Escrito  remitido o 12 de Abril de 2005 ao Sergas  denunciando o retraso nos prazos previstos no desenvolvemento do Acordo de Urxencias e resposta do Sergas.

 

 Ana Comesaña

Subdirectora de Políticas de Persoal

San Lázaro

Santiago

 

Retraso no desenvolvemento do Acordo de Urxencias Cuadro de texto:  

O evidente retraso nos prazos de desenvolvemento do acordo de urxencias extrahospitalarias está provocando unha creciente preocupación entre o persoal implicado nese ámbito, preocupación que se basa na nula actividade (coñecida) das xerencias para preparar todo o necesario para a posta en marcha de todo o proceso, así como na cercanía das datas do verán, aspectos que fan que se empecen a escoitar mensaxes de que “ata despóis do verán non se montarán os novos Pacs”. 

 Non quero nin imaxinar que tal cousa poda siquera valorarse; unha cousa é un retraso “administrativo” de quince días e outra non facer o que nos comprometimos a facer. 

Quixeramos por tanto que dende as xerencias se dese un impulso ao proceso de implantación das novas condicións dos Pac nos prazos previstos.  Para elo é certo que sobre os Pacs do Anexo hai que dar tempo á oferta de voluntariedade, pero para os demáis, que non dependen dese trámite, podería perfectamente estarse abordando a programación. 

Con ese fin, queremos solicitar do Sergas unha clara indicación ás xerencias para que inicien de forma inmediata as reunións necesarias coas comisións de centro para o tratamento de todas as materias de execución do acordo comentadas. 

Vigo, a 12 de abril de 2005 

Asdo/ Xoán Cons

Secretario Xeral CIG-Saúde

 

Resposta do SERGAS o 14 de Abril de 2005:

En contestación ao seu escrito informámoslle que as instrucións 7/2005 sobre voluntariedade saíran publicadas no DOG o próximo martes/ mércores. Os profesionais incluídos no ámbito de aplicación terán cinco días para formalizar as solicitudes. As xerencias recibiron a recomendación feita por esta Dirección no senso de ter reunións coas comisións de centro, previas a apertura dos prazos, con obxectivo de informar e  preparar o calendario de reunións  sobre  programas funcionais. O obxectivo é que a selección temporal de profesionais para os PAC se realice neste mes de Abril. Esa intención, que parte do compromiso acadado na mesa sectorial que se vió demorado por trámites administrativos, foi trasladada aos Xerentes.

 

Por otura banda, informámoslle que previsblemente o día 20 de Abril serán convocadas as organizacións sindicais para  firmar o texto de creación de postos en PAC, voluntariedade e incremento do prezo de gardas, que será tramitado como decreto.

 

 

    Un saúdo.

 

 

 

Subdirectora de Políticas de Persoal

Ana Comesaña Alvarez.

 

 

Instrución 7/2005 sobre participación do persoal de cadro de atención primaria nas urxencias extrahospitalarias en PAC. 19/04/2005

 

 

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org