|
A MESA SECTORIAL
DO 19/12/2006
RETOMOU O TEMA
DA SITUACIÓNS
NOS PACs, QUE
SERÁ ABORDADO A
FONDO NUNHA NOVA
XUNTANZA DA MESA
NA SEGUNDA
QUINCENA DE
XANEIRO.
20/12/2006
A situacións das Urxencias Extrahospitalarias tratouse na
xuntanza da Mesa
Sectorial a raíz
da
insistencia de
CIG-Saúde,
mobilizacións
incluídas, en
que cómpre
abordar
seriamente na
mesa a situación
dos PACs en
canto:
▪
ao remate de
implantación do
novo modelo,
▪
á revisión das
cuestións
laborais máis
conflitivas do
seu
funcionamento
actual, e
▪
a necesidade de
abrir a
negociación para
a mellora das
condicións de
traballo, antes
de que finalice
a vixencia do
acordo actual.
Malia que se
concretou pouco,
fundamentalmente
porque a
administración
non tiña as
cousas claras, a
xuntanza serviu
para retomar o
tratamento en
serio desta
cuestión en
todos os
aspectos
comentados, que
se terán que
concretar, nun
sentido ou
noutro, na
próxima reunión,
que se
celebraría na
semana do 22 de
xaneiro.
Para CIG-Saúde, os temas que é imprescindible resolver son os
seguintes:
§
a aplicación das
condicións de
PAC-Novo-Modelo
a todos os que
faltan por
acceder a esa
situación
(son 9) con
efectos do 1 de
xaneiro (o
Sergas propón
xuño, data
límite prevista
no acordo),
§
a revisión e
corrección de
aspectos que
consideramos
como
incumprimentos
do acordo, con
especial énfase
sobre aspectos
como:
▪
a xornada do
persoal non
sanitario
▪
as dificultades
e as reiteradas
negativas para o
disfrute de
vacacións ou LDs
▪
a elaboración
dos calendarios
e o seu
dimensionamento
anual
▪
o recoñecemento
inmediato da
xornada de 1430
horas para os
casos de
realización
maioritaria de
dias de traballo
nocturnos
▪
os cómputos de
xornada en
situacións de IT
§
a apertura de
negociacións
para a mellora
das condicións
de traballo nos
PACs
(xornada de 1430, retribución da turnicidade,
festividade e
nocturnidade,
valor das horas
que superen as
1430, novas
regras para o
traballo en
ordinaria,…),
para a súa
aplicación no
momento en que
remate a
vixencia do
actual acordo.
Quedouse en abordar o tratamento e concreción destes temas
nesa próxima
reunión
indicada.
Como información
adicional
aportada nesta
reunión, hai que
dicir que no
orzamento para o
ano 2007
créanse, como
vacantes novas
de PAC, 268
prazas de
médicos/as e 192
de
enfermeiras/os,
o que cubrirá a
totalidade dos
postos xerados
nos PACs como
persoal
específico.
A
transformación
en interinidades
dos contratos de
servizo
farase con
efectos desde o
1º de xaneiro,
para o persoal
dos PAC que
tiveron
condicións de
novo modelo no
ano 2006. Quedou
claro que as
persoas que
estean en
situación de IT,
maternidade, ou
embarazo de
risco,
transforman
tamén os seus
nomeamentos en
interinos, nas
mesmas datas e
sen outros
condicionantes.
Para os outros PACs
restantes
(aqueles 9 que
aínda non están
no novo modelo)
a data de
conversión en
interinidade
(entre xaneiro e
xuño) dependerá
do que se
concrete na
reunión pendente
na 2ª metade . |