Actualidade
Santiago, 28 de xaneiro
de 2005
Convoca concentracións nos centros de saúde de toda Galiza
A CIG oponse ao modelo de urxencias proposto polo Sergas
| |
 |
|
De cara aos usuarios, estes cambios van provocar grandes
prexuízos, porque os servizos de Urxencias (PACs) que agora
abren ás tres pecharán pola tarde e só funcionarán pola noite
(desde as 10) e as urxencias da tarde terán que ser atendidas
polos mesmos médicos/as e enfermeiras/os que pasen consulta pola
tarde. Estres cambios suporán que o persoal médico e de
enfermería teña que abandonar con máis frecuencia a consulta
para atender as urxencias que agora atende o PAC. |
|
|
A CIG
ven de convocar mobilizacións contra o novo modelo de urxencias
extrahospitalarias. O próximo luns día 31
iniciaranse concentracións de 10 minutos nos centros de saúde cun
calendario rotativo. Ese día convócase aos centros de Lugo, o día 1 aos
centros de Ferrol e A Coruña, o día 2, aos de Ourense, o día 3 aos de
Santiago e o día 4 aos de Pontevedra e Vigo.
As
mobilizacións continuarán o 10 de febreiro, con concentracións en todos
os centros de primaria e en todas as xerencias, e na semana do 14 ao 19
de febreiro convocarase unha manifestación nacional de persoal de
primaria en Santiago.
Empeora
a atención de urxencia e a ordinaria
A CIG
considera que o novo modelo de urxencias proposto polo Sergas empeora a
atención da urxencia e a atención ordinaria e reclama a súa modificación
substancial. O Sergas quere impoñer un modelo de urxencias baseado en
Unidades de Tarde con urxencias, PACs desde as 22 horas, pechando os
actuais tramos da tarde e unha total indefinición da organización
específica dos 14 PACs con cabeceira en cidades e vilas con hospital.
Ademais, o Sergas propón unhas condicións de traballo nas novas prazas
de urxencias insatisfactorias e incertas xa que nacen moitas delas para
traballo exclusivo nocturno, que empobrece a perspectiva laboral e
profesional. Parten dun trato discriminatorio en xornada e salario
respecto do réxime normal do Sergas; nin se recoñece en xornda e salario
respecto do réxime normal do Sergas, nin se recoñece a xornada en
función do número de noites, nin se recoñece a retribución por
penosidade do traballo de noite e de domingos e festivos.
A CIG
advirte de que haberá reconversión de prazas de médicos/as e de
enfermeiras/os cos cambios de horarios entre os actuais e os futuros
PACs. Do mesmo xeito, haberá reconversión de prazas de persoal non
sanitario, que non se quere incluír na negociación.
Reforma
encuberta
O
Sergas propón unha reforma encuberta da atención ordinaria. Poténciase e
exténdese a obriga de compartir a atención da consulta e da urxencia,
empeorando así a programación e o tempo de consulta ao persoal das
Unidades e Tarde, ao persoal das Unidades con horario deslizante e por
efecto rebote, ao persoal das Unidades de mañán. Implántase ademais un
sistema de intersubstitución (ou sexa, de acumulación de cupo)
obrigatorio e mal pagado, que potencia a non contratación e incentiva a
sobrecarga.
Para a
CIG o Sergas non respectou e segue incumprindo o anterior acordo do 99
polo que debían rematar as gardas obrigatorias o pasado 30 de novembro e
propón un novo período transitorio de 3 anos sobre o que non aporta
garantías de cumprimento.
Servizo
público
De cara
aos usuarios, estes cambios van provocar grandes prexuízos, porque os
servizos de Urxencias (PACs) que agora abren ás tres pecharán pola tarde
e só funcionarán pola noite (desde as 10) e as urxencias da tarde terán
que ser atendidas polos mesmos médicos/as e enfermeiras/os que pasen
consulta pola tarde. Estres cambios suporán que o persoal médico e de
enfermería teña que abandonar con máis frecuencia a consulta para
atender as urxencias que agora atende o PAC.
As
horas das citas pedidas para a consulta non terán ningún valor, porque
terán que esperar o tempo que faga falta para atender ás urxencias que
se presenten (mesmo fóra do centro de saúde). O tempo de consulta que se
pode adicar a cada doente será menor, ao ter que dividilo entre máis
persoas a atender e o número de urxencias para ver pola mañá tamén vai
aumentar ao non dispor os doentes de servizos de urxencias pola tarde.
|