, a proposta do Sergas para organizar Urxencias.

          No día de hoxe convocáronse concentracións de dez minutos nos Centros de Saúde da Área de Saúde pola maioría das organizacións sindicais da Xunta de Persoal (CSIF, CIG, CCOO, SAE, USTG). O importante seguimento dos médicos de familia e do persoal de enfermería confirma o rexeitamento por parte destes aos plans da Consellería de Sanidade.

O Plan desta consiste en facer desaparecer os PAC/Servizos de Urxencia no horario de tarde e que ese traballo sexa asumido polas Unidades de Tarde atendendo eses pacientes a maiores dos que teñen cita normal. Por outra banda, a Consellería tamén desprazará cupos médicos e de enfermería para a tarde polo que o turno de mañá tamén terá que atender máis urxencias e domicilios das Unidades de Tarde, e as enfermeiras da mañá terán que facer moitas más extraccións (as dos cupos de tarde). Todos verán sobrecargada a súa xa chea axenda de traballo. Hai zonas como as consultas de tarde do PAC de Pontedeume que terán que atender as urxencias dos municipios de Cabanas e Monfero. Isto é unha tolería.

            Isto vai repercutir gravemente na calidade asistencial ofrecida xa que os profesionais, ademáis da súa axenda de cita normal, terán que atender a todas as urxencias e domicilios (saíndo do centro de saúde) que xurdan dos outros turnos e, en algún caso, dos municipios veciños. O tempo de consulta que se pode dedicar a cada paciente será menor, ao ter que dividilo entre máis persoas a atender.

            O Sergas tamén prevé que os propios profesionais das Unidades fagan as substitucións de vacacións e baixas dos seus compañeiros a un prezo raquítico. Iso será outro factor que agrave a sobrecarga asistencial.

            Como vantaxe o Sergas anuncia a creación de múltiples prazas que non son máis que dar estabilidade a todos aqueles que na actualidade están traballando na atención de urxencias. Anuncia como vantaxe o feito de contratar de modo normal a quen trataba de modo miserable ata o momento. Anuncia como vantaxe o que debeu facer dende o principio. De todos modos, os turnos dos profesionais contratados para urxencias, a partir das 22 horas, son empobrecedores profesionalmente e manteñen peores condicións laborais que o resto do persoal.

            O Sergas fai todo isto por motivos económicos, por non querer crear un Servizo de Urxencias normal con profesionais contratados e formados específicamente para facer ese traballo.

            Todos perdemos con este Plan, tanto profesionais como cidadáns. Por iso, o seguimento das concentracións nos centros foi tan importante. Os datos dos turnos da mañá son os seguintes:

 Caranza          100%              Narón              90%                Fene               75%

Serantes          100%              Neda               95%                Ares                0%

Fontenla Maristany    50%      Valdoviño        100%              Mugardos       50%

A Capela          100%              Pontedeume   70%                Cabanas         75%

Monfero            100%              As Pontes       0%                  Cedeira           90%

Cerdido             75%                Somozas        50%           San Sadurniño     50%

Moeche             50%                Cariño             100%              Ortigueira        100%

Mañón               100%

Anúnciase o seguimento das mobilizacións ata facer cambiar os Plans da Consellería.

CSIF, CIG, CCOO, SAE, USTG

 

Os datos de participación na área de A Coruña  son:

100%    Arteixo, Cambre, Vimianzo Carballo e Ventorrillo-Tarde

50%    Oleiros e Culleredo

0%    Laracha e Ponteceso

Luns, 31 de xaneiro de 2005

Gran participación no primeiro día de concentracións en LUGO

        100% de paro: Viveiro, Cervo, San Ciprian, Milagrosa e Chantada.

        90%: Illas Canarias

        75%: Quiroga

        60%: Burela e Mondoñedo

        50%: Ribadeo, Foz, Fingoy, Vilalba e Monforte

 Tamen se parou en: Lorenzana 2 de 3, Ourol 2 de 5, Taboada 2 de 4 e no Vicedo 1 de 3.

MOBILÍZATE !!

Calendario de mobilizacións contra o modelo de urxencias  27/01/2005  è

     .pdf

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org