AgM
Quén Somos
At. Primaria
At. Especializada
Outras
Áreas Sanitarias
Lexislación
En Galego
Ligazóns
CIG-Saúde

 

POSICIÓN DE CIG-SAÚDE SOBRE A PROPOSTA DO SERGAS

DE REGULACIÓN DO NOVO MODELO DE URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIAS 

 

 

Onte á tarde celebrouse unha nova reunión da   Mesa   Sectorial   para   continuar   coa negociación  do  novo  modelo  de  urxencias extrahospitalarias.  O Sergas presentou un novo documento coa  súa proposta sobre as condicións  de traballo  nos novos  Pac e nas novas Unidades de Tarde, e quedou pechada a negociación do mesmo.  Agora, ábrese un novo periodo no que se abordará  o  mapa e horarios  de  funcionamento  deses  centros. Nesta     reunión,     o     Sergas     pediu     o pronunciamento dos sindicatos sobre si esta proposta   permitiría   chegara   un   acordo. Entendemos  que  cadaquén  debe  explicar publicamente e con claridade a súa posición, xa  que  na   mesa  quedou  constancia  da existencia   dunha   ampla   maioría   sindical favorable a este acordo.

A valoración realizada por CIG-Saúde sobre este texto do Sergas, na que se xustifica a nosa posición contraria ao mesmo, resúmese así:

1 NON SE INCLUE REFERENCIA EXPRESA Á ELIMINACIÓN DOBRIGDE REALIZAR GARDAS.

En lugar deso, o Sergas fala de “xeralizar a oferta de voluntariedade”, o cal significa na práctica que  non  desaparece  o  carácter   obrigatorio   das  gardas  senón  que  a Administración “adopta  medidas  para  que  o  persoal  non  teña  que  facer  gardas obrigatorias,  ou  sexa, que non  se  configura  como  un  dereito  senón  como  unha concesión graciable e por tanto reversible.   Dito doutro xeito, si a Xerencia lle calza unha garda a unha persoa non a terá que facer senón que non será esixible compensación  algunha.    Neste  sentido,  está  por debaixo  incluso  da  previsión  da compensación extraordinaria que contiña o pacto do 99.

 2 INDA ASÍ, NON SE GARANTE A XENERALIZACIÓN DA VOLUNTARIEDADE ATA FEBREIRO DE 2006.

Porque si ben é certo que nesta primavera executaríase esa voluntariedade en 32 Pacs (ademáis dos 16 que xa estaban como piloto), aos demáis se lles fai depender da toma de posesión da Ope.  En consecuencia, para un número de Pacs a aplicación da voluntariedade non se fará ata ano e medio despóis da data comprometida do 30 de novembro do 2004.

 3)   NON  ACEPTAMOS  COMO  PRINCIPIO  XERAL  QUE  AS  UNIDADES  DE  TARDE ASUMAN AS URXENCIAS, NIN QUE A MITADE DOS NOVOS PAC E DAS NOVAS PRAZAS A CREAR SEXAN SÓ DE NOITE.

Esta política vai empobrecer a corto prazo o  traballo en  atención ordinaria, tanto na tarde   como na   mañán,   pois   as   Unidades   terán   que   asumir   unha   crecente desprogramación das axendas e da organización do  seu  traballo, unha sobrecarga dificilmente  asumible,  e  a conflictividade  derivada  da  ineficacia  da  cita  previa,  ao xeralizarse o concepto da atención simuntánea da urxencia.

E vai empobrecer asimesmo as condicións laborais e profesionais  dun importante número de prazas que se relacionarán co sistema en horario exclusivamente nocturno: serán os mouchos da sanidade.

Por    outra    parte,    carecería    de    sentido    a    creación    do    complemento    de supramunicipalidade proposto para as UAP-T con urxencias de fóra do seu concello si se modificase esa concepción do Sergas da Unidade vinculada á urxencia, polo que propoñemos coherentemente que  desapareza.  Inda máis, dende un punto de vista estrictamente laboral, as cuantías propostas non gardan proporción en modo algún co trastorno e a penosidade deste tipo de prestación.

4 NON      SE     ESTABLECEN      CONDICIÓNS     OU      LIMITACIÓNS     PARA     A VOLUNTARIEDADE.

O  Sergas  non  se  quere  mollar  neste  aspecto,  e  prefire  debatir  as  condicións  da voluntariedade máis tarde, no que  eles chaman Plan de  Ordenación (ou sexa, algo parecido ao que se fixo cos Pac piloto), según as necesidades que aparezan en cada momento.    Para nós é un elemento de gran  importancia non porque afecta  á seguridade daquelas persoas que queran realizar gardas, senón porque condiciona tanto o número de prazas a crear como a distribución das quendas de traballo nos Pac.

5)   NON ACEPTAMOS A XORNADA DE 1580 HORAS, ANQUE UNHA APLICACIÓN GRADUAL DAS 1430.

Os motivos son básicamente dous.  Pensamos que a aplicación de xornada debe tender a homoxeneizarse en todos os centros, polo que da aplicación da regla xeral de horas anuais en función do número de noites realizadas  resultarían  1430 horas en todos os Pac;  ésta é ademáis a xornada aplicable ao persoal non sanitario dos mesmos e ten escaso futuro profundizar nas diferencias.  Por outra parte, a xornada de 1580 horas proposta é superior incluso á pactada para o persoal sanitario dos antiguos servicios de urxencia no ano 97, que era de 1572.

6)   NON  COMPARTIMOS  O  CONCEPTO  DE  INTERSUBSTITUCIÓN  CONTIDO  NA PROPOSTA.

En primeiro lugar porque é un tema que non debera estar neste ámbito de discusión das urxencias, senón nunha mesa específica sobre a problemática xeral de primaria e a particular das substitucións. 

En segundo lugar, porque está ben que se pague o cupo acumulado, pero hai que esixir previamente unha política tendente a evitar esa acumulación e a sobrecarga que xenera; quérese decir que o complemento pola acumulación de cupos non pode ser un incentivo para non substituir senón unha compensación razonable para o caso de que a substitución non sexa posible.

En terceiro  lugar, porque as cuantías propostas son ridículas: só ten  en conta unha parte do valor do cupo, o cal non  é para nada proporcional ao incremento da carga asistencial xerada (para entendernos, si a un médico cun cupo de 1000 cartillas se lle acumula outro cupo de 1000 cartillas, o traballo se lle incrementa nun 100% pero a retribución adicional será dun 12%), e incluso para o caso da enfermería a proposta do Sergas implica que en moitas acumulacións non haberá retribución adicional.

En en cuarto lugar, porque a proposta do Sergas non recolle todos os casos de acumulación, pois exclúe acumulacións derivadas de baixas inferiores a 15 as e de permisos, o cal parece de todo punto inxustificable.

 

 

Por todo elo entendemos na CIG que o Sergas ten que modificar radicalmente a súa concepción para o novo modelo de urxencias, debe respetar e cumplir os compromisos asumidos no acordo do 99, e ten que dar garantías creíbles de cumplimento  de calquera acordo futuro.  Sen eses requisitos non conseguiremos avanzar na mellora da atención primaria.

  

Galiza, 12 de xaneiro de 2005

Ý

© Agrupación  Médica de CIG-Saúde

webmaster@agmedica.org