O NOVO MODELO DE URXENCIAS PROPOSTO
POLO SERGAS
EMPEORA
A ATENCIÓN DA URXENCIA E
EMPEORA
A ATENCIÓN ORDINARIA
¡RECLAMAMOS A SÚA
SUBSTANCIAL MODIFICACIÓN!
PORQUE O SERGAS
QUERE IMPOÑER UN MODELO DE URXENCIAS QUE NON COMPARTIMOS
PORQUE O SERGAS
PROPÓN UNHAS CONDICIÓNS DE TRABALLO NAS NOVAS PRAZAS DE URXENCIAS
INSATISFACTORIAS E INCERTAS
PORQUE O SERGAS PROPÓN UNHA REFORMA ENCUBERTA DA ATENCIÓN ORDINARIA
E
TAMÉN PORQUE O SERGAS GAÑOU A PULSO A SÚA FALTA DE CREDIBILIDADE
Por
todas estas razóns, como sabedes, vimos convocando unha serie de
mobilizacións en todos os centros de primaria de Galicia en diferentes
datas.
Pola
súa parte, as coordenadoras de persoal vinculado dos Pacs (de
médicos e de enfermería) convocan unha concentración diante do Sergas o
próximo venres dia 4, ás 12 da mañán, coincidindo coa
celebración dunha nova reunión da mesa negociadora.
CIG-SAÚDE
apoia totalmente esa concentración
e chama a todo o persoal de primaria a desplazarse a Santiago na defensa
de postos de traballo dignos e contra o deterioro organizativo,
asistencial e laboral que a Administración propón para a atención
primaria, tanto a urxente como a ordinaria.
INFÓRMATE, OPINA E, SI ESTÁS DE ACORDO CON ESTAS RAZÓNS,
MOBILÍZATE !!

Ý
|